Campaña de Desafío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nelson Mandela, o loitador do movemento de liberación de Suráfrica, nun selo conmemorativo da URSS.

A Campaña de desafío contra leis inxustas (en inglés: Defiance Campaign against unjust laws), tamén coñecido de xeito abreviado como Campaña de Desafío, consistía nunha serie de accións, non violentas como un concerto de rexeitamento das leis do apartheid que estaban sendo promulgadas polo goberno da Suráfrica. A campaña foi promovido polo Congreso Nacional Africano (ANC) e o Congreso Indio de Suráfrica (SAIC) o 26 de xuño de 1952.[1]

A campaña foi presentada polo ANC na conferencia realizada en Bloemfontein en decembro de 1951.[2]

A campaña[editar | editar a fonte]

En 1952, o Congreso Nacional Africano comezou a Campaña de Desafío, que na práctica significaba a desobediencia intencional e deliberada contra as leis de discriminación que estaba aprobado o goberno de Suráfrica. Desenvolveuse de forma pacífica, con base na doutrina da non-violencia de Gandhi.[1] Estas accións pacíficas que inclúen, entre outros, viaxar en trens exclusivamente para brancos, ir ás oficinas públicas só para os brancos, ou ir a cidades e barrios restrinxidos para os negros.

As persoas que fixeron a campaña foron voluntarios, que non ofrecían ningún tipo de resistencia cando eran detidos polas forzas policiais do goberno; só o primeiro día, foron detidos 250 manifestantes, algúns deles brancos que simpatizaban cos ideais da protesta.[3]

A Campaña culminou cunha manifestación o 6 de abril dese ano, a data do 300 aniversario da fundación da Cidade do Cabo polo holandés Jan van Riebeek e do primeiro asentamento de brancos en Suráfrica. Dos 10.000 manifestantes, 8.500 foron detidos, incluíndo Nelson Mandela. A campaña "desafío", continuou en outubro con manifestacións contra as leis de segregación e contra os controis obrigatorios contra os negros. O goberno Malan modificou entón a lei sobre a seguridade pública (public safety act de 1953), autorizando o poder de suspender as liberdades individuais, proclamando o estado de emerxencia e gobernando por decretos.[4]

Consecuencias[editar | editar a fonte]

A campaña fixo medrar moito a cantidade de afiliados do Congreso Nacional Africano, que pasou de 2000 membros no ano 1945 a 100.000 membros durante a campaña.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Johnson, R.W. Historia de Sudáfrica: el primer hombre, la última nación (2005). Ed. Debate, Barcelona
  2. Lodge, Tom (1983). Longman, ed. Black Politics in South Africa since 1945. Londres e Nova York. pp. 39. ISBN 0-582-64327-9. 
  3. Kallen, Stuart A. (2011). Twenty-First Century Books, ed. Open the Jail Doors - We Want to Enter: The Defiance Campaign Against Apartheid Laws, South Africa 1952 (en inglés). ISBN 9780761363514. 
  4. Paul Coquerel (1992). Editions Complexe, ed. L'Afrique du Sud des Afrikaners (en francés). p. 200. ISBN 9782870274521. 
  5. Walker, Cherryl (1991). Women and Resistance in South Africa (en inglés). New Africa Books. ISBN 9780864861702.