Estadi Municipal de Reus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Camp Nou Municipal»)

Coordenadas: 41°10′N 1°05′L / 41.16, 1.09

Estadi Municipal de Reus
Datos
LocalizaciónRecasens i Mercadé, 8, 43206;
Reus, España
Construción
Inauguración1977
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 65
Capacidade4.700
PropietarioConcello de Reus
LocalíaCF Reus Deportiu

O Estadi Municipal de Reus é un estadio de fútbol da cidade catalá de Reus, na provincia de Tarragona. Foi inaugurado en 1977 e ten capacidade para 4.700 espectadores.

Alberga os partidos do Club de Futbol Reus Deportiu, que antes xogara no Estadio da estrada de Salou (1913-1919), o Camp del Camí d'Aleixar (1919-1927) e o Estadio do Carrer Gaudí (1927-1978). Ten dous campos anexos, un de céspede artificial e outro de céspede natural apto para a práctica do rugby.

Entre 1977 e 1984 chamouse Camp Nou e entre 1984 e 2005, Camp Nou Municipal.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]