Camino Oskoz
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) María Camino Andrea Oscoz Urriza 11 de abril de 1910 Pamplona |
| Morte | 10 de agosto de 1936 Balcón de Pilatos |
| Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | mestra |
| Partido político | Partido Comunista de España |
| Membro de | |
| Familia | |
| Parella | Tomás Áriz |
María Camino Andrea Oskoz Urriza, nada en Pamplona o 11 de abril de 1910 e finada en Urbasa o 10 de agosto de 1936, foi unha mestra republicana navarra afiliada a UXT, secretaria no Partido Comunista, asistente en Socorro Vermello Internacional e vítima da guerra civil en Navarra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada na rúa Santo Domingo, era a menor de catro fillos dos touciñeiros do mercado de Santo Domingo, Antonio e Anastasia. Estes morreron pola gripe de 1918, polo que os seus fillos foron criados por familiares. Camino terminou os seus estudos no Colexio das Teresianas de Pamplona con boas notas. En 1930 obtivo a praza de mestra en Gorza, no Val de Salazar.[1]
Estivo afiliada a FETE-UXT. En 1932 participou nos debates da Semana Pedagóxica do 4 ao 11 de setembro en Pamplona.[1] Tamén foi membro do Partido Comunista e uniuse ao Socorro Vermello Internacional tras a Revolución de Asturias de 1934. Durante a súa curta vida docente e militante, Camino Oscoz tivo un triplo compromiso coa educación, a igualdade e a xustiza.
Detención e asasinato
[editar | editar a fonte]Con 22 anos foi secretaria do Partido Comunista. O 31 de xullo de 1936 foi arrestada e levada ao cárcere de Pamplona. Sufriu vexacións (rapáronlle o pelo e obrigáronlle a tomar aceite de rícino), tortura e, probabelmente, violación.[2][3] Os falanxistas paseárona publicamente por Pamplona coa roupa resgada e chea de sucidade o 31 de xullo de 1936 co beneplácito das autoridades relixiosas.[4] Despois de once días, o 10 de agosto foi asasinada a tiros polos carlistas durante o seu traslado a Urbasa e o seu cadáver arrichado ao Balcón de Pilatos.[5] O corpo de Oscoz caeu até Baquedano e continúa desaparecido.
Memoria
[editar | editar a fonte]A súa historia foi recollida no libro Camino Oscoz y otras historias del 36 (en éscaro, Camino Oskoz eta 36ko beste historia batzuk) de Joseba Ezeolaza, coordinador da Asociación de Familiares de Fusilados de Navarra. Ezeolaza afirma que «Oscoz foi asasinada porque era perigosa para o réxime; paseárona como prisioneira pola cidade, sufrindo, como un trofeo, para escarmento público». Pío Baroja e José María Jimeno Jurío xa escribiran antes sobre o asunto.[6]
Galo Vierge[7] foi unha das testemuñas da detención e encarceramento de Camino Oscoz.[2] Cando foi arrestado, Vierge tivo a oportunidade de conversar con Oscoz. Informou sobre esta entrevista no libro Los culpables:
«Comecei a falar coa moza en voz baixa e explicoume como foi arrestada [...] Díxome que foran levados á sede de Izquierda Republicana na Plaza del Castillo, que fora tomada polos falanxistas. Alí, rodeada de falanxistas, sufriu todo tipo de humillación por ser parte do Partido Comunista; entre risas e burlas, fixéronlle beber un vaso de aceite de rícino e deixárona arrestada na comisaría».[7]
O Instituto da Memoria de Navarra renovou e actualizou o Mapa de Placas de Navarra en 2018. Por medio deste ponse a disposición do público a información sobre a memoria histórica. No antedito mapa atópanse seis tumbas en Sakana e outras seis en Urbasa, e tamén figura o nome de María Camino Oskoz.[8]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]- O 23 de xuño de 2018 a Asociación de Familiares de Fusilados de Navarra en 1936 (Affna) instalou unha pequena placa nun lastro da rúa Santo Domingo de Pamplona, onde naceu.[9]
- O 10 de agosto de 2018 o municipio de Gorza rendeu homenaxe á mestra Oscoz instalando unha placa na súa honra na entrada da escola onde impartiu clases.[3] No lugar tamén se instalou unha recreación dunha aula con materiais da época.[10][11]
- En 2019 unha rúa do barrio de Lezkairu en Pamplona foi renomeada tras unha resolución municipal formada polo alcalde Joseba Asiron.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi compañeira sentimental de Tomás Áriz, líder do Partido Comunista de Pamplona.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Lezkairu contará con una calle dedicada a María Camino Oscoz Urriza, maestra republicana, víctima de la Guerra Civil". Europa Press (en castelán) (Pamplona). 11 de abril de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2024.
- 1 2 3 Jiménez Maia, Josu (6 de maio de 2017). "Urbasako Pilatosen Balkoiko leize-zuloan, arkatz bat". Nabarralde (en éuscaro). Consultado o 10 de novembro de 2024.
- 1 2 Carrillo, Xabier (11 de agosto de 2018). "Homenaje a la maestra María Camino Oscoz, asesinada por sus ideas políticas". EITB (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2024.
- ↑ "El Obispado de Pamplona y sus lazos franquistas". Nuevatribuna.es (en castelán). 8 de novembro de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2024.
- ↑ Baroja, Pío (2005). La guerra civil en la frontera (en castelán) (3ª ed.). Madrid: Caro Raggio. p. 25. ISBN 9788470351815. OCLC 68194690.
- ↑ Rodríguez Oroz, Amaia (2 de marzo de 2017). "Camino Oscoz: republicana, maestra y asesinada". Noticias de Navarra (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2024.
- 1 2 Vierge, Galo (2006). Los culpables. Pamplona 1936 (en castelán) (3ª ed.). Pamiela. ISBN 9788476814970.
- ↑ "Gobernuak hobien mapa berritu eta garatu du". Guaixe (en éuscaro). 27 de novembro de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2024.
- ↑ "CONTINUAMOS INSTALANDO TROPEZONES EN PAMPLONA". AFFNA36 (en castelán).
- ↑ Velasco Zozaya, Imanol (12 de agosto de 2018). "María Camino Oscoz vuelve a su escuela de Güesa 82 años después". Noticias de Navarra (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2024.
- ↑ "Irakasle aritu zen herrian omenaldia egin diote Camino Oskozi 82 urteren ondoren". Euskalerria Irratia (en éuscaro). 13 de abril de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eceolaza Latorre, Joseba (2017). Camino Oscoz y otras historias del 36 (en castelán). Berriozar: Cénlit. ISBN 9788416791330. OCLC 1004344317.
- Sánchez-Ostiz, Miguel (2013). El escarmiento (en castelán). Pamiela. ISBN 9788476817735.
- Vierge, Galo (2006). Los culpables. Pamplona 1936 (en castelán). Pamiela. ISBN 9788476814970.