Caminito del Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 36°55′27″N 4°46′42″O / 36.92417, -4.77833

Vista frontal do Caminito

O Caminito del Rey é un paso construído nas paredes do desfiladeiro dos Gaitanes, xunto á aldea de El Chorro, o cal serve de límite entre os termos municipais de Ardales, Álora e Antequera, na provincia de Málaga.

Trátase dunha pasarela peonil de máis de 3 quilómetros, encostada á roca no interior dun canón, con tramos dunha anchura de apenas 1 metro, colgando ata 100 metros de altura sobre o río Guadalhorce, nunhas paredes case verticais. O paso do tempo produciu unha gran deterioración, case todo o percorrido estaba sen varanda e había segmentos derrubados, quedando só a viga de soporte. En 2014 iniciáronse obras para lograr a súa rehabilitación, construíndose unha nova pasarela con paneis de madeira ao longo do seu percorrido. Os traballos finalizaron no primeiro trimestre de 2015 e a súa apertura efectuouse en marzo dese ano. Pódense realizar excursións previa reserva.[1]

O camiño construíuse entre 1901 e 1905 para facilitar o paso dos operarios de mantemento, transporte de materiais e vixilancia dos saltos do Gaitanejo e El Chorro, pertencentes á Sociedade Hidroeléctrica de El Chorro. En 1921 o rei Afonso XIII foi á inauguración da presa do Conde do Guadalhorce cruzando para iso o camiño previamente construído, ou polo menos visitouno. A partir deste momento empezóuselle a chamar Caminito del Rey. Varios accidentes mortais levaron á Xunta de Andalucía a pechar o camiño en 2001.[2] Mantívose pechado ao público ata 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]