Camilo de Lelis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCamilo de Lelis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1550 Editar o valor em Wikidata
Bucchianico (Reino de Nápoles) Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xullo de 1614 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPastoral Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónenfermeiro , sacerdote católico , sacerdote Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCamilianos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa14 de xullo Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 8512186 Editar o valor em Wikidata

Camilo de Lelis, nado en Bucchianico di Chieti o 25 de maio de 1550 e morto en Roma o 14 de xullo de 1614, foi o fundador da chamada Orde dos Camilianos adicada ao coidado dos enfermos. Patrón dos doentes, dos hospitais e do persoal hospitalario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De carácter pendencieiro, enrolouse como soldado no exército de Venecia e enfermou dunha perna. Afección que lle duraría toda a vida. Ingresou no hospital de Santiago en Roma, pero foi expulsado por rebuldeiro. Volveu á milicia e levou unha vida disipada, escravo, segundo el xulgaba de si mesmo, da avaricia e outros pecados capitais. Perdeu todo nos xogos de azar, polo que, para subsistir, decidiu traballar na construción dun convento de franciscanos capuchinos en Manfredonia. O exemplo e as prédicas destes, movérono á conversión. Quixo ingresar na orde capuchina, pero a enfermidade na perna impediullo.

Volveu entón ao hospital de Santiago onde se consagrou ao coidado dos enfermos máis graves, repulsivos e abandonados, chegando a ser superintendente do centro sanitario. Vítima de acusacións e diversas calumnias, púxose baixo a dirección espiritual de Filipe Neri, dinamizador do hospital, quen o animou a ordenarse sacerdote.

Posteriormente, contra o criterio daquel, decidiu independizarse do hospital e asociarse a outros que quixeran compartir a tarefa de atender aos doentes máis graves e marxinais. Foise creando, deste xeito, a orde dos Servos dos Enfermeiros. Mediante a observación e a atención aprenderon como previr, aliviar e curar enfermidades, os efectos da dieta na saúde e idearon un sistema de organización eficaz de coidado de enfermos en pavillóns. Insistiron teimosamente na necesidade de asegurarse completamente da morte antes do enterramento.

En 1585, prescribiu á súa xa numerosa congregación o voto de atender aos enfermos infecciosos e os enfermos graves en casas particulares, así como aos prisioneiros que malvivían en condicións infrahumanas na cadea. En 1588, iniciaron a práctica de acudir aos barcos con infecciosos que, por esa razón, tiñan prohibido achegarse a porto. Ese mesmo ano morreron infectados na costa de Nápoles varios membros da congregación. En 1591, Gregorio XIV elevou a congregación á categoría de orde (Ordo Clericorum Regularum Ministrantium Infirmis). O 8 de decembro de 1591, fixeron profesión de fe engadindo un cuarto voto no que se comprometían á atención dos enfermos incluso poñendo en risco a propia vida. En 1595, enviou aos seus irmáns a atender aos feridos nas frontes de guerra. Coincidiu con Xosé de Calasanz no seu labor de coidado de doentes nos suburbios de Roma. En 1607, renunciou á dirección da súa orde. Moi debilitado, sen apenas poder comer e con fortes dores, impedía enerxicamente ser atendido e mandaba aos seus irmáns a que coidaran outros enfermos.

Foi canonizado en 1746 por Bieito XIV. A súa festividade é o 14 de xullo. Os camilianos están presentes en 28 países do mundo.