Camiño dos Faros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Camiño dos faros")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Camiño dos Faros
Camino de los Faros (en castelán)
The Lighthouse Way (en inglés)
Caminho dos Farois (en portugués)
Faro das illa Sisarga Faro de Punta Nariga - WLE Spain 2015.jpg
Faro Roncudo.jpg Faro de Laxe 01.jpg
Cabo Vilán. Camariñas. Galiza.jpg Faro de Muxía.jpg
Faro de Cabo Touriñán.jpg Fisterra.JPG
De esquerda a dereita empezando por arriba
Faro das Illas Sisargas, Faro de Punta Nariga, Faro de Punta Roncudo, Faro de Laxe, Faro de cabo Vilán, Faro de Muxía, Faro de cabo Touriñán e faro de Fisterra.

O Camiño dos Faros (Camino de los Faros (en castelán), The Lighthouse Way (en inglés), Caminho dos Farois (en portugués)) é unha ruta de sendeirismo do noroeste galego na provincia da Coruña.

O Camiño dos Faros une Malpica de Bergantiños (lugar de saída) con Fisterra (lugar de chegada) o longo de 200 km dirección suroeste[1] pola beira do mar, que é o seu verdadeiro protagonista, unindo o seu paso faros (faros que dan lugar o seu nome) e lugares de interese da Costa da Morte: praias, bosques, dunas, acantilados ríos ou regos, peiraos pesqueiros, estuarios, fontes de auga, arquitectura etc. Esta ruta adoita dividirse en oito (8) etapas dunhas 9 horas de camiñata a ritmo de paseo cunha media de 26 km por etapa, sendo a máis curta a de Laxe a Arou (Camariñas) (mide 18 km) e a máis longa a que vai desde Camariñas ata Muxia (mide 32,6 km). O seu paso desde Malpica ata Fisterra pasa polos concellos de Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía.

O nome da ruta, Camiño dos Faros, fai referencia aos numerosos faros construídos na costa durante os dous últimos séculos para facer segura a navegación nesta costa, coñecida como Costa da Morte, un nome acuñado pola prensa británica na década de 1890 despois dunha serie de naufraxios mortais

Pequenas cruces ao longo da costa presumiblemente para lembrar os recolectores de percebes afogados, son un recordatorio do perigoso que é este tramo de costa, tanto para os pescadores locais como para os mariñeiros en viaxes máis longas.

A Ferida en Muxía

Ademais dos faros, outros recordatorios das diferentes traxedias ocorridas nesta zona inclúen o Cemiterio dos Ingleses, que contén os restos de mariñeiros ingleses naufragados a finais do século XIX, así mesmo os restos ocasionais de barcos e carga deron lugar a nomes de praias, rochas, baixíos etc. O monumento máis dramático é A Ferida, unha escultura (unha enorme laxa de rocha), situada en Muxía fronte ao océano Atlántico, nun outeiro ao carón do santuario da Virxe da Barca, relacionada co afundimento do petroleiro MV Prestige en 2002.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O 7 de decembro de 2012 un grupo de catro sendeiristas galegos, amigos desde a infancia, xunto con dous cans decidiron saír andando, pola veira do mar, desde Malpica ata Fisterra aproveitando os camiños que abriran o seu paso pescadores e percebeiros; unha viaxe de 200 km[3] ao redor da costa do noroeste de Galicia que tardarón varias semanas en completar. Querían crear unha ruta que se mantivese o máis preto posible do mar. Deseñar a ruta foi a súa forma de convidar a outras persoas a gozala.[4][5]

Particularmente impresionante foi o apoio que tivo o Camiño dos Faros entre a comunidade local. Non só limpou e sinalizou o carreiro, senón que axudou a desenvolver un programa de actividades que atraeu á costa a sendeiristas, ciclistas e corredores de toda Galicia.[Cómpre referencia]

Homologación[editar | editar a fonte]

A día de hoxe malia os numerosos intentos por parte do colectivo da Asociación Camiño dos Faros para homólogar a ruta do Camiño dos Faros aínda non se chegou a un acordo coas diferentes administración feito polo que segue sen estar homologada.[6]

Etapas[editar | editar a fonte]

Porto de Malpica punto de saida do Camiño dos Faros

Os eventos clave son as oito etapas en que esta divido este itinerario, agora ben cabe a posibilidade de dividila en base a o propio ritmo ou as esixencias propias. Seis desas oito etapas (cada etapa corresponde a un día de camiñada) seguen unha mestura de carreiros que pasan por cantís e praias, mentres que as outras dúas diríxense cara ao interior, circunnavegando as rías de Corme e Laxe e Camariñas ao longo do que son dous tramos de costa moi dentada. A maioría das etapas comezan e terminan en pequenos pobos pesqueiros con moitas opcións de aloxamento.

1ª etapa: Malpica-Niñóns[editar | editar a fonte]

Vista da capela do Santo Adrián coas illas Sisargas a esquerda da foto

Esta 1ª etapa comeza no porto de Malpica e acaba na praia de Niñóns, xa no concello de Ponteceso, despois de percorrer 21.3 km. case todos na súa totalidade transcorren polo concello de Malpica[7]

Despois de deixar atras o porto de Malpica cruzamos o pobo malpicán rumbo noroeste ata chegar a rúa da Praia (desde aqui xa albiscaremos o océano Atlántico e o primeiro dos grandes faros, faro que non o tocaremos pois esta situado nas illas Sisargas, estas illas acompañaranos, ao lonxe, na meirande parte desta etapa) rúa que vai bordeando o seu paso a praia de Area Maior,[8] ata chegar a rua Canido, rúa que bordea a praia de Canido,[9] onde colleremos a senda que nos levara ata a praia de Seaia,[10] que bordearemos por un camiño de taboas, deixando entre o camiño e a praia as primeiras dunas de area do Camiño dos Faros desde aqui seguiremos a senda que nos leva bordeando o monte ata o cabo de Santo Adrián, neste tramo atoparemonos coa fonte de Santo Adrián, cuxa auga segundo as creenxas populares cura as verrugas, xa no cabo atopamonos coa ermita de Santo Adrián, famosa pola súa romaría,[11] e un miradoiro, que nos da unha visións do camiño xa feito, do proximo tramo da etapa e das illas Sisargas, desde aqui seguiremos bordeando a costa, deixando atras o coido de Fontán e a punta do Castro, ata chegar a praia de Beo,[12] unha vez pasada esta praia continuamos a ruta (deixando atras a rada do porto da Tella, punta Galiana e o castro de Entretorres, un dos poucos castros marítimos da zona e totalmente sen estudar) cara o lugar de Seiruga, ata chegar a praia de Seiruga onde nos atopamos co inconveniente para chegar a ela de cruzar o regato do Esteiro que dependedo de se a marea esta alta ou baixa podenos complicar máis o menos o paso chegando a ter que remangarnos e descalzar para pasar o rego, aínda que entre os meses de xaneiro e marzo pode ser que se teña que coller a ruta altenativa que sae desde Beo, debido a que a auga que pode levar o rego sexa un inconveniente para cruzalo, unha vez cruzado o rego cruzamola praia por unha pasarela de madeira que supera as dunas desta praia e nos conducen ata o pobo de Seiruga,[13] desde onde continuaremos bordeando o monte da Insua pasando pola punta Cherpa, os acantilados de Secova do Monte ata chegar a depuradora de Barizo, a pedra das Garzas desde onde continuamos pola estrada asfaltada ata chegar a praia de Barizo, que tras cruzar e subir un pequeno monte de eucaliptos continua ata chegar o porto de Barizo[14] desde onde continua o tramo máis difícil desta etapa ata chegar a zona de punta Cabalo continuando ata a punta de Ensubelas e o Alto da Barreira, desde onde xa alviscaremos o faro de Punta Nariga a costa de Niñóns e a do Roncudo apartir de aqui baixaremos un pequeno tramo ata chegar o faro, [15] desde aquí pasaremos polas penas do Rubio, enseada do Lago,[16] Punta Queimada e chegaremos a prai de Niñóns onde daremos fin a esta 1ª etapa.[17]

Imaxes da 1ª etapa
Praia de Area Maior 
Vista xeral de Malpica de Bergantiños. 
Illas Sisargas 
Porto de Barizo 
Praia de Niñóns punto de chegada da 1ª etapa e saida da 2ª etapa

2ª etapa: Niñóns-Ponteceso[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Faro de Punta Roncudo.
Vistas da praia de Balares desde o Camiño dos Faros.

A 2ª etapa comeza na praia de Niñóns e acaba en Ponteceso xusto as veiras da casa onde naceu o bardo e escritor do himno galego, Eduardo Pondal (1835-1917),[18] e da ponte que une Ponteceso e Cabana de Bergantiños sobre o río Anllóns, despois de percorrer 27.1 km. Esta etapa transcorre na súa totalidade polo concello de Ponteceso[19]

Esta etapa comezamola, despois de deixar atras a praia de Niñóns, camiñando durante un pequeno treito por un bosque de piñeiros que nos levara ata a pequena praia do Morro, de aquí seguimos ata a punta do Niño do Corvo, pasamos as veiras das praias do Niño do Corvo e da de santa Mariña continuando ata chegar o porto de Santa Mariña.[20] O sair do porto de Santa Mariña empezamos costeando os primeiros metros por detrás deste para seguir bordeando a costa pasando polos acantilados da Eiroa e a punta do Pichón ata chegar a altura dun cruceiro onde colleremos a esquerda metendonos cara o interior, facendo caso das frechas verdes que nos indican o camiño (xa que de seguir de fronte teriamos que recuar un pouco máis adiante xa que é imposible continuar pola costa), un pouco máis a diante o meternos entre os montes de Mean, a esquerda, e Arbosa, a dereita, podemos ver pegado as rochas un curro artesanal que se usa para coidar unha manda de cabalos salvaxes, que de ter sorte poderiamos ver,[21] contnuaremos ata atoparnos co estrada asfaltada que leva o porto de Santa Mariña dirixindonos a dereita por ela uns 200 m. ata coller a senda que nos leva a cima do monte Arbosa, o alto do Bravio, desde on teremos as primeiras vistas da enseada da Barda, onde se atopa a praia do mesmo nome e que para chegar a ela aínda teremos que camiñar un km aproximadamente,[22] unha vez na praia da Barda teremos que continuar pola estrada ata chegar ó cruzamento onde colleremos á dereita para empezar un tramo bastante duro (tamén temos a opción máis doada de ir pola estrada que nos leva dereito á aldea do Roncudo, lugar de arribada deste tramo) que é a costa da Tremosa,[23] neste tramo imos deixando atras, segundo imos bordeando a costa sen parar de subir ata a punta Espiñeira seguido dun tramo bastante sinuoso duns 50 m que nos acercan ata a punta do Castro, pasando o lado da enseada da Grixoa xunto a punta de Eiras que a separa da enseada de Eiras para chegar ata a punta da Percebellosa onde o camiño se separa da costa para ascencer ata a pequena aldea do Roncudo,[24] onde os camiñantes poderan avituallarse da auga da fonte que esta aldea ten sinalada para os seus visitantes, unha vez cruzada a aldea poñemos rumbo o faro do Roncudo pola estrada que atopamos a dereita[25] e que unha vez pasada da paso a un descenso algo complicado que nos levara ata a Laxe das Pesqueiras desde onde continuaremos deixando o noso paso a pedra Golfeira e a furna da Fuxisaca antes de chegar o faro do Roncudo[26] (o nome de Roncudo proven do ruído rouco que fai o mar cando rompe nos cantís proximos). Desde o faro do Roncudo collemos unha rúa asfaltada duns 3 km que nos levara ata o porto de Corme neste tramo iremos deixando o noso paso o mar da Eiruxa, o pozo do Aguillón, a praia da Insua, a cala das Gralleiras, a cala de Area das Conchas.[27] Unha vez no porto iremos bordeando o pobo ata chegar a praia da Arnela e un pouco máis adiante a praia do Osmo, aquí atopase a furna do Osmo,[28] desde aquí bordeamos a prai ata chegar a rúa asfaltada, camiñamos por ela un pouco para sortear a praia e de seguido collemos a senda que nos leva ata a praia da Ermida, desde onde podemos ver a illa da Estrela, seguimos camiñando ata a praia Río Covo[29] un pequeno areal que para chegar a el necesitamos facer unha baixada bastante brusca[30] unha vez pasada a praia seguimos por un carreiro estreito que nos leva ata a punta do Canteiro desde onde seguiremos subindo nun ascenso corto pero abrupto que nos leva ata a Parede, no Monte Facha, desde onde comenzaremos un descenso que nos levara ata a praia de Balares.[31][32] Saimos da praia de Balarés bordeándoa polo camiño de taboas colocadas nas dunas desta praia e de seguido coller a senda que nos leva ata a punta de Calbaqueiro desde onde podemos mirar a furna do Encanto e a illa Tiñosa, ademais de toda a costa de Cabana de Bergantiños, máis adiante atoparémonos coas dunas rampantes máis altas de Europa que son as do Monte Branco,[33] (coas vistas da Barra na desembocadura do río Anllóns que forma un esteiro antes de desaugar na ria de Corme e Laxe), as dunas son unha zona extremadamente sensible medioambientalmente e o seu paso por elas devese extremar para non sair da senda marcada e así preservalas,[34] desde aquí podemos ver a illa dos Cagallóns (este é un montículo que cando sube a marea durante as mareas vivas soe quedar illado) e un pouco máis a diante temos unha caseta para a observación das aves xa que este é un lugar previlixiado para a observación da fauna, un pouco máis a diande e a dereita colleremos a malecón do Couto, que separa o río da xunqueira para evitar inundacións, unha vez terminado o dique e tras percorrer un pequeno tramo as veiras do río atopamonos co a casa de Eduardo Pondal[35] onde esta o fin desta 2ª etapa.[36]

Imaxes da 2ª etapa
Ponteceso desde Monte Branco 
Furna na praia do do Osmo 
Cruces do Roncudo 
Casa de Pondal 
Ponte sobre o río Anllóns punto de chegada da 2ª etapa e saida da 3ª etapa

3ª etapa: Ponteceso-Laxe[editar | editar a fonte]

A 3ª etapa comeza na ponte de Ponteceso e acaba no porto de Laxe, despois de percorrer 25.3 km. a maior parte desta etapa transcorre polo concello de Cabana de Bergantiños onde se atopa o cumio desta ruta (312 m. sobre o nivel do mar), o monte Castelo de Lourido[37]

Vista da senda marítima do río Anllóns.

Esta etapa comeza, as veiras da ponte sobre o río Anllóns que separa os concellos de Ponteceso e de Cabana de Bergantiños,[38] aquí colleremos a beiravía da estrada AC-429 (Ponteceso-Laxe) na que camiñaremos pola man esquerda deixando o outro lado da estrada un xunqueiral, que dependendo da hora da marea pode estar anexado d'auga ou baleiro debido a ruptura do dique de contención, seguimos ata a altura do nave de Apligasa onde nos atoparemos enfronte a ela, e a outra man da estrada, co camiño que nos levara ata o esteiro do Anllóns,[39] unha vez nel colleremos a esquerda a corredoira que nos leva ata o monte das Pias onde pasaremos por un pequeno bosque de piñeiros ata chegar o sitio do Curro onde empeza a senda artificial do Anllóns[40] o longo da cal iremos deixando a praia da Urixeira (que, o igual que no último tramo da etapa anterior, ten un observatorio ornitolóxico para a observación da diversidade faunística), e chegaremos a praza do Pendon (a cuxo lado esta situado o colexio das Revoltas e un pouco máis arriba a casa consistorial do concello) xusto o lado esta a praia do Pendon e seguimos o noso andar ata chegar a praza do Lodeiro, xa na Telleira, en onde nos dirixiremos a esquerda ata cruzar un aparcadoiro e a estrada onde daremos comezo a senda do Rego dos Muíños.[41][42] A senda do rego dos Moíños vai ascendendo paseniñamente o longo de 3.5 km segundo se avanza a carón do río o tempo que se pode gozar da vista dos 24 muíños d'auga, a maioría deles nun estado de conservación moi precaria, unha vez arriba colleremos unha senda a esquerda que nos leva ata a fonte do Roncadoiro, despois de cruzar a estrada AC-430 (As Grelas-Baio), que se atopa o pé do Castro de Borneiro[43] logo de subir por un camiño de escaleiras chegamos o castro A Cibda (nome polo que se coñece este castro) na parroquia de Borneiro desde onde seguimos a ruta saíndo por unha senda que se atopa a dereita segundo o sentido da marcha e que nos leva outra vez a estrada AC-430[44] que teremos que cruzar para seguidamente coller unha estrada asfaltada que nos leva ata o lugar de Vilaseco e desde aquí tomamos unha senda forestal que nos leva ata o dolmen de Dombate[45][46] (este é un dos monumentos máis importantes da arte megalítica de Galicia) que esta protexido por unha estrutura acristalada e cuberta por unha cúpula de madeira[47][48] seguimos a continuación pola mesma estrada ata chegar a un cruzamento que colleremos a dereita camiño da Fontefría, xa no medio do lugar collemos a estrada da esquerda, na que podemos ver unha sinal indicándonos o camiño cara o monte Castelo[49] camiño que colleremos para chegar o cumio deste Camiño dos Faros, desde onde poderemos contemplar unha panorámica total da ría de Corme e Laxe e o esteiro do Anllóns.[50] Desde aquí baixaremos ata estrada que nos trouxo aquí e continuaremola ata cruzarnos co estrada asfaltada que cruzaremos para coller a senda o outro lado da estrada e que nos leva ata o lugar da Arnela (xa na parroquia de Canduas) onde colleremos a dereita para baixar ata o seguinte cruzamento onde colleremos a esquerda para dirixirnos o lugar de Taboído, despois de cruzar a AC-429, aquí seguiremos a estrada asfaltada uns 700 m ata atoparnos un cruzamento a esquerda que nos levara ata o sendeiro que bordea o monte da Mundiña deixando a dereita a punta do Padron, as furnas dos Corvos e da Valouta para chegar a altura da punta da Escanavada en onde seguiremos pola veira da costa ata chegar a furna dos Bolos e a furnela Mundiña onde bordearemos un antigo faro, hoxe en día unha casa privada, a cuxa veira teremos a illa do Castelo e un pouco máis adiante a praia de Rebordelo[51] separada da de San Pedro pola punta da Catuxa,[52] desde a praia de San Pedro continuando pola senda chegamos a cala da Cormellana e máis adiante o Portiño de Filgueiras xunto a punta do Cabalo[53] e seguimos ata chegar un pouco máis adianta a punta Rubia, desde onde xa podemos ver Laxe, e a continuación chegamos o coído dos Muíños de Frexufre,[54][55] onde desemboca un pequeno regato en forma de fervenza e no que se atopan dous muíños en mal de conservación, bordeamos os muíños tras pasar o rego e poñemos rumbo o cabo da Area[56] onde acaba o concello de Cabana e empeza o de Laxe onde uns metros máis adiante xa entramos no areal da praia de Laxe[57] que podemos pasar pola area da praia ou un pouco máis adiante coller o paseo que vai bordeando a praia en cuxo final esta a praza de Laxe lugar onde damos por terminada esta 3ª etapa.[58]

Imaxes da 3ª etapa
Ponteceso de Cabana 
A Cibda 
Dolmen de Dombate 
Vista da senda fluvial do Rego dos Muíños. 
Vista de Laxe 
Porto de Laxe punto de chegada da 3ª etapa e saída da 4ª etapa

4ª etapa: Laxe-Arou[editar | editar a fonte]

A 4ª etapa, a máis curta do Camiño dos Faros, comeza no porto de Laxe e acaba na praia de Arou, despois de percorrer 18 km. Esta etapa transcorre polos concellos de Laxe, Vimianzo e Camariñas [59]

Comezamos esta 4ª etapa saindo da praia de Laxe acarón da igrexia de santa María da Atalaia,[60] deixando a nosa dereita o porto de Laxe[61] collemola rúa camiño da Besugueira ata a rúa Agra de Abaixo, a nosa esquerda, e subiremos por ela ata que se acaba, unha vez arriba colleremos a dereita polo camiño do Cemiterio camiño que deixaremos máis adiante para coller a dereita bordeando o monte de Insua e que nos levara ata o faro de Laxe[62] seguiremos bordeando o monte deixando o lado a pedra dos Namorados e o seu carón a furna da Espuma,[63] un pouco máis adiante seguindo a senda pasamos entre a praia dos Cristais[64] e o cemiterio que bordearemos para a continuación coller a desviación a dereita que nos leva por un carreiro estreito que vai bordeando a enseada Baleeira ata chegar a unha subida que nos levara o cumio do peñón do Castro,[65] que é o punto máis alto desta etapa, desde o Castro avistaremos a praia de Soesto a onde nos dirixiremos baixando unha costa empinada, con coidado pois as pedras poden estar esvaradizas.[66] Unha vez chegados a praia teremos que sortear un pequeno regato, tras o cal dirixiremonos cara o merendoiro que se atopa por detrás das dunas que separan o camiño da praia onde colleremos a pasarela de madeira que nos leva bordeando a praia,[67] tras a cual colleremos o sendeiro que nos leva ata a punta Catasol, deixamos atras a cala do Castrillón (a partir de aquí seguimos por unha pista de pedrullo), a illa de Ataín, a illa Teixoeira, a praia de Arnado, e poucos metros máis adiante chegamos o espazo natural formado pola praia de Traba[68] (que comeza na punta de Arnado, preto do lugar de Boaño, e acaba case 3 km despois na punta de Traba) o cordon dunar e a lagoa que forón declados Espazo Natural Protexido da Lagoa e Dunas de Traba, ademais están dentro da Rede Natura 2000, e foi tamén recoñecido como Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e Lugar de Interese Comunitario (LIC).[69] Este espazo pasase por unha pasarela de madeira que se atopa pola parte da atras das dunas e a carón da lagoa.[70] Deixamos a esquerda o lugar de Mórdomo e continuamos a senda, o seu paso iremos deixando a punta da cruz da Rosa, o cuello da Señora e chegaremos o rego da Albariza, comezo do pequeno tramo (400 m) que pertence a Vimianzo formado polos coídos da Señora e de Sabadelle.[71] separados pola punta da Sopena[72] A partir do coido de Sabadelle entramos xa en territorio de Camelle, Camariñas, collemos a rúa Campo da Area que nos leva ata o paseo maritmo que bordea a praia de Camelle e nos leva cara o porto que deixaremos a dereita para dirixirnos ata a casa do alemán de Camelle (Manfred Gnädinger).[73][74] Para continuar o camiño teremos que retroceder un pouco ata chegar a casa que atoparemos a dereita onde colleremos a senda que se atopa o lado da casa para continuar por unha senda entre valados que nos leva ata o coído dos Xurelos desde onde continuaremos cara adiante fixandonos na sinalización xa que algunhas veces tende a afastarse do mar algúns metros, deixamos a nosa dereita a punta Percebeira, pasamos o lado da cetaria de Camelle e chegamos o pequeno porto da Lagoa (Porto de Arou) seguimos cara adiante bordeando a costa e deixamos a punta do Curro a nosa dereita para chegar a continuación a praia de Arou,[75] seguiremos un pouco máis e atoparemonos coas rúas de Arou fin desta etapa.[76]

Imaxes da 4ª etapa
Panoramica de Camelle 
Escultura de Man en Camelle. 
Praia de Soesto 
Praia de Arou punto de chegada da 4ª etapa e saida da 5ª etapa

5ª etapa: Arou-Camariñas[editar | editar a fonte]

A 5ª etapa comeza na praia de Arou e acaba no porto de Camariñas, despois de percorrer 23,8 km. Esta etapa transcorre na súa totalidade polo concello de Camariñas [77]

Comezamos esta 5ª etapa saindo da praia de Arou e un pouco despois de pasar as últimas casas de Arou desviamonos a dereita seguindo a senda deixaremos atras a praia Braña de Lazo, o petón da Furaqueira, deixaremos atras a Enseada de Xan Ferreiro e pouco despois chegaremos o miradoiro de Punta Lobeiras[78] tras o cal baixaremos pola estrada asfaltada ata a praia Lobeiras, a dereita vemos a illa Insua e de fronte a illa Negra.[79] Desde a praia de Lobeiras colleremos a senda que nos leva ata o Porto de Santa Mariña deixando atras antes de chegar a el as rochas nomeadas: O Pelouro, Os Boliños, Os Portiños, Pedra do Sal…[80] unha vez no porto collemos a estrada que nos leva polo medio das casetas e unha vez superadas as da dereita collemola senda que nos leva cara as dunas do monte Branco,[81] deixamos atras as enseadas do Colludo, a da Posta das Cabras, cabo Veo (ecuador do Camiño dos Faros),[82] fronte a este temos a illa da Cagada Grande, compre seguir a senda de area sen salirnos dela pois atravesaremos un pequeno areal de camariñas (Corema album) (planta que da nome o concello de Camariñas e esta considerada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza como especie en Perigo Crítico de extinción.) e bordearemos a duna rampante do monte Branco pola senda marcada para iso.[83] Baixamos a senda do Monte Branco e os poucos estamos na praia do Trece (esta praia ten un cordon dunar que lle dan un lixeiro aspecto desertico), praia que esta dividida en pequenas calas por pequenas restingas de rochas que se adentran cara o mar. Pasada a praia collemos a senda que nos leva cara o Cemiterio dos Ingleses[84] deixando atras a punta das Paredes e a enseada de Batel chegando así o cemiterio que esta situado en cabo Trece e que debe o seu nome a que acolle os restos dos 172 cadáveres naufragos do buque inglés Serpent que bateu contra as rochas preto de punta Boi o 10 de novembro de 1890.[85][86] Unha vez bordeado punta Boi (desde aquí temos as primeiras vistas do faro de cabo Vilán) e a altura da enseada de Lucin colleremos unha estrada de grava que nos leva ata a praia de Reira onde nos atoparemos coas pedras dos Enamorados e maila do Oso (famosa polo seu roubo[87]) colleremos a senda que nos leva ata a punta Forcados, e a illa Calladas enfronte, seguindo a senda pasamos polas praias de Area Longa, Balea e Pedrosa onde subiremos un pouco a ladeira do monte Pedrosa para coller de novo a estrada de grava[88] que nos leva ata o faro de cabo Vilán (1854 - 1896). O faro do cabo Vilán é o faro eléctrico máis antigo de España e sinala un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte, pero tamén un dos máis fermosos. Erguido a 125 metros de altitude e unido ao antigo edificio dos fareiros, posúe un potente canón de luz capaz de acadar as 28 millas. O enclave foi declarado de Interese Nacional no ano 1933 por ser un lugar rochoso e escarpado e hoxe en día é monumento natural e acolle un museo.[89] Continuamola etapa camiñando cara o antigo faro para de seguido baixar polo monte abaixo cara a piscifactoría deixandoa a nosa esquerda camiño o mar ata a punta Esperillo[90] seguiremos bordeando a piscifactoría coas vistas a ría de Camariñas, pasamos o lado da illa Betanceira e seguiremos bordeando a zona A Coenda ata chegar o campo de fútbol onde colleremos unha desviacíon a dereita que nos levara ata a ermida da Virxe do Monte[91] seguimos cara diante ata a punta Corveiro de Lago e desde aquí ata a praia do Lago,[92] praia que bordearemos e deseguido en dirección sur iremos ata as veiras o faro da enfilación da Villueira (este faro xunto co faro da punta do Castelo forman a enfilación de entrada o porto de Camariñas).[93] Desde aquí e sempre seguindo as marcas verdes da ruta seguiremos ata chegar a batería do Soberano ou, como máis comunmente se coñece, castelo do Soberano, bordearemos este recinto amurallado[94] deixando a dereita, na punta do Castelo, o outro faro da enfilación antes dita, desta forma chegaremos o miradoiro que se atopa as costas do peirao de Camariñas, a continuación continuaremos pola rúa Castelo ata chegar a rúa que bordea o porto e pouco máis adiante chegaremos a praza do Curbeiro punto final desta etapa.[95]

Imaxes da 5ª etapa
Pedra dos osos. 
Piscifactoría de rodaballo en cabo Vilán
Porto de Camariñas punto de chegada da 5ª etapa e saida da 6ª etapa

6ª etapa: Camariñas-Muxía[editar | editar a fonte]

Muxía punto de chegada da 6ª etapa e saida da 7ª etapa

A 6ª etapa comeza no porto de Camariñas e acaba na praia do Coido en Muxía despois de percorrer 32,6 km. distancia que fai que esta sexa a etapa máis longa e plana do Camiño dos Faros. Esta etapa transcorre polos concellos de Camariñas e Muxía [96]

7ª etapa: Muxía-Nemiña[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Faro de cabo Touriñán.
Praia de Nemiña punto de chegada da 7ª etapa e saida da 8ª etapa

A 7ª etapa comeza na praia do Coido en Muxía e acaba na praia da parroquia de Nemiña (Muxía) despois de percorrer 25,3 km. Esta etapa transcorre polo concello de Muxía [97]

8ª etapa: Nemiña-Fisterra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Faro de Fisterra.
Faro de Fisterra punto de chegada da 8ª e última etapa.

A 8ª etapa comeza na praia de Nemiña (Muxía) e acaba no faro de Fisterra despois de percorrer 26,9 km. Esta etapa transcorre polos concello de Muxía e Fisterra. [98]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo o sentido de marcha que propoñen os autores da ruta.
  2. Laura Matabuena (1 de xullo do 2007). "A Ferida recuerda la huella de la marea negra en Muxía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de maio do 2021. 
  3. Por estrada esta ruta é de 71,8 km
  4. "O camiño dos faros: 200 km de senderismo al borde del mar" (PDF) (en castelán). Consultado o 21 de maio do 2021. 
  5. Camiño dos Faros. "OS TRASNOS DA COSTA DA MORTE". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  6. "Proceso de homologación: O CAmiño dos Faros" (PDF) (en castelán). Consultado o 11 de xuño do 2021. 
  7. Camiño dos Faros. "ETAPA 1: MALPICA-NIÑÓNS (21,3 KM)". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  8. turismo.gal. "Area maior". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  9. turismo.gal. "Canido". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  10. guias masmar. "Playa de Seaia. Malpica de Bergantiños". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  11. concellomalpica.com. "Romería de San Adrián". Consultado o 26 de maio do 2021. 
  12. Camiño dos Faros. "PRAIA DE BEO". Consultado o 26 de maio do 2021. 
  13. Camiño dos Faros. "PRAIA DE SEIRUGA". Consultado o 26 de maio do 2021. 
  14. Camiño dos Faros. "PRAIA DE BARIZO". Consultado o 26 de maio do 2021. 
  15. Camiño dos Faros. "MONTE NARIGA". Consultado o 26 de maio do 2021. 
  16. Camiño dos Faros. "ENSEADA DO LAGO". Consultado o 26 de maio do 2021. 
  17. Camiño dos Faros. "MONTE NARIGA". Consultado o 26 de maio do 2021. 
  18. Ferreiro Fernández, Manuel (2017). Eduardo Pondal, o cantor do eido noso (PDF). Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-347-1. 
  19. Camiño dos Faros. "ETAPA 2: NIÑÓNS-PONTECESO (27,1 KM)". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  20. Camiño dos Faros. "DE NIÑÓNS AL PORTO DE SANTA MARIÑA". Consultado o 27 de maio do 2021. 
  21. Camiño dos Faros. "PORTO DE SANTA MARIÑA". Consultado o 27 de maio do 2021. 
  22. Camiño dos Faros. "DE SANTA MARIÑA A BARDA". Consultado o 27 de maio do 2021. 
  23. Camiño dos Faros. "PRAIA DA BARDA". Consultado o 27 de maio do 2021. 
  24. Camiño dos Faros. "A COSTA DA TREMOSA". Consultado o 27 de maio do 2021. 
  25. Camiño dos Faros. "ALDEA DO RONCUDO". Consultado o 27 de maio do 2021. 
  26. Camiño dos Faros. "BAJADA A FARO RONCUDO". Consultado o 27 de maio do 2021. 
  27. Camiño dos Faros. "FARO RONCUDO – CORME". Consultado o 31 de maio do 2021. 
  28. Camiño dos Faros. "PRAIA DO OSMO". Consultado o 31 de maio do 2021. 
  29. Camiño dos Faros. "PRAIA DA ERMIDA". Consultado o 31 de maio do 2021. 
  30. Camiño dos Faros. "PRAIA DE RÍO COVO". Consultado o 31 de maio do 2021. 
  31. Camiño dos Faros. "MONTE DA FACHA". Consultado o 31 de maio do 2021. 
  32. Camiño dos Faros. "PRAIA DE VALARÉS". Consultado o 31 de maio do 2021. 
  33. "LAS DUNAS MÁS ALTAS DE EUROPA. GALICIA". Consultado o 31 de maio do 2021. 
  34. Camiño dos Faros. "MONTE BRANCO". Consultado o 31 de maio do 2021. 
  35. Camiño dos Faros. "CASA NATAL EDUARDO PONDAL". Consultado o 31 de maio do 2021. 
  36. Camiño dos Faros. "ESTUARIO DO RÍO ANLLÓNS". Consultado o 31 de maio do 2021. 
  37. Camiño dos Faros. "ETAPA 3: PONTECESO-LAXE (25,3 KM)". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  38. Camiño dos Faros. "PONTE DE PONTECESO". Consultado o 1 xuño do 2021. 
  39. Camiño dos Faros. "SALIENDO DE PONTECESO". Consultado o 1 xuño do 2021. 
  40. Camiño dos Faros. "MONTE DAS PÍAS". Consultado o 1 xuño do 2021. 
  41. Camiño dos Faros. "SENDA DO ANLLÓNS". Consultado o 1 xuño do 2021. 
  42. mas rutas y menos rutinas (4 de abril do 2020). "Ruta Rego dos Muiños y Castro de Borneiro". Consultado o 1 de xuño do 2021. 
  43. Camiño dos Faros. "REGO DOS MUÍÑOS". Consultado o 1 xuño do 2021. 
  44. Camiño dos Faros. "CASTRO DE BORNEIRO". Consultado o 1 xuño do 2021. 
  45. Camiño dos Faros. "VILASECO". Consultado o 1 xuño do 2021. 
  46. Diputación da Coruña (ed.). "El dolmen de Dombate: arqueología, restauración, arquitectura" (PDF). Consultado o 1 de xuño do 2021. 
  47. Camiño dos Faros. "DOLMEN DE DOMBATE". Consultado o 1 xuño do 2021. 
  48. mas rutas y menos rutinas (ed.). "Ruta arqueológica y natural por Cabana de Bergantiños (Dombate y Borneiro)". Consultado o 1 de xuño do 2021. 
  49. Camiño dos Faros. "FONTEFRÍA". Consultado o 1 xuño do 2021. 
  50. Camiño dos Faros. "MONTE CASTELO DE LOURIDO". Consultado o 1 xuño do 2021. 
  51. Camiño dos Faros. "COSTA DA MUNDIÑA". Consultado o 2 xuño do 2021. 
  52. Camiño dos Faros. "PRAIA DE REBORDELO". Consultado o 2 xuño do 2021. 
  53. Camiño dos Faros. "PRAIA DE SAN PEDRO". Consultado o 2 xuño do 2021. 
  54. Camiño dos Faros. "PUNTA DO CABALO". Consultado o 2 xuño do 2021. 
  55. Concello de Cabana de Bergantiños. "Ruta 1.De Ponteceso de Cabana a Frexufre pola Carballa". Consultado o 2 xuño do 2021. 
  56. Camiño dos Faros. "COÍDO DOS MUIÑOS DE FREXUFRE". Consultado o 2 xuño do 2021. 
  57. Camiño dos Faros. "O CABO DA AREA". Consultado o 2 xuño do 2021. 
  58. Camiño dos Faros. "PRAIA DE LAXE". Consultado o 2 xuño do 2021. 
  59. Camiño dos Faros. "ETAPA 4: LAXE-AROU (18 KM)". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  60. Camiño dos Faros. "IGREXA DE SANTA MARÍA DA ATALAIA". Consultado o 3 de xuño do 2021. 
  61. Camiño dos Faros. "PORTO DE LAXE". Consultado o 3 de xuño do 2021. 
  62. Camiño dos Faros. "FARO DE LAXE". Consultado o 3 de xuño do 2021. 
  63. Camiño dos Faros. "FURNA DA ESPUMA". Consultado o 3 de xuño do 2021. 
  64. Camiño dos Faros. "RUTA MONTE DA INSUA". Consultado o 3 de xuño do 2021. 
  65. Camiño dos Faros. "ENSEADA DA BALEEIRA". Consultado o 3 de xuño do 2021. 
  66. Camiño dos Faros. "PEÑÓN DO CASTRO". Consultado o 3 de xuño do 2021. 
  67. Camiño dos Faros. "PRAIA DE SOESTO". Consultado o 6 de xuño do 2021. 
  68. Camiño dos Faros. "DE SOESTO A TRABA". Consultado o 6 de xuño do 2021. 
  69. Turismo Laxe. "Espazo natural de Traba". Consultado o 7 de xuño do 2021. 
  70. Camiño dos Faros. "PRAIA E LAGOA DE TRABA" (en castelán). Consultado o 7 de xuño do 2021. 
  71. Camiño dos Faros. "DE TRABA A CAMELLE" (en castelán). Consultado o 7 de xuño do 2021. 
  72. Vimianzo: do mar a terra. "Sabadelle, unha fiestra ao mar". Consultado o 7 de xuño do 2021. 
  73. Camiño dos Faros. "CAMELLE" (en castelán). Consultado o 7 de xuño do 2021. 
  74. El Periodico. "Camelle, el nostálgico hogar del artista que murió de pena" (en castelán). Consultado o 7 de xuño do 2021. 
  75. Camiño dos Faros. "DE CAMELLE A AROU" (en castelán). Consultado o 8 de xuño do 2021. 
  76. Camiño dos Faros. "AROU" (en castelán). Consultado o 8 de xuño do 2021. 
  77. Camiño dos Faros. "ETAPA 5: AROU-CAMARIÑAS (23.8 KM)". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  78. Camiño dos Faros. "SALIENDO DE AROU". Consultado o 8 de xuño do 2021. 
  79. Camiño dos Faros. "PRAIA DE LOBEIRAS". Consultado o 8 de xuño do 2021. 
  80. Camiño dos Faros. "DE LOBEIRAS A SANTA MARIÑA". Consultado o 8 de xuño do 2021. 
  81. Camiño dos Faros. "PORTO DE SANTA MARIÑA". Consultado o 8 de xuño do 2021. 
  82. galicia360º. "Monte Blanco Camariñas – Ruta 5 do Camiño dos Faros". 
  83. Camiño dos Faros. "DUNA DE MONTE BRANCO". Consultado o 8 de xuño do 2021. 
  84. Camiño dos Faros. "PRAIA DO TRECE". Consultado o 9 de xuño do 2021. 
  85. Camiño dos Faros. "CEMENTERIO DOS INGLESES". Consultado o 9 de xuño do 2021. 
  86. "Aniversario del naufragio del “HMS Serpent”". El Ideal Gallego (en castelán). 8 de febreiro do 2015. Consultado o 9 de xuño do 2021. 
  87. "La Guardia Civil localiza a los autores del robo de la Pedra do Oso". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño do 2003. Consultado o 9 de xuño do 2021. 
  88. Camiño dos Faros. "PRAIAS DE REIRA". Consultado o 9 de xuño do 2021. 
  89. a Costa da Mote. "CABO VILÁN". Consultado o 11 de xuño do 2021. 
  90. Camiño dos Faros. "FARO VILÁN". Consultado o 11 de xuño do 2021. 
  91. Camiño dos Faros. "MAR DO VILÁN". Consultado o 11 de xuño do 2021. 
  92. Camiño dos Faros. "ERMITA DA VIRXE DO MONTE". Consultado o 11 de xuño do 2021. 
  93. Marta (25 de xaneiro do 2012). "Enfilación de Punta Villueira (Camariñas)" (en castelán). Consultado o 11 de xuño do 2021. 
  94. Camiño dos Faros. "CASTELO DO SOBERANO". Consultado o 11 de xuño do 2021. 
  95. Camiño dos Faros. "PORTO DE CAMARIÑAS". Consultado o 11 de xuño do 2021. 
  96. Camiño dos Faros. "ETAPA 6: CAMARIÑAS-MUXÍA (32.6 KM)". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  97. Camiño dos Faros. "ETAPA 7: MUXÍA-NEMIÑA (25.3 KM)". Consultado o 20 de maio do 2021. 
  98. Camiño dos Faros. "ETAPA 8: NEMIÑA-CABO FINISTERRE (26.9 KM)". Consultado o 20 de maio do 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]