A obra presenta un viaxeiro, que algúns críticos identificaron co propio Friedrich, en pé no cumio dun penedo elevado, fitando un mar de brétema que lle queda embaixo. O camiñante aparece de costas, vestido de negro. Adianta unha perna e apóiase nun bastón. Pódense ver os picos doutras montañas emerxendo entre a néboa, ao tempo que unha serra de montañas de enormes dimensións ocupa o fondo da obra. A grande extensión de ceo por riba das alturas das montañas do fondo cobre gran parte do cadro. Podería ser unha paisaxe da Suíza de Saxonia.