Camboño, Lousame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Camboño»)
Camboño
Igrexa parroquial de Camboño.
ConcelloLousame[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°45′16″N 8°55′02″O / 42.75435278, -8.91725278Coordenadas: 42°45′16″N 8°55′02″O / 42.75435278, -8.91725278
Poboación188 hab. (2020)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Camboño[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Lousame. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 188 habitantes (90 homes e 98 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É a parroquia máis occidental do concello, no val do río Hornada. Limita ao noroeste con Porto do Son, ao nordeste con Noia, ao sur con Boiro, e con Tállara ao leste, a través da serra da Barbanza.

Na parte baixa do val estendese as terras de cultivo e os núcleos de poboación máis accesibles, Chousa, Crons e Camboño.

Historia[editar | editar a fonte]

Aquí atópanse as primeiras mostras de poboamento, as mámoas, do concello de Lousame.

Durante o Antigo Réxime, pertenceu ás xurisdicións de Noia, rexida polo arcebispo de Santiago de Compostela e na provincia homónima.

A proclamación da Constitución de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a substitución por unha administración municipal. En 1823, coa derogación da constitución por Fernando VII, restaurando o réxime señorial. Coa definitiva recuperación do municipalismo en 1835, incorporouse ao actual concello de Lousame.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Xoán atópase no lugar da Igrexa. En Camboño está a ermida de Santa María A Gorgosa. Varios dos muíños de Camboño foron reconstruídos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Camboño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Camboño no concello de Lousame (A Coruña)

Arxellas | Chousa | O Corral de Abaixo | O Corral de Arriba | Crons | A Eirexa | Millaradelo | Monteselo | Nabal | Soutelo

Parroquias de Lousame[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Lousame

Camboño (San Xoán) | Fruíme (San Martiño) | Lesende (San Martiño) | Lousame (San Xoán) | Tállara (San Pedro) | Toxos Outos (San Xusto) | Vilacova (Santa Eulalia)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]