Camón de Allen
Camón de Allen | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
O camón de Allen[3] (Porphyrio alleni) é unha pequena ave acuática da familia dos rálidos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O seu anterior nome binomial era Porphyrula alleni. Porphyrio procede da palabra latina que significa 'galiñola', e alleni, significa 'de Allen', en memoria do contralmirante naval británico William Allen (1792–1864).[4][5]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]O seu hábitat reprodutor son as marismas, pantanos e lagos da África subsahariana. Aínda que é unha ave sen grandes habilidades voadoras, chega como vagante a Europa e está incluída na lista das aves ibéricas.
Descrición
[editar | editar a fonte]
Son de tamaño similar ao da zurrasca eurasiática, que só é lixeiramente maior. O camón de Allen ten un curto bico vermello, dorso verdoso e partes ventrais púrpuras. Ten patas vermellas con longas dedas, e unha curta cola que é branca cunha barra central escura por debaixo. Os machos reprodutores teñen un escudo frontal azul, que é verde nas femias. Os camóns de Allen inmaturos son de cor marrón area cunha cola beixe. Os poliños cubertos de penuxe son negros, como en todos os rálidos. Moven a cabeza arriba e abaixo cando nadan.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O camón de Allen é moi discreto na estación reprodutora, especialmente nos pantanos densos que prefire, e é máis fácil oílos que velos. Son aves bastante ruidosas, producen unha chamada nasal nítida que soa como pruk. Esta especie é parcialmente migratoria, e realiza desprazamentos estacionais. Pode albiscarse máis doadamente cando está migrando ou pasando o inverno. Constrúen un niño flotante nas marismas e pantanos no que poñen de 2 a 5 ovos.
Dieta
[editar | editar a fonte]Estas aves sondean co seu bico a lama en augas pouco fondas, e tamén capturan alimentos pola vista. Principalmente comen insectos e animais acuáticos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2016). "Porphyrio alleni" 2016: e.T22692816A93370659. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22692816A93370659.en.
- ↑ Thomson, T. R. H. (1842). "Description of a new species of Genetta, and of two species of Birds from Western Africa". The Annals and Magazine of Natural History, Including Zoology, Botany, and Geology 10 (64): 203–205. doi:10.1080/03745484209445224.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael (2003). Whose Bird? Men and Women Commemorated in the Common Names of Birds. Londres: Christopher Helm. p. 24.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 42, 314. ISBN 978-1-4081-2501-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (Allen's gallinule = ) lesser gallinule - Texto sobre esta especie en The Atlas of Southern African Birds