Call of Duty: Roads to victory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Call of Duty: Roads to victory é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty programado por Amaze Entertainment e distribuído por Activision para PSP. O xogo é un FPS (first person shooter) ambientado na Segunda Guerra Mundial. Narra unha serie de combates reais nos que interviron soldados da 82 División Aerotransportada, no I Exército canadense e a VIII Forza Aérea.

Campaña[editar | editar a fonte]

Inclúe 14 misións da guerra, nas que se inclúen a Operación Market Garden, a Operación Detroit e a Operación Blockbuster.

Multixogador[editar | editar a fonte]

Roads to Victory inclúe un modo multixogador vía inalámbrica ad hoc para 6 xogadores.

Recepción e crítica[editar | editar a fonte]

O xogo recibiu críticas en torno ao 6, acadando un resultado de 64 en Metacritic [1].

Vendas[editar | editar a fonte]

As vendas ascenderon a aproximadamente 1,41 millóns de unidades [2].

Notas[editar | editar a fonte]