Call Me by Your Name é unha novelaestadounidense de 2007 escrita por André Aciman e distribuída pola editorial Farrar, Straus and Giroux, que narra un romance entre un mozo italiano de dezasete anos e un estudiante estadounidense de vinte e catro. Ambientado na Italia dos anos 1980, a obra repasa vinte anos da historia dos protagonistas, Elio Perlman e Oliver. A súa secuela, Find Me, publicouse en outubro de 2019.
Nunha vila rural do norte de Italia, a principios dos anos oitenta, o arqueólogo e profesor pai de Elio (un rapaz culto de 17 anos) tiña a tradición de acoller no verán estudantes ou artistas novos que, a cambio de aloxamento, o axudaban cos seus compromisos culturais. Oliver é o elixido este verán, un mozo profesor estadounidense que está a escribir a súa tese de doutoramento. Pronto a intimidade entre os dous dá paso a un romance, que ao principio é moi contido. Durante as próximas semanas, os impulsos ocultos da obsesión e o medo, a fascinación e o desexo intensificarán a paixón de ambos.
A diversidade de temas que André Aciman aborda na novela están relacionados coas súas circunstancias persoais e coa influencia de Marcel Proust, autor no que Aciman se especializou. Estes temas son: