Saltar ao contido

Calixto Bieito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCalixto Bieito

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Miranda de Ebro (España franquista) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de ópera, zarzuela e ópera Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector teatral, realizador, director de ópera, músico Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1775015 BNE: XX1503863 Editar o valor en Wikidata

Calixto Bieito, nado en Miranda de Ebro o 2 de novembro de 1963, é un director de teatro de orixe galega,[1] coñecido polas súas interpretacións radicais e ás veces polémicas de óperas clásicas.[2] Foi nomeado director artístico do Teatro Arriaga de Bilbao e director residente do Teatro de Basilea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Bieito naceu na vila burgalesa de Miranda de Ebro. De rapaz trasladouse a Barcelona coa súa familia, cando tiña 14 anos. A súa nai era unha sevillana afeccionada ao canto que o animou a tocar o piano. O seu pai era un galego ferroviario, que tamén compartía o amor pola música. Moitos dos seus tíos e curmáns tamén eran músicos.

Carreira artística

[editar | editar a fonte]

De 1999 a 2011, Bieito foi Director Artístico do Teatre Romea de Barcelona[3] e de 2010 a 2012, Director Convidado do Festival Internacional de Artes de Castela e León.[4] Desde 2017, é Director Artístico do Teatro Arriaga de Bilbao.[5] Ao longo da súa carreira dirixiu numerosas obras de teatro, zarzuelas e óperas, entre elas adaptacións de textos de Bernardo Atxaga, Tennessee Williams, Anton Chekhov, Kurt Weill, Jacques Offenbach, Henrik Ibsen, Bertolt Brecht, Federico García Lorca, o Tirant lo Blanc de Joanot Martorell, o Don Carlos de Friedrich Schiller, varias obras de William Shakespeare (O rei Lear, Macbeth e Hamlet premiado en Edimburgo), La vida es sueño de Calderón de la Barca ou o Parsifal de Richard Wagner.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Entre os premios que recibiu atópanse o da Asociación de Directores de España (2000); o premio ao mellor director outorgado por The Irish Times-ESB Iris Adwards (2000); o premio Herald Archangel ao mellor artista do Festival de Edimburgo (2003) por Hamlet; o premio ao mellor director pola Crítica Teatral de Barcelona (2007); premio Tendencias ao creador consolidado polo xornal El Mundo (2008), o premio á mellor adaptación escénica pola Crítica Teatral de Barcelona (2009) e o Premio de Cultura Europeo no mesmo ano,[6] o Premio Campoamor por Pepita Jiménez[7] e o Premio Opera XXI en 2018,[8] entre outros.

  1. "Vieiros: Galiza Hoxe - O 'galego' Calixto Bieito, favorito na gala dos 'Max'". vieiros.com. Consultado o 2025-01-08. 
  2. "Revamped opera fails to shock" (en inglés). 2002-02-22. Consultado o 2025-01-08. 
  3. "Calixto Bieito". Semperoper Dresden; semperoper.de (en alemán). 
  4. "Calixto Bieito – Universität der Künste Berlin". www.udk-berlin.de (en inglés). Consultado o 2025-01-08. 
  5. "Calixto Bieito, Direction". werktreue (en inglés). Consultado o 2025-01-08. 
  6. "Calixto Bieito, Premio de Cultura Europeo 2009". El País (en castelán). 2009-07-28. ISSN 1134-6582. Consultado o 2025-01-08. 
  7. "Calixto Bieito, premio Campoamor a la mejor dirección escénica por «Pepita Jiménez»". LaRazonES (en castelán). 2013-11-30. Consultado o 2025-01-08. 
  8. https://www.diariodeleon.es/noticias/cultura/calixto-bieto-gana-premio-opera-xxi_1304644.html[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]