Calisto III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Calisto III»)
Infotaula de personaCalisto III, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Callistus PP. III Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Alfons de Borja i Llançol Editar o valor em Wikidata
8 de xaneiro de 1379 Editar o valor em Wikidata
Torreta de Canals (Coroa de Aragón) Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 1458 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSant'Andrea della Valle
Santa Maria in Monserrato degli Spagnoli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
209º Papa
17 de abril de 1455 – 6 de agosto de 1458
← Nicolao VPío II →
Cardeal presbítero Santos Quatro Mártires Coroados (pt) Traducir
12 de xullo de 1444 – 8 de abril de 1455
← Louis de Luxembourg (pt) TraducirLuis Juan del Milà y Borja (pt) Traducir →
Cardeal
2 de maio de 1444 –
Bispo de Valencia
20 de agosto de 1429 – 8 de abril de 1455
← Hug de Llupià i Bages (pt) TraducirAlexandre VI →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Aragón Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Coñecido porpapa n.º 209 da Igrexa católica
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeentre 1455 a 1458
ConsagraciónPierre de Foix (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
4 de abril de 1455conclave de 1455
4 de marzo de 1447conclave de 1447 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaBórgia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisDomingo de Borja (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Francisca (Marti) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsabel de Borja y Cavanilles (en) Traducir e Catalina de Borja y Cavanilles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: De_Borja-2 Find a Grave: 6983821 Editar o valor em Wikidata

Calisto III,[1] nado co nome de Alonso de Borja i Llanço en Torreta de Canals (actual barrio de Canals), no Reino de Valencia, o 31 de decembro de 1378 e finado en Roma o 6 de agosto de 1458, foi o papa n.º 209 da Igrexa católica, desde 1455 a 1458.

Escudo do papa Calisto III

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Bos pascens ('o boi que pace'), facendo referencia ao escudo de armas da súa familia, os Borgia, no que aparece un boi dourado pacendo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedía da nobre familia dos Borja, procedentes da vila aragonesa de Borja, instalados no reino de València tras participar na súa conquista xunto a Xaime I.

Logo de estudar leis en Zaragoza foi profesor de dereito na universidade de Lleida, onde chamou a atención do antipapa Bieito XIII, que o atraeu á súa causa no enfrontamento que o Cisma de Occidente provocara na Igrexa. O seu apoio ao antipapa converteuno tamén en protexido do valenciano San Vicente Ferrer, e valeulle ser nomeado cóengo da catedral de Lleida e entrar ao servizo de Afonso V de Aragón como xurista e diplomático.

Trala morte de Bieito XIII en 1423, tres dos seus cardeais reuníronse en conclave e elixiron como sucesor a Clemente VIII que instalou a súa sé en Peñíscola.

En 1429 Afonso V, que apoiara a Bieito XIII, desexoso dun achegamento a Roma, enviou a Alonso de Borja como legado a Peñíscola coa misión de lograr que o antipapa Clemente VIII renunciase e se sometese ao papa Martiño V. O éxito da súa negociación, que supuxo a fin do cisma que dividira a Igrexa desde 1378, supúxolle a Alonso o nomeamento como bispo de València. Nesta cidade permaneceu tres anos, marchando en 1432 para acompañar a Afonso V como vicechanceler e conselleiro real na campaña que remataría en 1442 coa conquista do reino de Nápoles.

O 2 de maio de 1444 foi nomeado cardeal por Uxío IV e comezou cunha práctica que definiría o seu pontificado: o nepotismo, ofrecendo aos seus dous sobriños dos que era titor, Luis Juan de Borja e Rodrigo de Borja, importantes cargos e beneficios eclesiásticos.

Papado[editar | editar a fonte]

Conselleiro do papa Nicolao V, trala súa morte en 1455 foi elixido pontífice, adoptando o nome de Calisto III. A súa elección estivo influenciada polo rei Afonso V.

Tras ocupar o seu posto, chamou aos seus dous sobriños, dándolles categoría de príncipes e nomeando notario apostólico a Rodrigo e outorgando o goberno de Bologna a Luis Juan. Ao ano seguinte nomeounos cardeais.

A súa atención como pontífice centrouse na reconquista de Constantinopla que caera en mans do Imperio Otomán en 1453. Intentou organizar unha cruzada enviando delegacións a Inglaterra, Francia, Alemaña, Hungría, Portugal e Aragón. Aínda que nun principio recibiu o apoio de húngaros, portugueses e xenoveses, só a frota húngara partiu cara a Belgrado, que se encontraba sitiada polo exército do sultán turco, Mahomet II. A vitoria conseguida o 14 de xullo de 1456 non evitou que a cruzada fose un fracaso.

Tamén en 1456 estableceu unha comisión que anulou o xuízo que, en 1431, condenara a Xoana de Arco, declarándoa inocente dos cargos de bruxería polos que fora queimada na fogueira. Ese mesmo ano promulgou a bula Inter Caetera, pola que garantía ao reino de Portugal a exclusividade da navegación ao longo da costa africana. Un ano antes, en 1455, canonizou a San Vicente Ferrer.

En 1458, xa cara ao final do seu pontificado, enemizouse coa coroa de Aragón, pois trala morte do que fora o seu grande aliado, Afonso V, negouse a recoñecer ao seu fillo, Ferrante I, como rei de Nápoles ao considerar que dito reino pertencía á Igrexa.

Segundo unha versión coñecida por vez primeira nunha biografía póstuma, embelecida e popularizada no século XVIII polo matemático francés Pierre Simon Laplace, Calisto III excomulgou ao cometa Halley en 1456, con ocasión da súa aparición sobre Europa, debido á tradicional crenza nos cometas como símbolo de mal agoiro, en particular naquela época contra os defensores cristiáns da cidade de Belgrado, sitiada polos otománs. Con todo, esta versión carece de sustento histórico firme. A bula de Calisto III do 29 de xuño de 1456, onde solicita as oracións dos fieis para o triunfo da cruzada, nin sequera menciona o cometa. O 6 de agosto de 1456, cando o sitio da cidade foi roto polos defensores, facía varias semanas que o cometa deixara de ser visible.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.