Calidris ruficollis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calidris ruficollis
Pilro de pescozo rubio [1]

Calidris ruficollis coa plumaxe de inverno

Calidris ruficollis coa plumaxe de verán
Calidris ruficollis coa plumaxe de verán

Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: C. ruficollis
Nome binomial
Calidris ruficollis
(Pallas, 1776)
Área de dispersión de Calidris ruficollis   Área estimada      Área de cría     Área de invernada
Área de dispersión de Calidris ruficollis
  Área estimada
     Área de cría     Área de invernada

Área de dispersión de Calidris ruficollis
  Área estimada
     Área de cría     Área de invernada
Sinonimia
Véxase o texto

Calidris ruficollis é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1776 polo médico, zoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia, Peter Simon Pallas,[3][4] na súa obra Reise durch verschiedene Provinzen des Russischen Reichs,[3] baixo o nome de Trynga ruficollis.[3][4]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Calidris.

O epíteto específico, ruficollis, está formado polos elementos do latín científico rufi- e -collis. O primeiro está tirado do xenitivo do adxectivo do latín rūfus, -a, -um, "de pelo vermello", e o segundo do xenitivo do nome latino collum, -i, "colo", "pescozo". Literalmente, "de pescozo vermello".[5]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Trynga ruficollis Pallas, 1776 (protónimo)
  • Tringa albescens Temminck, 1821
  • Calidris australis Lesson, 1831
  • Calidris ruficolis (erro ortográfico)

Características[editar | editar a fonte]

Calidris ruficollis é unha das aves limícolas máis pequenas, moi semellante a Calidris minuta (especies que antigamente eran consideradas conespecíficas). O pequeno tamaño do pescozo vermello (en verán), o bico fino e escuro, as patas escuras e os movementos máis rápidos distinguen a esta especie de todas as limícolas agás as outras que tamén teñen as patas escuras.[6]

Mide entre 13 e 17 cm de lonxitude, a súa envergadura alar vai dos 28 aos 37 cm, e a súa masa corpotal oscila entre os 21 e os 51 g. Pódese distinguir de Calidris mauri en todas as plumaxes pola súa combinación de punta fina do bico, os dedos non palmados.[6]

Os adultos reprodutores ten un peito de cor laranxa sen raias, bordeado por marcas escuras abaixo, e unha V branca no lombo. No inverno a identificación da plumaxe é difícil, aínda que ten as patas máis curtas e as ás máis longas que Calidris minuta. Os xuvenís teñen unha plumaxe máis contrastadaolo lombo e liñas brancas máis débiles polas costas que o seu parente. A chamada é un "stit" rouco.[6]

Distribución[editar | editar a fonte]

Calidris ruficollis é unha ave que realiza grandes migracións. Cría ao longo do litoral ártico do leste de Eurasia, e pasan a estación non reprodutora no sueste asiático e en Australasia, chegando polo sur até Tasmania e Nova Zelandia.

É raro visitante na Europa occidental, coa maioría dos rexistros realizados en Irlanda. Adoita verse no oeste de Alasca e, ocasionalmente, noutros lugares de América.

Comportamento[editar | editar a fonte]

Calidris ruficollis é unha especie moi gregaria e forma bandadas con outras limícolas pequenas do xénero Calidris, como Calidris acuminata e Calidris ferruginea nas áreas nas que non se reproducen.

Cría[editar | editar a fonte]

O seu hábitat de reprodución é a tundra. Aniñan no chan e crían desde a primavera até o verán.

Dieta[editar | editar a fonte]

Aliméntanse en prados húmidos e en zonas lamacentas, principalmente collendo alimentos que localizan coa vista. No seu hábitat non reprodutor aliméntanse de en zonas lamacentas intermareais e ao longo das marxes de lagos de auga doce. Comen principalmente insectos e outros pequenos invertebrados.

Ameazas[editar | editar a fonte]

A especie está restrinxida á ruta migratoria de Asia oriental-Australasia e sospéitase que a perda de hábitat en lugares críticos na zona do mar Amarelo é a súa ameaza máis importante. Pénsase que a perda de hábitat na rexión do mar Amarelo está a provocar o descenso da poboación de aves acuáticas.[7][8] Até o 65 % do hábitat intermareal no mar Amarelo perdeuse nos últimos 50 anos e, actualmente, este hábitat está a desaparecer a un ritmo dun 1 % anual desde a década de 1980 debido á recuperación das terras para a agricultura, a acuicultura e outras actividades.[9] Centos de aves morreron como resultado do uso de pesticidas en Australia Occidental.[10]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Esta especie está restrinxida á ruta aérea de Asia oriental-Australasia, onde se pensa que a perda de lugares clave na rexión do mar Amarelo é a responsábel do descenso das poboacións de aves acuáticas. Pénsase que a especie está a diminuír a un ritmo que se aproxima ao limiar de vulnerábel baixo o criterio de redución do tamaño da poboación, segundo trinta anos de datos de seguimento en Australia e Nova Zelandia. Por iso, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o stauts da especie como NT (case ameazada).[2]

Galería[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Calidris ruficollis (Pallas, 1776) en Avibase.
  2. 2,0 2,1 BirdLife International (2016): Calidris ruficollis na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 3 de setembro de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Calidris ruficollis (Pallas, 1776) no GBIF. Consultado o 3 de setembro de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 Calidris ruficollis (Pallas, 1776) na BioLib. Consultado o 3 de setembro de 2022.
  5. Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  6. 6,0 6,1 6,2 Dunning, John B. Jr., ed. (2008): CRC Handbook of Avian Body Masses, 2ª ed. Boca Raton, Florida: CRC Press. ISBN 978-1-4200-6444-5.
  7. Amano, T.; Szekely, T.; Koyama, K.; Amano, H. & Sutherland, W. J. (2010): "A framework for monitoring the status of populations: an example from wader populations in the East Asian-Australasian flyway". Biological Conservation 143: 2238-2247.
  8. Yang, H. Y., Chen, B., Barter, M., Piersma, T., Zhou, C-F., Li, F-S. & Zhang, Z-W. (2011): "Impacts of tidal land reclamation in Bohai Bay, China: ongoing losses of critical Yellow Sea waterbird staging and wintering sites". Bird Conservation International 21: 241-259.
  9. Murray, N. J., Clemens, R. S., Phinn, S.R., Possingham, H. P. & Fuller, R. A. (2014): "Tracking the rapid loss of tidal wetlands in the Yellow Sea". Frontiers in Ecology and the Environment 12: 267-272.
  10. Van Gils, J., Wiersma, P. & Bonan, A. (2013): "Red-necked Stint (Calidris ruficollis). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds.): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. BirdLife International, Cambridge, Reino Unido e Lynx Edicions, Barcelona. España. ISBN 978-8487-334-20-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]