Pilro minúsculo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Calidris minutilla»)
Pilro minúsculo

Plumaxe de verán

Plumaxe de inverno
Plumaxe de inverno

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: Calidris minutilla
Vieillot, 1819

Sinonimia

Erolia minutilla

O pilro minúsculo ou pilriño miúdo (Calidris minutilla) é a ave costeira máis pequena, de aí o seu nome (do latín medieval minutilla, 'moi pequeno').[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Ten patas verdosas e curtas e peteiro fino e escuro. Os adultos reprodutores son marróns con liñas marrón escuras na parte superior e brancos pola parte inferior. Teñen unha liña clara sobre o ollo e unha parte superior da cabeza escura. En inverno son grises na parte superior. Os individuos novos teñen padróns máis vistosos na parte superior con coloración avermellada e liñas brancas.

Esta especie pode ser difícil de distinguir doutras aves costeiras diminutas similares. En particular, o pilro minúsculo é moi similar á especie correspondente asiática, Calidris subminuta, da cal se diferencia pola súa aparencia máis compacta con pescozo máis curto, dedas máis curtas, ter cores algo máis apagados e unha barra na á máis forte.

Reprodución e migación[editar | editar a fonte]

O seu hábitat reprodutor son os lamazais e a tundra do norte de Norteamérica. Aniña no chan preto da auga. A femia pon catro ovos nunha depresión pouco profunda escavada no chan forrada con herba e musgos. Ambos os pais incuban; a femia abandona o niño antes de que as crías emplumen e ás veces mesmo antes de que eclosionen os ovos. As crías aliméntanse por si mesmas e poden voar ás dúas semanas de vida.

Migran en bandadas ao sur dos Estados Unidos, México, América Central, o Caribe e norte de Suramérica. Aparecen como aves errantes moi raras en Europa occidental.[3]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntase en chairas de barro, petirando a comida que ven, e ás veces sondando co peteiro. Comen principalmente pequenos crustáceos, insectos e caracois.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Calidris minutilla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 84, 256. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  3. Harrison, Graham; Harrison, Janet (2005). The New Birds of the West Midlands. West Midland Bird Club. ISBN 0-9507881-2-0. Arquivado dende o orixinal o 23 January 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]