Cale (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cale (ou en grego Καλή), tamén coñecida coma Xúpiter XXXVII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta no ano 2001 polos astrónomos S. Sheppard, D. Jewitt, e J. Kleyna, e foi temporalmente designada coma S/2001 J 8.[1][2]

Cale ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,409 millóns de kms, tarda 685,324 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (166° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2011. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003[3], Cale na mitoloxía grega era unha da Gracias, fillas de Zeus (Xúpiter). Cale era a muller de Hefesto segundo algúns autores (a meirande parte atribúelle este feito a Afrodita).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IAUC 7900: Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento)
  2. MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
  3. IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine. agosto do 2003 (bautizando a lúa)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]