Calaverita
| Calaverita | |
|---|---|
| Fórmula química | AuTe2 |
| Clase | 2.EA.10 (Strunz) |
| Sistema cristalino | Monoclínico |
| Cor | amarelo-graxo a branco prateado |
| Brillo | Metálico |
| Dureza | 2,5 - 3 (escala de Mohs) |
| Fractura | Irregular |
| Raia | verdosa a gris-amarelenta |
| Densidade | 9,31 |
A calaverita ou telurio de ouro, é un mineral metálico. A súa composición química presenta a fórmula AuTe2, de masa molecular 452,2 u e un contido de 56,44% de telurio e un 43,56% de ouro. Preséntase con estrutura cristalina monoclínica, opaca, fractura concoidal, con dureza entre 2,5 e 3,0. É un dos poucos compostos dos que pode obterse ouro e telurio.
Foi descuberto por primeira vez no condado de Calaveras, no estado norteamericano de California, en 1861, de aí o seu nome. A cor pode variar desde un branco prateado a un amarelo lácteo. O principal mineral asociado é a silvanita. As principais reservas deste mineral atópanse nos Estados Unidos (Colorado e California), Romanía (Nagyag), Canadá (Ontario e Quebec) e en Australia (Kalgoorlie).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calaverita |
- Calaverita, mindat.org.
- Calaverita, webmineral.com.
- Manual de calaverita, Mineral Data Publishing.