Saltar ao contido

Calandra de Dupont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calandra de Dupont
 Nome taxon
    Chersophilus duponti Louis Pierre Vieillot 1824 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinonimia
  • Alauda Duponti
 Conservación
Especie vulnerable
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaAlaudidae
XéneroChersophilus
EspecieChersophilus duponti Editar o valor en Wikidata
(Vieillot, 1824) Chersophilus duponti Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   3,59 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   12 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/040t61 Editar o valor en Wikidata
ITIS559186 Editar o valor en Wikidata
OTT876889 Editar o valor en Wikidata
UICN22717380 Editar o valor en Wikidata
CoL5XQQH Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A calandra de Dupont[1] (Chersophilus duponti) é unh especie de calandra d familia dos aláudidos clasificada no xénero monotípico Chersophilus. Vive no norte de África e España.

Taxonomía e sistemática

[editar | editar a fonte]

A calandra de Dupont describiuna orixinalmente Louis Pierre Vieillot en 1820 e situouna no xénero Alauda.[2][3] Foi nomeada polo naturalista francés Léonard Puech Dupont, que recollera a especie e mostráralla a Vieillot.[4]

Subspecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies:[5]

  • C. d. duponti - (Vieillot, 1824): atopada no sur de España, norte de Marrocos, norte de Alxeria e norte de Tunisia.
  • C. d. margaritae - (Koenig, AF, 1888): orixinalmente descrita como especie separada no xénero Alaemon. Vive en Alxeria central ata o oeste de Exipto.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Como moitas outras calandras, a calandra de Dupont é unha especie difícil de distinguir no chan. Ten 17–18 cm de longo, é delgada cun pescozo longo, patas longas e un bico fino lixeiramente curvado. Ten unha banda na coroa clara delgada e un peito con liñas escuras. A C. d. duponti de Europa e noroeste de África é principalmente gris amarronada na parte superior e clara na inferior. A C. d. margaritae, que ocupa a maior parte do resto da súa área en África, ten partes superiores marróns avermelladas.

Vocalizacións

[editar | editar a fonte]

A súa canción é unha frase asubiada melancólica aguda repetida, moi ventrilocua (difícil de localizar) e un asubío nasal que fai principalmente ao amencer e solpor ou de noite.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Reprodúcese en gran parte do norte de África, desde Alxeria a Exipto, e en España e Francia.[6] É unha ave residente non migratoria. É unha especie que adoita habitar en áreas de mato ou chaparral.[7] Porén, esá experimentando un decrecemento anual da súa poboación do 3,9 % en España cunha diminución do 32,8 % de 2008 a 2018, o que cambiou o seu status de conservación de vulnerable a nivel nacional a en perigo nas rexións de Andalucía e Castela e León.[8]

Comportamento e ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Chersophilus duponti duponti

É unha ave de áreas abertas areosas semidesertas ou estepas con algo de herba. É unha especie moi tímida que corre a agocharse cando a molestan. É difícil de ver cando corre entre a vexetación pero ás veces emite as súas cancións, de pé sobre un arbusto baixo. Aliméntanse de sementes e insectos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Fan o niño no chan, no que poñen de tres a catro ovos.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Vieillot, Louis Pierre (1820) Faune française, ou Histoire naturelle, générale et particulière des animaux qui se trouvent en France, constamment ou passagèrement, à la surface du sol, dans les eaux qui le baignent, et dans le lit, pages 173-174 (en francés)
  3. "Chersophilus duponti - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 2016-12-16.
  4. Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2014). The Eponym Dictionary of Birds. New York, NY, USA: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4729-0574-1.
  5. "IOC World Bird List 6.4". IOC World Bird List Datasets. doi:10.14344/ioc.ml.6.4.
  6. BirdLife International (2020). "Chersophilus duponti" 2020: e.T22717380A173711498. doi:10.2305/IUCN.UK.2020-3.RLTS.T22717380A173711498.en.
  7. García Antón, Alexander; Garza, Vicente; Hernández Justribó, Jorge; Traba, Juan (2019-02-15). Arlettaz, Raphaël, ed. "Factors affecting Dupont´s lark distribution and range regression in Spain". PLOS ONE 14 (2): e0211549. Bibcode:2019PLoSO..1411549G. ISSN 1932-6203. PMC 6377091. PMID 30768612. doi:10.1371/journal.pone.0211549.
  8. Gómez-Catasús, Julia; Pérez-Granados, Cristian; Barrero, Adrián; Bota, Gerard; Giralt, David; López-Iborra, Germán M.; Serrano, David; Traba, Juan (2018-09-19). "European population trends and current conservation status of an endangered steppe-bird species: the Dupont's lark Chersophilus duponti". PeerJ 6: e5627. ISSN 2167-8359. PMC 6151120. PMID 30258721. doi:10.7717/peerj.5627.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]