Calanches de Piana
Calanques de Piana | |
---|---|
![]() Calanques de Piana | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Corsica |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, VIII, X |
Inscrición | 1983 (7ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 258 |
As Calanches de Piana (corso: calanchi di Piana ou calanche di Piana) son barrancos de paredes rochosas na costa de Piana en Corsica, entre Ajaccio e Calvi, no Golfo de Porto. Forman parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO que inclúe outros sitios do Golfo de Porto, debido á súa beleza, a súa rica biodiversidade mariña e o seu único maquis.[1] Os cantils irregulares están feitos de ocre.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Xeoloxía[editar | editar a fonte]
As calanches son unha formación xeolóxica de rochas plutónicas que forman parte do conxunto denominado "Crystalline Corsica" en rochas magmáticas, ao oeste da liña que parte de Calvi e chega a Solenzara. A tradución de calanche como regato que aparece nalgún escritos é incorrento.
Relevo[editar | editar a fonte]
As calanches teñen a forma dunha pequena serra en forma de "V" que apunta cara á dereita nas Roches Bleues, que comeza ao norte sobre o barranco do Dardo situado na costa sur do Golfo de Porto e remata no sur na ponte de Cavallaghju. A cima sitúase en 698 m.. No medio hai unha rocha, dominada Capu Ghineparu (515 m.).
As calanches son atravesadas polo regato de Dardo[2] (Piazza Moninca río arriba) nace baixo o Capu di u Vitullu (1.311 m.). As súas augas servían antigamente para alimentar un muíño nun lugar chamado U Mulinu augas abaixo da ponte de Cavallaghiu.
Varios[editar | editar a fonte]
O 25 de novembro de 2021, unha pedra de 150 toneladas caeu do cantil e rachou unha estrada. O derrube non causou vítimas, pero con todo bloqueou o tráfico rodado e non se descarta o risco doutra caída.[3]
Acceso[editar | editar a fonte]
É imposible acceder ao mar dende a estrada ás calanches de Piana.
Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]
Co Golfo de Porto, o Golfo de Girolata e a Reserva natural de Scandola máis ao norte, as calanche de Piana figuran dende 1983 na Lista do Patrimonio Mundial.
-
Gorges du Dardo
-
Rocha chamada os amantes das calanques
-
Rocha chamada o castelo fortificado
-
O Bispo ou O Pai
-
-
A RD 81 atravesando as Calanques
-
-
Pista para mulas
-
-
-
-
-
As Calanches atravesadas pola estrada D81
-
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ "Gulf of Porto: Calanche of Piana, Gulf of Girolata, Scandola Reserve". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 16 de outubro de 2021.
- ↑ Modelo:Sandre.
- ↑ https://video.lefigaro.fr/figaro/video/en-corse-un-rocher-de-150-tonnes-tombe-et-fissure-une-route/
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calanches de Piana ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial
- UNESCO World Heritage Centre, Gulf of Porto: Calanche of Piana, Gulf of Girolata, Scandola Reserve