CatalunyaCaixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo da entidade

CatalunyaCaixa, nome comercial da Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa, foi unha caixa de aforros catalá xurdida en 2010 tras a fusión de Caixa Catalunya, Caixa Manresa e Caixa Tarragona.

En 2011, dentro do proceso de Reestruturación do sistema financeiro en España, CatalunyaCaixa creou un banco propio, chamado Catalunya Banc, no que transferiu o seu negocio financeiro, a súa carteira de clientes e a súa rede de oficinas. Para minimizar o impacto comercial do cambio nos clientes, Catalunya Banc decidiu seguir usando como insignia comercial na súa rede de oficinas e nas comunicacións cos seus clientes a marca "CatalunyaCaixa".

O 17 de decembro de 2012, o FROB nacionalizou o 100% de Catalunya Banc, polo que a Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa perdeu o control sobre o seu banco. Posteriormente o banco foi poxado e adxudicado a BBVA. O 28 de decembro de 2012, para poder manter a obra social, a que era caixa de aforros transformouse nunha fundación especial baixo o protectorado da Generalitat de Cataluña, a Fundació Catalunya-La Pedrera, con sede na Casa Milà.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nace a Fundació Catalunya-La Pedrera". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 09 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]