Saltar ao contido

Caixa Geral de Depósitos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caixa Geral de Depósitos
 Forma xurídica
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Fundador/a
 Membro de
Actividade
Datas
 Fundación / creación
1876 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF134371602 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122886728 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/08pc4q Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: caixageraldedepositos Twitter: CaixaTweetsYou Instagram: caixageraldedepositos LinkedIn: caixageraldedepositos Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Sede de Lisboa.

A Caixa Geral de Depósitos é un banco público portugués, fundado en Lisboa en 1876.

Foi fundada en 1876 como un banco estatal cuxas funcións principais eran a recepción de depósitos e a xestión da divisa pública. Posteriormente a súa actividade ampliouse a banco de investimento e popular.

En 1988 constitúese o grupo CGD coas participacións maioritarias no Banco Nacional Ultramarino (BNU) e a Fidelidade, empresas estatais que foran transformadas en sociedades de capital exclusivamente público.

En 1993 cambia a súa razón social a CGD, SA cando se transforma en sociedade de capital exclusivamente público, asumindo a operativa dun banco universal.

Posteriormente o Grupo realizou compras de entidades bancarias a nivel internacional: en España (Banco Luso Español, Banco de Estremadura e Banco Simeón, fusionando estas tres entidades no Banco Caixa Geral), en Suráfrica (Mercantile Lisbon Bank Holdings), en Mozambique (Banco Comercial de Investimento), Cabo Verde (Banco Interatlântico, SARL e Banco Comercial do Atlântico) e en Estados Unidos (Crown Bank).

En 2000 iniciou o proceso de integración das estruturas comerciais e centrais de CGD e de BNU, que culmina en 2001 coa fusión por absorción do BNU na CGD, desaparecendo este como marca excepto en Macau, onde o BNU continua como banco universal, emisor de moeda e axente do Tesouro. Ese mesmo ano o banco iniciou a estruturación das súas participacións financeiras por áreas de negocio mediante a creación de holdings sectoriais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]