Caio Octavio Lenas
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século I a. C. |
| Curator aquarum | |
| 34 – 38 | |
| Cónsul sufecto | |
| xullo de 33 – decembro de 33 | |
| Senador romano | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Alto Imperio Romano |
| Familia | |
| Familia | Octavios Lenas |
| Cónxuxe | Rubelia Basa |
| Fillos | Lucio Octavio Lenas |
| Pais | Octavio Lenas |
| Irmáns | Octavia Serxia Plautilla Octavia Serxia Plotilla |
Caio Octavio Lenas ou Gaio Octavio Laenas (en latín: Gaius Octavius Laenas) nado cara o 15 a. C. foi un político e senador romano. A través de diferentes matrimonios tivo parentesco cos emperadores Tiberio e Nerva.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era un Homo novus[1] procedente da cidade mársica de Marruvium.[2][3]
Antecedentes familiares
[editar | editar a fonte]Segundo Ronald Syme, Octavio Lenas tivo importancia por razóns xenealóxicas. Era fillo doutro Octavio Laenas,[3][4] quizais o quattuorvir quinquennalis do municipio de Marruvium, Marco Octavio Lenas Curtiano, que apenas aparece documentado, e Serxia da que "se presumía que era filla do patricio Lucio Serxio Plauto",[1] que está documentado como membro dos Salii Palatini[5] (e quizais tamén como praetor peregrinus en 2,[6] aínda que é máis probable que fose un irmán de Serxia, fillo de Plauto).[1]
A unión matrimonial coa antiga gens Serxia trouxo aos Octavios Lenas unha influencia que resultaría importante:[1] unha irmá de Serxia co mesmo nome casou con Caio Rubelio Blando, procónsul de Creta e Cirene baixo Augusto,[1][7] de quen tivo a un fillo co mesmo nome, Caio Rubelio Blando, cónsul sufecto no ano 18 e marido da sobriña de Tiberio, Xulia Livia, e probablemente Lucio Rubelio Xemino, cónsul ordinario no ano 29 (se non, pódese pensar que era fillo dun irmán do cónsul do ano 18).[1]
Casamento e descendentes
[editar | editar a fonte]Caio Octavio Lenas tivo, polo menos, dous fillos cunha esposa descoñecida[1] (aínda que, en ocasións, aparece denominada como Rubelia Basa),[8] con quen tivo dous fillos: Serxia Plautilla,[9] que casou co fillo do suicida Nerva, de quen tivo o futuro emperador Nerva que era, polo tanto, neto de Lenas;[1][10] e Lucio Octavio Lenas, marido de Rubelia Basa, filla probablemente do seu primo Caio Rubelio Blando, cónsul sufecto no ano 18, e Xulia Livia, neta do emperador Tiberio, o que emparentou a Caio Octavio Lenas coa Dinastía Xulio-Claudia gobernante. Serxio Octavio Lenas Ponciano, cónsul no ano 131,[11] foi neto de Caio Octavio Lenas e Rubelia Basa.[1][12]
Cargos
[editar | editar a fonte]Coñécese pouco da súa carreira. O primeiro cargo documentado foi o nomeamento como cónsul sufecto de xullo a decembro do ano 33 cando, xunto con Lucio Salvio Otón, substituíron a Lucio Livio Ocella (Servio) Sulpicio Galba e Lucio Cornelio Sila Félix.[13] A seguir, entre o 34 e o 38 foi curator aquarum,[11][14] ou supervisor dos acuedutos e o abastecemento de auga de Roma, cargo no que substituíu a Marco Coceio Nerva,[15] amigo de Tiberio, tras suicidarse por inanición durante o consulado de Octavio Lenas.[16][17] Frontino afirma que o mandato de Lenas durou dende o ano 34 ata o 38, cando foi substituído por Marco Porcio Catón, cónsul sufecto do ano 36;[15] polo que semella probable que Lenas morrese a finais do ano 37,[18] aínda que non se coñece con exactitude.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Syme 1988, pp. 181-183
- ↑ Torelli 1982, p. 192
- 1 2 PIR2 O 43 (Wachtel)
- ↑ "Epigraphik Datenbank. CIL 09, 03688". db.edcs.eu (en latín). Consultado o 2025-12-02.
- ↑ "Epigraphik Datenbank CIL II, 1406". db.edcs.eu (en latín). Consultado o 2025-12-02.
- ↑ AE 1987, 163
- ↑ Weidemann (1964), p. 67
- ↑ PIR vol. III (1897), p. 137 ("86 RVBELLIA BASSA Blandi ")
- ↑ PIR vol. III (1897), p. 223 ("384 SERGIA PLAVTILLA")
- ↑ "Epigraphik Datenbank. CIL 06, 31297". db.edcs.eu (en latín). Consultado o 2025-12-04.
- 1 2 Smith (1870), p. 10
- ↑ PIR vol. III (1897), p. 427 ("30 SERGIVS OCTAVIVS LAENAS PONTIANUS")
- ↑ Fasti Ostienses, frgm. Cd d (Vidman)
- ↑ PIR vol. II (1897), p. 427 ("29 C. OCTAVIVS")
- 1 2 Frontino, De Aquis, CII
- ↑ Tacito, Annales, VI, 26
- ↑ Dión Casio, Historia romana, LVIII, 21, 4.
- ↑ Rodgers (1982), p. 172
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ACADEMIAE SCIENTIARVM REGIAE BORVSSICAE (1897). Prosopographia Imperii Romani (PIR), vols. II (D-O) e III (P-Z) (en latín). Berolini: HERMANNVS DESSAV.
- Rodgers, R. H. (1982). Department of the Classics, Harvard University, ed. "Curatores aquarum". Harvard Studies in Classical Philology (en inglés) 86: 171–180. ISSN 0073-0688. JSTOR 311193. doi:10.2307/311193.
- Smith, William, ed. (1870). "13. C. Octavius". Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (vol. III: Nyx-Z) (en inglés). Boston: Little, Brown and Company.
- Syme, Ronald (1988). Birley, Anthony R., ed. Roman Papers (vol. IV) (en inglés). Oxford: Clarendon Press. ISBN 9780198148739.
- Torelli, M. (1982). Epigrafia e ordine senatorio II (en italiano). Roma.
- Weidemann, U. (1964). Classical Association of South Africa, ed. "Eine Bemerkung zu C. Rubellius Blandus, cos. suff. 18, und dessen Vater". Acta Classica (en alemán) 7: 64–69. ISSN 0065-1141. JSTOR 24591225.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Cneo Domicio Enobarbo e Lucio Arruncio Camilo Escriboniano con Aulo Vitelio (suff.) |
Cónsul do Imperio romano |
Sucesor: Paulo Fabio Pérsico e Lucio Vitelio I con Quinto Marcio Barea Sorano (suff.) |