Caio Octavio (tribuno militar)
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Roma Antiga
|
| Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
| Tribuno militar | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | militar, político |
| Período | Media República Romana |
| Familia | |
| Cónxuxe | valor descoñecido |
| Fillos | Caio Octavio (tribuno militar) |
| Pais | Caio Octavio (cabaleiro) |
| Descrito pola fonte | Реальный словарь классических древностей по Любкеру |
Caio Octavio ou Gaio Octavio (en latín: Gaius Octavius) foi un oficial militar romano activo durante o século III a. C. Pertencía á gens Octavia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do ecuestre Caio Octavio e neto do cuestor Cneo Octavio Rufo, foi pai do funcionario municipal Caio Octavio e bisavó do emperador Augusto (reinado do 27 a. C. - 14). Cando Marco Antonio intentou expresar o seu desprezo por Augusto, afirmou que Caio Octavio fora un liberto e un cordeleiro (fabricante de cordas).[1]
Durante a Segunda Guerra Púnica, Caio Octavio serviu como tribuno militar e participou na desastrosa batalla de Cannas, sendo un dos poucos superviventes. Cando os cartaxineses estaban a atacar o campamento romano, Caio Octavio e o seu compañeiro tribuno Sempronio Tuditano conseguiron abrirse paso entre o inimigo[2] e chegaron san e salvo a Canusium. Tamén serviu en Sicilia baixo o mando do pretor Lucio Emilio Papo, mais descoñécese se participou noutras expedicións.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Broughton, T. R. S. (1951). The Magistrates of the Roman Republic (Vol I: 509 B.C.-100 B.C.) (en inglés). Nova York: American Philological Association.
- Smith, William, ed. (1870). "13. C. Octavius". Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (vol. III: Nyx-Z) (en inglés). Boston: Little, Brown and Company.