Álvaro de Cadaval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cadavalus Gravius»)
Infotaula de personaÁlvaro de Cadaval
Biografía
Nacemento1505 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Tui Editar o valor em Wikidata
Morte1575 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 32899
Álvaro de Cadaval, no frontis da Facultade de Xeografía e Historia de Compostela

Álvaro de Cadaval, tamén coñecido como Álvaro Cadaval Valladares de Soutomaior[1] (ou Sotomayor),[2] nado en Tui en 1505 e finado en Santiago de Compostela en 1575, foi un humanista galego, poeta, latinista e helenista. En ocasións asinaba os seus escritos tamén como Cadavalo Gravio. Ramón Otero Pedrayo considerouno o mellor representante do Renacemento en Galiza.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1542 e 1545 ocupou o cargo de primeiro catedrático de gramática da Universidade de Santiago de Compostela.[4] Non se saben os motivos polos que tivo que abandonar a cátedra, pero deixou escrito que fuxía de furibundos inimigos. En 1550 abriu unha escola de latín en Ourense, que mantivo activa de forma continuada entre 1559 e 1563.

En 1563 marchou a Portugal, protexido polo bispo de Porto Rodrigo Pinheiro e pola corte de Lisboa, no reinado de Sebastián I de Portugal. Mantivo unha escola en Viana do Castelo e estivo vinculado á Universidade de Coímbra. Ocasionalmente volvía a Santiago de Compostela, polo que está considerado como unha especie de embaixador literario entre Galicia e Portugal[5].

En 1565 foi acusado de herexía pola Inquisición de Lisboa, e logo duns meses preso foi liberado en 1566. En 1570 opositou por segunda vez na universidade compostelá, gañando a Cátedra de Medianos, que exerceu até 1573, cando se viu obrigado a abandonala por razóns de saúde[6].

Morreu bastante pobre. Consérvase un inventario testamentario dos seus bens feito o 7 de marzo de 1575, que inclúe Catorze cucharas de palo y una escobilla vieja. Un pedaço de una red de pescar. Iten una espada. Unos çapatos de nino, amais de varios libros, entre os que se encontraban textos de Ovidio, Platón, Tito Livio e Homero en latín e grego[7].

Obras[editar | editar a fonte]

Claustro do Pazo de Fonseca.

Inscrición[editar | editar a fonte]

No Pazo de Fonseca, actualmente ocupado polo reitorado da USC, hai unha inscrición epigráfica latina de 1544 asinada por el:

Carolo Caesare cum matre regnantibus Alfonsus Fonseca illustris antea Compostelanus demum vero Toletanus archipraesul ad decorem patriae et ut studiosi absque sumptu discere possent gimnasium hoc in avi materni aedibus extruere curavit. Morte vero praeventus Lupo Santio de Ulloa archidiacono rectori perficiendum ex b. testamento reliquit. Qui obiit pridie Nonas Februarii anno Domini millesimo quigentesimo trigesimo quarto, aetatis quidem suae sexagesimo.

Nunc magis atque magis Gallaecia fulget alumno
qui dedit hunc patriae tantum generosus honorem.
Sanctius ipse Lupus propia de stirpe creatus
ut Musis gratum faceret tenebrasque fugaret

omnibus hoc breviter complevit amabile munus
quo populus merito, proceres et concio tota
innumeras tanto grates pro lumine reddunt.
Cadaval hec[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Otero Pedrayo, Ramón (1982) [1933]. Ensaio histórico sobre a cultura galega. Galaxia. p. 190. 
  2. "Cadaval, Álvaro de, 1505-1575". Galiciana. 
  3. Guía de Galicia, Editorial Galaxia, 1980, pg. 286.
  4. Díaz y Díaz, Manuel Cecilio (1996): "Álvaro de Cadaval, primer latinista de la Universidade de Santiago: unas notas". Cuadernos de estudios Gallegos, Tomo XLIII, Nº 1808, pp. 346-347.
  5. Título do artigo de García-Oro. Citado en Ferran Grau Codina, La Universitat de València i l'humanisme, Universitat de València, 2003 ISBN 84-370-5544-X, pg. 741-742. Cita como fonte principal a Díaz y Díaz, op. cit.
  6. 6,0 6,1 Grau, op. cit.
  7. ... tuvo sus ínfulas de bien relacionado con la nobleza; parece que murió loco, bastante pobre. Manuel Díaz y Díaz, "Álvaro de Cadaval, primer latinista de la Universidad de Santiago", Cuadernos de estudios gallegos 43, n. 108 (1996), p. 323-359. Fonte citada en "Inscripción de Fonseca", artigo no blog Compostela.
  8. No reinado do César Carlos e a súa nai o ilustre Alonso de Fonseca, antes arcebispo compostelán e finalmente de Toledo, para honra da patria e para que os estudosos poidan aprender sen gastos, fixo por construír este colexio na finca do seu avó materno. Impedido pola súa morte, deixou no seu testamento ao reitor arquediano Lope Sánchez de Ulloa o encargo de acabalo. Morreu o 26 de febreiro de 1534, con sesenta anos. Agora máis e máis Galicia brilla co seu alumno
    que deu esta xenerosa honra á súa patria.
    Este Lope Sánchez, da súa propia estirpe,
    para facer un don grato ás musas e pór en fuga as tebras
    cumpriu para todos o amable encargo en breve tempo
    co que o pobo polo mérito, os próceres e toda a
    corporación dan grazas infinitas por tan gran luz.
    Isto é de Cadaval.