Saltar ao contido

Cabo Norte, Noruega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabo Norte, Noruega
 Nome orixinal
    Nordkapp (nn) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Propietario/a
Localización
 Situado en
 Nordkapp (pt) Traducir, Finnmark (pt) Traducir, Noruega Editar o valor en Wikidata
 Situado na entidade xeográfica
 Localización
 Bañado por
 Irmandado con
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Altitude
   307 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF315146119 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0342bt Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
O cabo Norte (en primeiro plano), co cabo Knivskjellodden ao fondo.

O cabo Norte (en noruegués Nordkapplatået) é un promontorio localizado na illa de Magerøya, no norte de Noruega, na comunidade de Nordkapp, no condado (fylke) de Finnmark.[1]

Caracterítsticas xeográficas

[editar | editar a fonte]
Mapa do N de Noruega. Arriba, no centro, a illa de Magerøya.

O seu acantilado, de 307 m de altura, está considerado con frecuencia como o punto máis setentrional de Europa.

Porén, o veciño cabo Knivskjellodden áchase uns 1 500 m máis ao norte.[2]

Ademais, ambos os puntos encóntranse na illa de Magerøya, o que significa que o punto máis setentrional da Europa continental é, en realidade, o cabo Nordkinn, na Nordkinnhalvøya (península de Nordkinn).[2][3]

Segundo a Organización Hidrográfica Internacional, o cabo Norte é o límite entre o mar de Noruega, ao oeste, e o mar Branco, ao leste, sendo por tanto tamén un dos límites usados para separar o océano Atlántico do océano Ártico.

A denominación cabo Norte foi cuñada polo explorador británico Richard Chancellor en 1553, cando superou o cabo na busca do Paso do Nordeste. Desde entón, recibiu frecuentes visitas de exploradores que subiron á meseta da illa de Magerøya escalando o acantilado. Algúns visitantes famosos foron o rei Óscar II de Suecia en 1873 e o rei Chulalongkorn de Tailandia en 1907.

En 1943, durante a segunda guerra mundial, a batalla de Cabo Norte desenvolveuse fronte a este cabo no océano Ártico.[4]

Hoxe en día o cabo Norte é unha importante atracción turística que inclúe un amplo centro turístico que alberga un gran número de exposicións sobre a historia do lugar.

  1. ↑ Stadnamn og rettskriving (Nomes e ortografía das cidades) Arquivado 01 de xullo de 2018 en Wayback Machine. (en noruegués).
  2. 1 2 Store norske leksikon. "Knivskjelodden" (en Norwegian). Consultado o 16 de agosto de 2019.
  3. ↑ "Slettnes fyr" (en Norwegian). Gamvik kommune. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2019.
  4. ↑ Busch, Fritz-Otto (1956). The Sinking of the Scharnhorst. Londres: Robert Hale, ltd. ISBN 0-86007-130-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]