Cabalo frisón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabalo frisón.

O cabalo frisón é unha raza de cabalos de cor negra orixinaria de Frisia. É un animal de temperamento dócil e fisicamente bastante robusto. Foi creado principalmente en Frisia, no litoral norte dos Países Baixos, de onde se orixina o seu nome.

É difícil datar a orixe do cabalo frisón con precisión. É certo que o cabalo era famoso na Idade Media pois aparece en traballos de arte daquel período. No século XVII foi empregado para traballos de carga. Debido ó seu espléndido trote, o frisón foi tamén usado posteriormente para traballos leves. Isto, infelizmente, limitou o seu uso en agricultura e conduciu ó declive do número de animais a comezos do século XX. Case foi levado á extinción durante a Segunda Guerra Mundial pois era moi empregado para tirar dos canóns, quedando tan só cinco garañóns e algunhas éguas trala guerra. Unha procreación sistemática restabeleceu a calidade da raza e os seus números son crecentes.

Mide entre 1,65 m e 1,75 m de altura. Salienta por ser un excelente animal de tiro, aínda que tamén é utilizado como animal de sela. É un animal doado de manter dende o punto de vista económico, e é moi dócil.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "History of the Friesian Horse" Friesian Horse Society Web page accessed September 1, 2008
  • P. de Boer, S. Minkema and A.M. Teekens. Judging of the Friesian Horse.