CX 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CX 1-01»)

CX-1 (Chuang Xin 1, Innovación 1) é unha familia de satélites artificiais da China adicados ás comunicacións na modalidade "gardar e enviar": o satélite recibe información dunha estación, que garda e envía a unha segunda estación cando está ao seu alcance. Foron desenvolvidos pola Academia China de Ciencias, a Academia de Tecnoloxía Espacial de Shangai e Shanghai Telecomm.[1][2]

Lanzáronse un total de catro unidades, denominadas CX 1-01, CX 1-02, CX 1-03 e CX 1-04, en 2003, 2008, 2011 e 2014 respectivamente, usando foguetes CZ-4B e CZ-2D. Trátase de pequenos satélites, de menos de 100 kg de masa, comezados a ser desenvolvidos en 1999 e que serven como demostradores para comunicacións nos campos do transporte, a protección da contorna, o transporte de petróleo e gas, o control de inundacións, a detección de lumes forestais e a monitorización de terremotos.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CX 1" (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Mark Wade (2019). "CX-1" (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]