City University of New York

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CUNY»)
City University of New York
Datos xerais
Fundación1961 (fusión)
Datos actuais
Alumnosmáis de 450.000
Datos de contacto
Facebook: CUNYedu Twitter: cuny LinkedIn: city-university-of-new-york Youtube: UC9t20Xexjtp5FbbIF3vVAZw Flickr: 181977648@N07 Dialnet: 1439529 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A City University of New York (CUNY ; acrónimo pronunciado /ˈkjuːni/, do seu nome oficial en inglés, City University of New York) é un consorcio de 11 universidades, seis 'colexios comunitarios', unha escola de posgrao que concede doutoramento, unha escola de Xornalismo e unha facultade de Dereito.

Máis de 450.000 estudantes adultos están matriculados en campus situados nos cinco distritos de Nova York.

CUNY é o terceiro consorcio universitario máis grande dos Estados Unidos por número de estudantes, só superado polos sistemas da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) e da Universidade Estatal de California (Cal State). CUNY e SUNY son sistemas universitarios separados e independentes, aínda que ambas son institucións públicas que reciben financiamento do Estado de Nova York; con todo, CUNY está financiado adicionalmente pola cidade de Nova York.

Historia[editar | editar a fonte]

CUNY creouse en 1961 fusionando o sistema municipal de universidades de Nova York e engadindo unha nova escola de posgrao. As institucións municipais que se fusionaron foron:

  • The Free Academy, fundada en 1847 por Townsend Harris, e que se converteu no City College of New York .
  • The Female Normal and High School, fundada en 1870, máis tarde renomeada como Normal College primeiro e Hunter College en 1914. Hunter College expandiuse ao Bronx cun campus que máis tarde se independizou como Lehman College.
  • Brooklyn College, fundado en 1930.
  • Queen's College, fundado en 1937.

Os inicios de CUNY datan da formación da Academia Libre (TFA) en 1847 por Townsend Harris. A institución formouse como "unha Academia Libre co propósito de estender os beneficios da educación gratuíta ás persoas que foran alumnos das escolas comúns da cidade e do condado de Nova York". A Free Academy converteuse máis tarde no City College of New York, a institución máis antiga entre as que compoñen CUNY. Desde entón, pasou a ser sete colexios, catro escolas híbridas, seis colexios comunitarios, así como escolas de posgrao e programas profesionais.

CUNY atendeu historicamente a un corpo diverso de estudantes, especialmente aqueles que están excluídos ou non poden pagar as universidades privadas. CUNY proporcionou unha educación gratuíta para os pobres, a clase traballadora e os inmigrantes da cidade de Nova York até 1975, cando a crise fiscal da cidade obrigou a impoñer unha taxa de matrícula. Moitos académicos e intelectuais xudeus estudaron e ensinaron na CUNY na era posterior á Segunda guerra gundial, cando as universidades da Ivy League, como a Universidade de Yale, discriminaban aos xudeus.[1] CUNY tivo a reputación de ser "o Harvard do proletariado".[2] [3]

Ao longo da súa historia, CUNY e os seus colexios, especialmente o City College of New York (CCNY), estiveron implicados en varios movementos políticos. Foi coñecido como un fervedoiro de apoio socialista no século XX.[4] CUNY apoiou varias conferencias, como a Conference of Socialist Scholars.[5]

A tradición de diversidade de CUNY continúa hoxe, cunha grande proporción do seu alumnado formada por novos inmigrantes á cidade de Nova York procedentes de 171 países.[6]

Edificios[editar | editar a fonte]

  • CUNY School of Medicine, Facultade de Medicina.

Unidades académicas de CUNY[editar | editar a fonte]

Nome Distrito[7] Fundación[8] Tipo N.º de estudantes[9] Homes %[10] Mulleres %[10] Sitio Web Notas
Baruch College Manhattan 1968 Sénior 16.097 48% 52% [11]
Bronx Community College Bronx 1957 Júnior 9.003 38% 62% [12]
Brooklyn College Brooklyn 1930 Sénior 16.087 37% 63% [13]
College of Staten Island Staten Island 1976 Sénior 12,517 39% 61% [14] Resultado da fusión do Richmond College (1965) e o Staten Island Community College (1955).
New York City College of Technology Brooklyn 1946 Sénior 13.502 51% 49% [15]
CUNY Graduate Center Manhattan 1961 posgrao 4.543 43% 57% [16]
CUNY Graduate School of Journalism Manhattan 2006 posgrao 99 38% 62% [17]
Hostos Community College Bronx 1968 Júnior 5,112 29% 71% [18]
Hunter College Manhattan 1870 Sénior 20.845 30% 70% [19]
John Jay College of Criminal Justice Manhattan 1964 Sénior 14.841 40% 60% [20] Orixinalmente, coñecido como College of Police Science.
Kingsborough Community College Brooklyn 1963 Júnior 14.962 42% 58% [21]
La Guardia Community College Queens 1971 Júnior 15.169 38% 62% [22]
Lehman College Bronx 1968 Sénior 10,922 28% 72% [23] Previamente, rama do Hunter College no Bronx.
William E. Macaulay Honors College Manhattan 2001 Sénior 1.300 · · [24]
Manhattan Community College Manhattan 1963 Júnior 19.259 40% 60% [25]
Medgar Evers College Brooklyn 1969 Sénior 5.550 25% 75% [26]
Queens College Queens 1937 Sénior 18.728 37% 63% [27]
Queensborough Community College Queens 1958 Júnior 13.359 43% 57% [28] Transferida a CUNY do sistema SUNY en 1965.
Escola Sophie Davis de Educación Biomédica Manhattan 1973 posgrao 425 · · [29]
Escola de Leis da Universidade da Cidade de Nova York Queens 1983 posgrao 420 35% 65% [30]
Escola CUNY de Estudos profesionais Manhattan 2003 posgrao 826 29% 71% [31]
Escola CUNY de Saúde Pública Manhattan 2008 posgrao · · · [32]
City College of New York Manhattan 1847 Sénior 14.392 48% 52% [33]
York College Queens 1966 Sénior 6.727 33% 67% [34]

Exalumnos destacados[editar | editar a fonte]

CUNY conta con exalumnos prominentes nos máis diversos campos, desde a política á medicina[35], entre eles Colin Powell, ex Secretario de Estado; Jonas Salk, inventor da primeira vacina contra a poliomielite; Ralph Lauren, deseñador de moda; Jennifer Lopez, cantante e actriz de orixe portorriqueña; Tarkan, cantante turco; Bella Abzug, avogada e política estadounidense; Ruby Dee, actriz e activista pro dereitos civís; Audre Lorde (Hunter College, 1959), poeta e activista lesbiana afroamericana; Barbara Boxer, pacifista, ecoloxista e senadora demócrata por California; Gata Kamski, MI de xadrez, Frank McCourt, novelista, autor de Angela's ashes e gañador do Pulitzer; Paul Mazursky, guionista, produtor e actor, F. Murray Abraham, actor gañador dun Oscar; Chantal Akerman, director de cine; Hannah Arendt, filósofa; J. Patrice McSherry profesora universitaria e investigadora da operación Cóndor, Allen Ginsberg, poeta da xeración beat, Bell hooks, escritora e crítica; Paul Krugman, economista; Audre Lorde, poeta e activista; Adrienne Rich, poeta e activista; Abraham Maslow, psicólogo humanista; Stanley Milgram, psicólogo social; Itzhak Perlman, violinista; Mark Rothko, pintor expresionista; Eve Kosofsky Sedgwick, crítica literaria.

Premios Nobel[editar | editar a fonte]

Até 2008, houbo 12 premios Nobel afiliados á City University de Nova York. CUNY considera que calquera laureado que asistiu a unha das súas facultades superiores é un laureado afiliado.[36] Arthur Kornberg, graduado en 1937, foi o primeiro laureado CUNY ao gañar o Premio Nobel de Medicina en 1959.[36] Herbert A. Hauptman e Jerome Karle, ambos graduados do City College en 1937 xunto con Kornberg, gañaron en conxunto o Premio Nobel de Química en 1985, sendo os únicos en facelo dese xeito.[36] Cinco galardoados de CUNY gañaron o Premio Nobel de Medicina, máis que en calquera outra categoría.[37] Nove graduáronse no City College; dúas delas, Rosalyn Yalow e Gertrude Belle Elion, no Hunter College; e un, Stanley Cohen, no Brooklyn College en 1943. Elie Wiesel, sobrevivente dos campos de concentración nazis, novelista e activista vinculado á CUNY tamén foi gañador do Nobel da Paz.

Ano Imaxe Laureado Relación Categoría Motivo
1959 Arthur Kornberg

(compartido con Severo Ochoa)
City College of New York, clase de 1937 Fisioloxía ou Medicina "polo seu descubrimento dos mecanismos na síntese biolóxica do ácido ribonucleico e do ácido desoxirribonucleico"[36]
1961 Robert Hofstadter

(compartido con Rudolf Ludwig Mößbauer)
City College of New York, clase de 1935 Física "polos seus estudos pioneros sobre a dispersión do electrón nos núcleos atómicos e polos seus descubrimentos relativos á estrutura dos nucleóns"[38]
1970 Julius Axelrod

(compartido con Bernard Katz e Ulf von Euler)
City College of New York, clase de 1933 Fisioloxía ou Medicina "polos seus descubrimentos concernentes ás transmisións químicas nas terminacións nerviosas e o mecanismo de almacenaxe, liberación e inactivación destes neurotransmisores"[39]
1972 Kenneth Arrow

(compartido con John Hicks)
City College of New York, clase de 1940 Economía "polas súas contribucións pioneiras á Teoría do equilibrio xeral e á Teoría do Estado de benestar."[40]
1977 Rosalyn Yalow
(compartido con Roger Guillemin e Andrew Victor Schally)
Hunter College, clase de 1941 Fisioloxía ou Medicina "polo desenvolvemento de radioinmunoensaios de hormonas péptídicas"[41]
1978 Arno Allan Penzias
(compartido con Piotr Kapitsa e Robert Woodrow Wilson)
City College of New York, clase de 1954 Física
1985 Herbert A. Hauptman
(compartido con Jerome Karle)
City College of New York, clase de 1937 Química "polos seus logros en desenvolver métodos directos para a determinación de estruturas cristalinas"[42]
1985 Jerome Karle

(compartido con Herbert A. Hauptman)
City College of New York, clase de 1937 Química "polos seus logros en desenvolver métodos directos para a determinación de estruturas cristalinas"[42]
1986 Stanley Cohen

(compartido con Christiane Nüsslein-Volhard)
Brooklyn College, clase de 1943 Fisioloxía ou Medicina "polos seus descubrimientos de factores de crecemento"[43]
1988 Gertrude Belle Elion

(compartido con James W. Black e George H. Hitchings)
Hunter College, clase de 1937 Fisioloxía ou Medicina "polos seus descubrimentos de importantes principios para tratamentos con fármacos"[44]
1988 Leon Max Lederman

(compartido con Melvin Schwartz e Jack Steinberger)
City College of New York, clase de 1943 Física "polo método de detección dos neutrinos e a demostración da doble estrutura dos leptóns por medio do descubrimento do neutrino muon"[45]
2005 Robert J. Aumann

(compartido con Thomas Schelling)
City College of New York, clase de 1950 Economía "ter ampliado a nosa comprensión de conflito e cooperación a través da análise da teoría de xogos"[46]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase, p. ex., A., Dan (1985). Joining the Club: A History of Jews at Yale (en inglés). New Haven: Yale University Press. ISBN 0-300-03330-3. 
  2. Leveling the Playing Field: Justice, Politics, and College Admissions (en inglés). 
  3. Traub, James (1994). City on a hill : testing the American dream at City College. Reading, Mass. : Addison-Wesley Pub. Co. ISBN 978-0-201-62227-0. 
  4. Gettleman, Marvin (mayo de 1994). "When the Old Left Was Young: Student Radicals and America's First Mass Student Movement, 1929-1941. (book reviews)". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2007. Consultado o 10 de mayo de 2009. 
  5. Cf. notas do reitor de CUNY Murphy aos líderes da Conferencia de académicos socialistas, "Memo de Bogdan Denitch a Joseph S. Murphy, reitor de CUNY na década de 1980" (en inglés). 1986. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2009. Consultado o 10 de maio de 2009. 
  6. "About CUNY". www1.cuny.edu. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2007. Consultado o 21 de xullo de 2022. 
  7. "Institution Lookup". Carnegie Classification of Institutions of Higher Education. 2004. Consultado o 5 de abril de 2009. 
  8. "Historia de CUNY". CUNY. Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2009. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  9. CUNY Office of Institutional Research and Assessment (7 de marzo de 2008). "Número total de estudiantes de pregrado y posgrao, asistencia y universidad (otoño de 2007)" (PDF). CUNY Data Book. CUNY. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2010. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  10. 10,0 10,1 CUNY Office of Institutional Research and Assessment (7 de marzo de 2008). "Número total de estudiantes de pregrado y posgrao, asistencia y universidad (otoño de 2007)" (PDF). CUNY Data Book. CUNY. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2010. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  11. "Baruch College". Baruch College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  12. "Bronx Community College". Bronx Community College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  13. "Brooklyn College". Brooklyn College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  14. "College of Staten Island". College of Staten Island. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  15. "New York City College of Technology". New York City College of Technology. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  16. "Centro de graduados de CUNY". Centro de graduados de CUNY. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  17. "Escola CUNY de posgrao de Periodismo". Escola CUNY de posgrao de Periodismo. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  18. "Hostos Community College". Hostos Community College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  19. "Hunter College". Hunter College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  20. "John Jay College of Criminal Justice". John Jay College of Criminal Justice. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  21. "Kingsborough Community College". Kingsborough Community College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  22. "La Guardia Community College". La Guardia Community College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  23. "Lehman College". Lehman College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  24. "William E. Macaulay Honors College". William E. Macaulay Honors College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  25. "Manhattan Community College". Manhattan Community College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  26. "Medgar Evers College". Medgar Evers College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  27. "Queens College". Queens College. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 1997. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  28. "Queensborough Community College". Queensborough Community College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  29. "Escola Sophie Davis de Educación Biomédica". Escola Sophie Davis de Educación Biomédica. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2013. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  30. "Escola de Leis da Universidade da Cidade de Nova York". Escola de Leis da Universidade da Cidade de Nueva York. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  31. "Escola CUNY de Estudos profesionais". Escola CUNY de Estudios profesionales. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  32. "Escola CUNY de Salud Pública". Escola CUNY de Salud Pública. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2008. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  33. "City College of New York". The City College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  34. "York College". York College. Consultado o 6 de abril de 2009. 
  35. "Alummni de CUNY". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de maio de 2009. 
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1959". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  37. "CUNY Nobel Laureates". City University of New York. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  38. "The Nobel Prize in Physics 1961". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  39. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1970". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  40. "The Sveriges Riksbank Prize in Economic Sciences in Memory of Alfred Nobel 1972". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  41. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1977". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  42. 42,0 42,1 "The Nobel Prize in Chemistry 1985". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  43. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1986". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  44. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1988". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  45. "The Nobel Prize in Physics 1988". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  46. "The Sveriges Riksbank Prize in Economic Sciences in Memory of Alfred Nobel 2005". Fundación Nobel. Consultado o 18 de outubro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]