Chemical Release Observation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CRO C»)

Chemical Release Observation ou CRO foi unha serie de satélites militares Estados Unidos para o estudo do comportamento de varias substancias químicas no espazo.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os tres satélites CRO foron liberados desde a bodega de carga do transbordados espacial Discovery durante a misión STS-39 en abril de 1991. Cada un liberou un composto químico distinto: CRO A soltou 27,2 kg de monometilhidracina, CRO B 23,6 kg de UDMH e CRO C 6,8 kg de tetróxido de nitróxeno. Os tres compostos son usados na propulsión de foguetes e mísiles balísticos intercontinentais. A liberación dos compostos serían observados polo satélite IBSS-SPAS, tamén a bordo do transbordador Discovery, para caracterizar o comportamento destas substancias no espazo e mellorar os sistemas militares de detección de alerta temperá.[1][2]

Os tres satélites remataron reentrando na atmosfera o 13, 12 e 14 de maio de 1991, respectivamente.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2023). "CRO" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "CRO A, B, C" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]