CD21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CR2")
Modelo do CD21 ou CR2 (baseado no PDB 1ghq).

O CD21 (cluster de diferenciación 21) ou receptor do compoñente do complemento (3d/virus de Epstein Barr) 2 ou CR2 é unha proteína da superficie celular de certas células inmunes (fundamentalmente) que se une a certos compoñentes do sistema do complemento. Este receptor únese ao iC3b (derivado inactivo do C3b), C3dg, ou C3d do complemento.[1] As células B teñen receptores CR2 nas súas superficies, o que permite que o sistema de complemento xogue un papel na activación e maduración das células B.[2]

Pode encontrarse en linfocitos B maduros, linfocitos T, células do epitelio farínxeo, astrocitos e células dendríticas foliculares do bazo.[3]

Interaccións[editar | editar a fonte]

O CR2 nas células B maduras forma un complexo con outras dúas proteínas de membrana, o CD19 e o CD81(=TAPA-1). O complexo CR2-CD19-CD81 chámase a miúdo complexo correceptor de células B,[4] porque o CR2 se une a antíxenos por medio do C3d (ou iC3b ou C3dg) unidos cando a IgM de membrana se une ao antíxeno. Isto dá lugar a que a célula B desenvolvan unha resposta moi ampliada ao antíxeno.[1]

O receptor do complemento 2 interacciona con CD19.[5][6]

O virus de Epstein-Barr (EBV) únese ás células B no CR2 durante a infección destas células. Yefenof et al. (1976) encontraron un completo solapamento dos receptores do EBV e os receptores do compoñente do complemento 3 (C3) en células B humanas.[2][7][8]

Inmunohistoquímica[editar | editar a fonte]

Aínda que o CR2 está presente en todas as células B maduras e células dendríticas foliculares (FDCs), este só se fai aparente cando se realiza a inmunohistoquímica en preparacións obtidas por criosección. En mostras de tecidos convencionais embebidas en parafina, soamente as células dendríticas foliculares reteñen o patrón de tinguidura. Como resultado, o CR2, chamado máis comunmente CD21 no contexto de inmunohistoquímica, pode usarse para demostrar a presenza da rede de células dendríticas foliculares en tecidos linfoides.

Esta característica pode ser útil no exame de tecidos nos que o centro xerminal normal foi borrado por procesos de doenzas, como a infección do VIH. O patrón da rede de células dendríticas foliculares pode tamén ser alterado nalgunhas condicións neoplásticas, como os linfomas MALT de células B, linfomas de células do manto, e algúns linfomas de células T. A enfermidade de Castleman está tipificada pola presenza de células dendríticas foliculares, e esta e os tumores de células dendríticas foliculares malignos poden, por tanto, ser demostrados usando anticorpos CR2/CD21.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Frank K, Atkinson JP (2001). "Complement system." In Austen KF, Frank K, Atkinson JP, Cantor H. eds. Samter's Immunologic Diseases, 6th ed. Vol. 1, p. 281-298, Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins, ISBN 0-7817-2120-2.
  2. 2,0 2,1 "Entrez Gene: CR2 complement component (3d/Epstein Barr virus) receptor 2". 
  3. UniProt CR2 HUMAN
  4. Abbas AK, Lichtman AH (2003). Cellular and Molecular Immunology, 5th ed. Philadelphia: Saunders, ISBN 0-7216-0008-5
  5. Bradbury, L E; Kansas G S, Levy S, Evans R L, Tedder T F (1992). "The CD19/CD21 signal transducing complex of human B lymphocytes includes the target of antiproliferative antibody-1 and Leu-13 molecules". J. Immunol. (UNITED STATES) 149 (9): 2841–50. ISSN 0022-1767. PMID 1383329. 
  6. Horváth, G; Serru V, Clay D, Billard M, Boucheix C, Rubinstein E (1998). "CD19 is linked to the integrin-associated tetraspans CD9, CD81, and CD82". J. Biol. Chem. (UNITED STATES) 273 (46): 30537–43. ISSN 0021-9258. PMID 9804823. doi:10.1074/jbc.273.46.30537. 
  7. Yefenof E, Klein G, Jondal M, Oldstone MB (1976). "Surface markers on human B and T-lymphocytes. IX. Two-color immunofluorescence studies on the association between ebv receptors and complement receptors on the surface of lymphoid cell lines". Int. J. Cancer 17 (6): 693–700. PMID 181330. doi:10.1002/ijc.2910170602. 
  8. OMIM COMPLEMENT COMPONENT RECEPTOR 2; CR2
  9. Leong, Anthony S-Y; Cooper, Kumarason; Leong, F Joel W-M (2003). Manual of Diagnostic Cytology (2 ed.). Greenwich Medical Media, Ltd. pp. 93–94. ISBN 1-84110-100-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • MeshName - Complement+Receptors+2 [1]