COVID-19 no embarazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
COVID-19 no embarazo
PrevenciónTapar a boca coa parte interior do brazo ao tusir, evitar o contacto con xente doente, lavar as mans con auga e xabón ou desinfectante
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O efecto do COVID-19 no embarazo non se coñece por completo debido á ausencia de datos fiables.[1] Os resultados dun estudo limitado en China mostran que as características clínicas da pneumonía COVID-19 en mulleres embarazadas son similares ás de mulleres non embarazadas.[2] A data de abril de 2020, non hai ningunha evidencia de transmisión vertical de COVID-19 de nai a bebé no último trimestre de embarazo. As predicións baseadas en infeccións similares como o SARS e MERS suxiren que as mulleres embarazadas teñen maior risco de infección severa.[3]

Estudos sobre COVID-19 no embarazo[editar | editar a fonte]

Un estudo de nove mulleres infectadas no terceiro trimestre de embarazo en Wuhan (China) mostrou a presenza de febre (en seis de nove pacientes), dor de músculos (en tres), dor de garganta (en dúas) e sensación de malestar (en dous). Houbo sufrimento fetal en dous. Ningunha das mulleres desenvolveu a pneumonía COVID-19 severa ou faleceu. Todas tiveron nacemento vivos e non se observou ningunha asfixia neonatal severa. As mostras de leite materno, líquido amniótico, sangue de cordón umbilical e garganta neonatal foron testadas para SARS-CoV-2, e todos os resultados foron negativos. Aínda así, este estudo é demasiado pequeno para alcanzar conclusións sólidas sobre a natureza da COVID-19 no embarazo. Informes de medios de comunicación indican que máis de 100 mulleres con COVID-19 poderían dar a luz, e a data de marzo de 2020 non se informou de ningunha morte materna.[4] Informouse de dous neonatos infectados con COVID-19, pero a transmisión probablemente tivo lugar no período de posparto.[5]

A investigadora española Emma Motrico da Universidade Loyola Andalucía lidera o proxecto " 'Perinatal mental health and Covid-19 epidemic', unha iniciativa coa que se pretende obter unha listaxe de boas prácticas de atención á maternidade co fin de mitigar as consecuencias negativas da COVID-19 na saúde das mulleres.[6]

Recomendacións[editar | editar a fonte]

O Centro para Control de Enfermidades dos Estados Unidos aconsella ás mulleres embarazadas facer as mesmas cousas que o público xeral para evitar a infección, como cubrirse ao toser, evitar interaccionar con persoas enfermas, e limparse as mans con xabón e auga ou xel desinfectante.[7]

A OMS recomenda ademais manter a distancia social con respecto a outras persoas, non tocarse os ollos, nariz e boca, practicar a hixiene respiratoria (cubrirse a boca e nariz co cóbado ou un pano ao toser ou estornudar - e tirar o pano inmediatamente -) e, de ter febre, tose ou dificultades para respirar, buscar atención médica de acordo ás indicacións sanitarias locais.[8] A OMS indica tamén que as mulleres embarazadas que presenten síntomas deben ser priorizadas para o test de COVID-19, e que as mulleres embarazadas e aquelas que deron a luz recentemente deben manter as súas citas de seguimento rutineiras.

A OMS lembra que todas as mulleres embarazadas, incluíndo as que teñan ou se sospeite que teñan COVID-19, teñen o dereito a un seguimento de calidade antes, durante e despois do parto. Isto inclúe a saúde antenatal, do recentemente nado, postnatal, e a saúde mental. Unha experiencia de parto positiva inclúe:

  • Ser tratada con respecto e dignidade;
  • A presenza dun/a acompañante da súa elección durante o parto;
  • Comunicación clara por parte de profesionais sanitarios;
  • Estratexias apropiadas de eliminación da dor:
  • Mobilidade durante o parto cando sexa posible, e elección da posición de parto.

Se se sospeita ou confirma a presenza de COVID-19, os profesionais sanitarios deben tomar medidas para reducir o risco de infección para si mesmos e para os demais, incluíndo o uso de roupa protectora. Non se recomenda a cesárea a non ser que resulte medicamente necesaria.[8] A lactación materna é posible si a nai así o desexa, e si está infectada de COVID-19 ha de realizar a hixiene respiratoria, con máscara se é posible, lavarse as mans antes e despois de tocar ao bebé, e limpar e desinfectar frecuentemente as superficies tocadas. Múltiples grupos e asociacións lembraron que a pesar da pandemia global da COVID-19 de 2019/20, as mulleres embarazadas manteñen intacto o seu dereito a decidir e a non ser expostas a protocolos de parto que atenten contra a súa integridade física.[9][10]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)" (en inglés). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  2. Chen, Huijun; Guo, Juanjuan; Wang, Chen; Luo, Fan; Yu, Xuechen; Zhang, Wei; Li, Jiafu; Zhao, Dongchi; Xu, Dan (7 de marzo de 2020). "Clinical characteristics and intrauterine vertical transmission potential of COVID-19 infection in nine pregnant women: a retrospective review of medical records" (en inglés) 395 (10226): 809–815. ISSN 0140-6736. PMID 32151335. doi:10.1016/S0140-6736(20)30360-3. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  3. Favre, Guillaume; Pomar, Léo; Musso, Didier; Baud, David (22 de febreiro de 2020). "2019-nCoV epidemic: what about pregnancies?" (en inglés) 395 (10224): e40. ISSN 0140-6736. PMID 32035511. doi:10.1016/S0140-6736(20)30311-1. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  4. Liang, Huan; Acharya, Ganesh (2020). "Novel corona virus disease (COVID-19) in pregnancy: What clinical recommendations to follow?" (en inglés) 99 (4): 439–442. ISSN 1600-0412. PMID 32141062. doi:10.1111/aogs.13836. 
  5. Qiao, Jie (7 de marzo de 2020). "What are the risks of COVID-19 infection in pregnant women?" (en inglés) 395 (10226): 760–762. ISSN 0140-6736. PMID 32151334. doi:10.1016/S0140-6736(20)30365-2. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  6. "La Universidad Loyola Andalucía lidera un proyecto internacional sobre la experiencia de ser madre durante la pandemia". La Vanguardia (en castelán). 2020-07-02. Consultado o 2021-02-19. 
  7. "Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)" (en inglés). 11 de febrero de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "Q&A on COVID-19, pregnancy, childbirth and breastfeeding" (en inglés). Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  9. "Carta abierta a D. Salvador Illa, D. Enrique Ruiz y Dña. Marta Sánchez- Celaya | El Parto es Nuestro". Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  10. Guillén, Francisca Fdez (18 de marzo de 2020). "Coronavirus y parto, las mujeres mantienen su derecho a decidir" (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2020.