Saltar ao contido

Club Waterpolo Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CN Pontevedra»)
Club Waterpolo Pontevedra
Tipoclub deportivo
Deportewáter-polo
Data de fundación1998
SedePontevedra
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]


O Club Waterpolo Galaico Pontevedra é un club galego de wáter-polo fundado no ano 1998 na cidade de Pontevedra. Na temporada 2017-2018 participou na Liga Galega de Waterpolo. Conta con equipos en categorías infantís, cadete, xuvenil e absoluta. Os seus partidos e adestramentos realízanos na piscina de Campolongo dende o ano 2004. Anteriormente utilizaba para os adestramentos e para os encontros oficiais as piscinas da Mariña de Marín ou a municipal de Caldas de Reis.

Historia[editar | editar a fonte]

Anos 30: os inicios[editar | editar a fonte]

Os inicios do club remóntanse aos anos 30, no seo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e impulsado por Xosé Rodríguez Ruibal, máis coñecido como Pepe "Malecho", ao que na actualidade se lle dedica un campionato entre clubs de toda Galicia. Debido a ausencia de instalacións axeitadas, os adestramentos e partidos xogábanse na dársena das Corbaceiras, soamente no verán e na preamar. Neses anos competía contra equipos coma o Escola Industrial de Vigo, o Marítimo ou o Rodeira-Mar de Cangas. Aquel primeiro equipo estaba formado por, ademais de "Pepe Malecho", o seu irmán Manolo, Clemente Echevarría, Gonzalo Guillán, Armando Casteleiro entre outros. Mais os problemas que vivía o país coa guerra civil remataron por disolver o equipo.

Anos 50-60: a rexeneración do equipo[editar | editar a fonte]

Superados xa os problemas extradeportivos, o club volveu a rexenerarse a mediados dos anos 40. Os seus inicio foron anos febles, pero chegou a formar unha pequena liga local, formada por equipos dos diferentes barrios da cidade de Pontevedra: o Salcedo, o Raza, o Náutico ou o Marítimo, xunto co Burgo foron os integrantes desa competición. O equipo estaba integrado por xogadores célebres e aínda vivos coma Xacinto, Chanón, Pillado, Alberte, e outros xa mortos coma Virulé ou os irmáns Barco.

O verán seguía a ser a tempada das competicións, aproveitando o tempo favorable. Adestrábase agora nunha praia fluvial chamada a Resilla, na ponte das Correntes. Mais novos problemas xorden no seo do club coa chegada de industrias pesqueiras e conserveiras ao lugar de adestramento do equipo, o que provocou que o equipo, por segunda vez na súa historia, tivese que volver a disolverse.

1998: comezo da etapa moderna[editar | editar a fonte]

A finais da década dos 90, o CN Pontevedra, ata ese intre dedicado integramente á natación, creou unha sección de wáter-polo, co fin de dar saída a nadadores de idade demasiado alta para competir a alto nivel. Así, en 1998, o equipo xogou o seu primeiro partido en outubro dese ano, en cualidade de amigable, contra o c.w.redondela, na piscina de Redondela cunha derrota por 7 a 0. Os primeiros partidos de liga xogaronse na piscina de Padrón. Foi tamén inscrito na Liga Galega de Wáter-polo, militando na segunda división, onde estiveron a piques de ascender.

O primeiro equipo de wáter-polo do CN Pontevedra estivo adestrado por Iván Sabajanes (até o ano 2005) e tiña Fernando Rodríguez, Sesé Vázquez, Xabier de Sáa González e Anxo Días como directivos. Os xogadores que comezaron a aventura do wáter-polo foron: Rubén Novoa Gracia, Xurxo Grangel, Francisco Torres, Iván Sabajanes, Xoán Virel, Antonio Gallego, Mateo Torres, Pablo Gallego, Juanjo Vázquez, Pablo Rodríguez, Óscar Afonsín, Manolo González, Xosé Touriño, Xabier de Sáa, Xoán Rodríguez, Alberte López, Xurxo Rodríguez, Fernando Pariente e Alberte Afonsín.

O equipo pontevedrés conta con varias piscinas como instalación: Campolongo, onde xogan os partidos, ou a piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, son un exemplo da cantidade de instalacións das que o equipo goza. E é que o CN Pontevedra tivo unha enorme progresión que lle permitiu acadar un nivel profesional, pasando de ser un equipo de wáter-polo formado por uns cantos ex-nadadores, a contar con equipos nas categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior.

A nivel deportivo, milita na Liga Galega de Waterpolo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]