Administración Espacial Nacional Chinesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CNSA»)
Administración Espacial Nacional Chinesa
AcrónimoCNSA
Tipoaxencia espacial, national bureau magaged by minister commissions of State Council, name externally reserved by institution, name externally reserved by institution e name externally reserved by institution
Data de fundación4 de abril de 1993
Organización matrizMinistério da Indústria e Tecnologia da Informação
SedePequín
PaísRepública Popular da China
Na rede
http://www.cnsa.gov.cn/
editar datos en Wikidata ]
Liu Boming, takionauta chinés.

A Administración Espacial Nacional Chinesa (CNSA polas súa siglas en inglés; en chinés: 国家航天局; en pinyin: Guójiā Hángtiān Jú) é a axencia espacial nacional da China, responsábel do programa espacial nacional. A China lanzou o seu primériro satélite o 24 de abril de 1970, o Dong Fang Dong (DFH-1), que durou 26 días en órbita, nunha operación da Academia de Tecnoloxía Espacial Chinesa (CAST polas súas siglas en inglés) dirixida por Qian Xuesen.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A CNSA creouse en 1993, ao separarse da axencia aeroespacial.

O 14 de outubro de 2003 converteuse na terceira axencia en enviar un home ao espazo, o tenente coronel Yang Liwei. En 2007 lanzou a súa primeira misión á Lúa; a Chang'e 1.

En xullo de 2020 lanzou a súa primeira misión a Marte, Tianwen-1 ("Preguntando ós ceos").[2] No 2021 trouxo as súas primeiras mostras de chan da Lúa a misión Chang'e-5.[3]

A axencia mantén diversas colaboracións, entre elas, coa ESA, coa que en 2022 leva a cabo o Balloon boom.[4]

Bases[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zajec, Olivier (maio 2013). "Las ambiciones de Pekín trastocan el reparto del poder espacial y nuclear". Le Monde diplomatique en Español (211): 18–19. ISSN 1888-6434. 
  2. "Your Guide to Tianwen-1". The Planetary Society (en inglés). Consultado o 2021-01-15. 
  3. "Chang'e-5: China's Moon Sample Return Mission". The Planetary Society (en inglés). Consultado o 2021-01-15. 
  4. "Balloon boom". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-02-18. 
  5. "Estación china le da a la Argentina "una posibilidad única" para explorar el espacio". La Voz (en castelán). 22 de novembro de 2014. Consultado o 9 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outras axencias espaciais[editar | editar a fonte]