CH Txuri-Urdin
O Club Hockey Xeo Txuri Urdin (en galego) ou Txuri Urdin Izotz Hockey Taldea, Txuri Urdin IHT (en éuscaro), é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Donostia, País Vasco. Actualmente compite na Superliga española, a máxima competición española e da que é o equipo máis laureado con 9 títulos. Disputa os seus partidos como local no Txuri Urdin Izotz Jauregia, con capacidade para 1.200 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1972. O CH Txuri Urdin foi un dos seis membros fundadores da Superliga Española de Hóckey Xeo, a máxima competición deste deporte no Estado español. Logo da rivalidade veciñal coa Real Sociedad os tres primeiros anos na liga e na copa, o Txuri Urdin sucedeu ao equipo branquiazul en 1976 coma o primeiro equipo en suceder á Real Sociedad. Ese mesmo ano, a sección de hóckey da Real Sociedad disolveuse, polo que o Txuri Urdin pasou a ser o único equipo de hóckey sobre xeo de Primeira División na cidade. O Txuri Urdin gañou en 9 ocasións o título de liga (equipo con máis triunfos) e en seis a copa, o último título de liga chegou o ano 2000, ano no que acadou o dobrete (liga e copa). Ademais, o club gañou a Copa de Euskadi nunha ocasión, en 1993.
A mellor época do equipo vasco foi a década dos '90, cando conquistou 5 títulos de liga, 3 de copa e a única Copa de Euskadi, ademais dos 2 subcampionatos de liga e copa.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Participacións na Copa de Europa
[editar | editar a fonte]| Tempada | Rolda | Adversario | Resultado(s) |
|---|---|---|---|
| 1980-81 | 1ª Rolda | ||
| 1985-86 | 1ª Rolda | exento | |
| 2ª Rolda | |||
| 1990-91 | 1ª Rolda | ||
| 1992-93 | 1ª Rolda | ||
| 1993-94 | 1ª Rolda | ||
| 1995-96 | Preliminar | ||
| 1ª Rolda | |||
| 1999-00 | 1ª Rolda | ||
| 2000-01 | 1ª Rolda | ||
Balanzo europeo
[editar | editar a fonte]| Partidos xogados | Vitorias | Empates | Derrotas | Goles a favor | Goles en contra | Diferenza |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 22 | 2 | 2 | 18 | 39 | 258 | -219 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Site oficial do club
- Novas do hóckey sobre xeo de España Arquivado 07 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
