CG Puigcerdà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Club Gel Puigcerdà é un club catalán de hóckey sobre xeo da localidade de Puigcerdà, en Cerdaña.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club de Gel Puigcerdà naceu no ano 1956 no colexio Pensionat d'Alta Muntanya (escolapios) da vila, en crear-se un equip d'hoquei gel, deporte que introducira un ano antes, proveniente de Núria, Pere Dosta Anglada. O 26 de febreiro de 1956, xogouse un partido no estanque conxeado da localidade. O 10 de febreiro de 1957 organizouse un festival de xeo na pista descuberta e sen finalizar do lago. Os días 18 e 19 de xaneiro de 1958 inaugurábase a pista cun festival internacional de xeo. A partir de dito festival, os clubs de hóckey da vila que trocaran as rodas polas coitelas foron integrados na A.E.P (Antics Alumnes de l'Escola Pia), que xogaron varios partidos, tanto con equipos cataláns como estranxeiros ata 1964. Debido á imposibilidade de dispor de xeo estable a causa da meteoroloxía, uns cantos xogadores decidiron ir xogar a Font-Romeu para poder continuar a patinar sobre xeo. Con todo, a efectos federativos, non podían xogar no recentemente creado equipo da Union Sportive Font-Romeu. O CGP é un dos fundadores da Superliga Española de Hóckey Xeo que o club gañou en diversas ocasións. En 1983 inaugurouse en Puigcerdà o actual pavillón de xeo no que o club disputa os seus partidos como local, o Club Poliesportiu Puigcerdà. O 8 de agosto do 2006 o CG Puigcerdà xogou o primeiro partido feminino da súa historia.

Títulos[editar | editar a fonte]

Participacións na Copa de Europa[editar | editar a fonte]

Tempada Rolda Adversario Resultado(s)
1989-90 1ª Rolda AS Varese
SC Berne
HC Tirol Innsbruck
0-18
2-18
3-18
1998-99 1ª Rolda Espagne CH Jaca
Dukla Trenčín
SC Energija
1-6
1-6
0-5
1999-00 1ª Rolda Amstel Tijgers Amsterdam
Yunost Minsk
Lions de Lyon
4-4
3-8
1-5
2001-02 1ª Rolda Liepājas Metalurgs
Dragons de Rouen
Nijmegen Emperors
2-11
4-9
1-10
2006-07 1ª Rolda exento
2ª Rolda Steaua Bucarest
Comarch Cracovia Kraków
Kazakmys Satpaev
1-10
2-6
0-12
2007-08 1ª Rolda Miercurea-Ciuc
Mladost Zagreb
Kocaeli BBSK
2-13
1-9
3-4

Balanzo europeo[editar | editar a fonte]

Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra Diferenza
18 0 1 17 31 182 -151

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]