CFBDSIR 2149−0403

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
CFBDSIR 2149−0403
Free-floating planet CFBDSIR J214947.2-040308.9.jpg
O pequeno punto azul tenue no centro desta imaxe (fai clic para ampliar) foi capturado polo instrumento SOFI no New Technology Telescope do Observatorio de La Silla e mostra o planeta orfo CFBDSIR J214947.2-040308.9, en luz infravermella.
Descubriemnto[1]
Descuberto por
  • Philippe Delorme
  • Jonathan Gagné
  • Lison Malo
  • Céline Reylé
  • Étienne Artigau
  • Loïc Albert
  • Thierry Forveille
  • Xavier Delfosse
  • France Allard
  • Derek Homeier
Método de detección Procura de campo ampla do CFBDSIR
Características físicas
Masa 4–7 Mx
Temperatura ~700 K
Tipo espectral T7

CFBDSIR 2149-0403 ( a denominación completa é CFBDSIR J214947.2-040308.9) é un planeta orfo de masa planetaria ou unha anana marrón de alta metalicidade e masa pequena na constelación de Acuario. Orixinalmente, pensábase que formaba parte da asociación estelar AB Doradus como indica a súa posición e o seu movemento propio,[1][2] pero o mesmo equipo que descubriu o obxecto e que conxecturou sobre a súa pertenza ó grupo, rexeitou esa hipótese debido a novas medicións. Sen esa pertenza, a idade e a masa do obxecto non se poden acoutar.[3] Non hai probas suficientes para demostrar que CFBDSIR 2149-0403 se formase coma un planeta e fose posteriormente expulsado do seu sistema planetario.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

CFBDSIR 2149-0403 foi descuberto polo proxecto franco-canadense de procura de ananas marróns, unha procura do ceo no infravermello próximo e confirmado polos datos do WISE.[1] Philippe Delorme, do Instituto de Planetoloxía e Astrofísica de Grenoble en Francia e o seu equipo, incluídos investigadores da Universidade de Montréal no Canadá, detectaron a sinatura infravermella de CFBDSIR2149 usando o telescopio Canadá-Francia-Hawaii. Despois examinaron as propiedades do corpo co Very Large Telescope do Observatorio Europeo do Sur en Chile.

Distancia[editar | editar a fonte]

Se este obxecto é realmente un planeta interestelar (cousa que non se demostrou totalmente), entón está entre os máis próximos que se detectaron.[4] Se o obxecto pertence á asociación estelar AB Doradus, a súa distancia estímase en 40 ± 4 parsecs (130 ± 13 anos luz) da Terra; outras estimacións posibles van dun rango de 25 a 50 parsecs.[1] O planeta orfo máis próximo confirmado é PSO J318.5-22.[5]

Idade[editar | editar a fonte]

No anuncio de descubrimento, afirmábase que CFBDSIR 2149-0403 era un membro cinemático da asociación estelar de AB Doradus. Está asociación parece ter unha idade similar ás Pléiades,[6] a cal ten unha idade límite para o esgotamento do litio de 130 ± 20 Megaanos.[7] Se CFBDSIR2149 está realmente ligado coa asociación estelar AB Doradus, entón tamén é novo. Non obstante, co equipo de Delorme agora rexeitando esa hipótese, as estimacións son, ou menos de 500 millóns de anos como un planeta orfo cunha masa entre 2 e 13 masas de Xúpiter, ou ben unha anana marrón de dous a tres mil millóns de anos de idade cunha masa de entre 2 a 40 masas de Xúpiter. O obxecto presenta signos de baixa gravidade (banda K é máis brillante no infravermello próximo), estes signos poderían ser atribuíbles á súa mocidade.

Atmosfera[editar | editar a fonte]

Este vídeo amosa unha impresión artística do planeta orfo CFBDSIR J214947.2-040308.9.

Observacións espectroscópicas atoparon absorción de luz por parte gas metano e auga na atmosfera do planeta.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Delorme, Philippe; Gagné, Jonathan; Malo, Lison; Reylé, Céline; Artigau, Étienne; Albert, Loïc; Forveille, Thierry; Delfosse, Xavier; Allard, France; Homeier, Derek (December 2012). "CFBDSIR2149-0403: a 4-7 Jupiter-mass free-floating planet in the young moving group AB Doradus ?". Astronomy & Astrophysics 548: A26. Bibcode:2012A&A...548A..26D. arXiv:1210.0305. doi:10.1051/0004-6361/201219984. 
  2. BBC News, ed. (14-11-2012). "'Rogue planet' spotted 100 light-years away". Science & Environment. Consultado o 14-11-2012. 
  3. Phys.org, ed. (13-03-2017). "Mysterious isolated object investigated by astronomers". Consultado o 13-03-2017. 
  4. Phys.org, ed. (14-11-2012). "Astronomers find 'homeless' planet wandering through space". Consultado o 14-11-2012. 
  5. Liu, Michael C.; Magnier, Eugene A.; Deacon, Niall R.; Allers, Katelyn N.; Dupuy, Trent J.; Kotson, Michael C.; Aller, Kimberly M.; Burgett, W. S.; Chambers, K. C.; Draper, P. W.; Hodapp, K. W.; Jedicke, R.; Kudritzki, R.-P.; Metcalfe, N.; Morgan, J. S.; Kaiser, N.; Price, P. A.; Tonry, J. L.; Wainscoat, R. J. (2013-10-01). "The Extremely Red, Young L Dwarf PSO J318-22: A Free-Floating Planetary-Mass Analog to Directly Imaged Young Gas-Giant Planets". Astrophysical Journal Letters 777 (2). Bibcode:2013ApJ...777L..20L. arXiv:1310.0457. doi:10.1088/2041-8205/777/2/L20. 
  6. Luhman, K.L.; Stauffer, J.R; Mamajek, E.E. (2005). "The Age of AB Doradus". Astrophysical Journal 628 (1): L69–L72. Bibcode:2005ApJ...628L..69L. arXiv:astro-ph/0510665. doi:10.1086/432617. 
  7. Barrado y Navascues, David; Stauffer, John R; Jayawardhana, Ray; (2004). "Spectroscopy of Very Low Mass Stars and Brown Dwarfs in IC 2391: Lithium Depletion and Hα Emission". Astrophysical Journal 614 (1): 386–397. Bibcode:2004ApJ...614..386B. arXiv:astro-ph/0406436. doi:10.1086/423485. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  • GU Piscium b, un exoplaneta que orbita GU Piscium a unha distancia de 2.000 UA e cun período de 163.000 anos dentro da asociación estelar AB Doradus
  • 2MASS J1119–1137, un exoplaneta orfo semellante descuberto en 2016

Lecturas recomendadas[editar | editar a fonte]