Code Lyoko (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Código Lyoko (videoxogo)»)

Code Lyoko
Desenvolvedor(es)DC Studios
Distribuidora(s)The Game Factory
LanzamentoAmérica do Norte: 15 de maio de 2007
Australia: 14 de xuño de 2007
Europa: 16 de novembro de 2007
XéneroAcción e rol
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Nintendo DS
SerieCode Lyoko
editar datos en Wikidata ]

Code Lyoko (en galego Código Lyoko) é un videoxogo de acción e de rol baseado na serie animada francesa Código Lyoko, sendo o primeiro videoxogo baseado na devandita serie. O xogo foi desenvolvido por DC Studios e distribuído por The Game Factory para Nintendo DS, chegando ao mercado en maio do 2007 en Estados Unidos, en xuño do 2007 en Australia e en novembro do mesmo ano en Europa.

Trama[editar | editar a fonte]

O xogo, do mesmo xeito que a serie, segue as aventuras de catro estudantes que descobren a existencia dun universo paralelo misterioso chamado Lyoko. Os catro, Jeremie, Odd, Ulrich e Yumi, descobren que tanto a Terra como Lyoko están ameazados por un virus múltiple chamado XANA, o cal infectou ao supercomputador que o controla todo. Os mozos deberán compaxinar a súa vida normal de estudantes coa misión de converterse en heroes.

Xogo[editar | editar a fonte]

O xogo Código Lyoko móvese entre o mundo real, en 2D, e o universo de Lyoko, en 3D. O xogo contén 15 episodios baseados na 1ª, 2ª e 3ª tempada da serie de debuxos. Á hora de loitar, utiliza un amplo rango de habilidades: disparar, loitar, resolución de crebacabezas e exploración aínda que, sorprendentemente, non hai capacidade de salto, unha habilidade case imprescindible na serie.

Acollida e crítica[editar | editar a fonte]

A crítica apreciou a fidelidade do xogo á serie,[1] mais o seu modo de xogo liñal supuxo un problema xa que os xogadores son guiados en exceso nas accións que deben facer. A cámara fixa e non controlable que dirixe ó xogador en Lyoko tamén foi moi criticada.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. « un jeu d'action particulièrement fidèle à son modèle. » Test du jeu sur Jeuxvideo.com
  2. (en inglés) « {{{2}}} » Analyse du jeu Arquivado 13 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. sur IGN

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]