Códice de Alepo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Closeup De Aleppo Codex, Joshua 1:1
Páxina desde Aleppo Codex, Deuteronomy

O Códice de Alepo, referido tamén Coroa de Alepo (en hebreo: כֶּתֶר אֲרָם צוֹבָא, Keter Aram Tsová)[א], é un manuscrito medieval da Biblia hebrea que foi escrito na cidade de Tiberíades, no Norte de Israel, durante o século X. O seu contido tivo a fidelidade fronte ó texto bíblico aprobada por Maimónides. Este códice mailo Códice de Leningrado compoñen o exemplar do estilo de Ben-Asher de texto masorético. Sucede, porén, que o Códice de Alepo nos está completo, carecendo da mor parte dos libros que forman a Tora e tamén de moitas outras partes.[1] As súas páxinas son en pergameo, coas dimensións de 33 cm de altura e 26,5 cm de anchura.

Historia[editar | editar a fonte]

Prolegómenos[editar | editar a fonte]

A comunidade caraíta de Xerusalén adquiriu o códice por volta de cen anos despois de que foi rematado.[2][3] Durante o tempo da Primeira Cruzada, a sinagoga foi saqueada e o códice foi transferido cara ó Exipto, cuxos xudeus pagaron un prezo alto para o seu rescate. Foi preservado na sinagoga caraíta da Vella Cairo[ב], onde foi usado por Maimónides, que o describiu como un texto fiable para tódolos estudosos xudeus. Supónse que en 1375 un dos decendentes de Maimonides lavouo até Alepo, Siria, razón para o seu nome presente.

O códice permaneceu na Siria por quiñentos anos. En 1947, axitadores, so pretexto do Plan das Nacións Unidas para a partición de Palestina, incendiaron a esnoga na que o manuscrito estaba gardado. O códice quedou desaparecido, rexurdindo en 1958, cando foi contrabandeado cara a Israel por un xudeu sirio, Murad Faham, e regalado ó presidente, Yitzhak Ben-Zvi. Na chegada do libro, viuse que algunhas das súas partes foran perdidas. O Códice de Apelo foi confiado ó Instituto Ben-Zvi e á Universidade Hebrea de Xerusalén.

Rescate[editar | editar a fonte]

Fotografía de páxina perdida[ג]

A comunidade caraíta de Xerusalén recibiu o libro de Israel Ben Simha, de Basra, nalgún momento entre o 1040 e o 1050.[4] Foi coidado polos irmáns Hizkiyahu e Joshya, os lideres relixiosos que finalmente levárono a Fustat en 1050. O codex, con todo, ficou en Xerusalén ata o fin daquel século. Despois do Cerco de Xerusalén, en 1099, durante a Primeira Cruzada, os Cruzados tomaron o códice e outros obxectos relixiosos e apresaron as persoas superviventes da comunidade xudía para esixir rescate.[5][6] O sitio web do Códice de Alepo cita dúas cartas atopadas na Guenizá do Cairo que describen como os habitantes de Ascalón pediron prestado diñeiro do Exipto para pagar polos seus libros. Estas cartas, redactadas en árabe xudeu, foron descubertas polo afamado historiador xudeu Shelomo Dov Goitein en 1952.[7] A Carta dos Anciáns Caraítas de Ascalón, a máis descritiva das dúas, relata que o diñeiro pedido prestado de Alexandría foi usado para "recomprar douscentos e trinta códices bíblicos, unha outra centena de volumes e oito Rolos de Tora".[8] Os documentos foron transportados cara ó Exipto vía unha caravana liderada e financiada polo prominente oficial alexandrino Abu'l-Fadl Sahl b. Yūsha' b. Sha‘yā, quen estaba en Ascalón para o seu casamento no comezo de 1100.[9] Inscricións en árabe xudeu na primeira páxina do códice mencionan que o libro foi entón "transferido á sinagoga xerosolimitana en Fustat." O sitio web do Códice revela como o libro cambiou de mans.

[Foi] movido [...], de acordo coa lei de liberación do aprisionamento [no que caeu] en Xerusalén, a Cidade Santa — que sexa ela reedificada e restaurada — até a comunidade de Knisat Yerushalayim, do Exipto — que sexa ela edificada e establecida na vida de Israel —. Bendito aquel que o gardar e maldicido aquel que o extraviar, aquel que o vender e aquel que o empeñar. Que non sexa endexamais vendido e que non sexa contaminado para todo sempre.[6]

En Alepo[editar | editar a fonte]

A comunidade de Alepo celou dilixentemente do códice por algo coma seiscentos anos: foi gardado, xunto con outros tres manuscritos bíblicos, nun armario especial, máis tarde, nun cofre de ferro, nunha ermida da bodega da Sinagoga Central de Alepo, que supostamente fora a caverna de Elías. Era considerado o ben máis sagrado da comunidade: aqueles en dificultades acostumaban rezar diante del, e foron feitos xuramentos por el. A comunidade recibía preguntas de xudeus de tódolo mundo, que pedían que varios detalles textuais fosen verificados. Estas correspondencias foron preservadas por medio das responsas, a cal permite hoxe reconstituír certos detalles das partes que están faltando actualmente. Máis importante: na década de 1850, Shalom Shachne Yellin enviou o seu xenro, Moses Joshua Kimchi, até Alepo, para obter informacións do códice. Kimchi detívose por semanas, e copiou millares de detalles a respecto do códice nas marxes dunha pequena copia manuscrita da Biblia. A existencia desta pequena Biblia era testificada ós estudosos do século XX polo libro Ammudé Shesh, de Shemuel Shelomo Boyarski, e a propia Biblia foi atopada de feito por Yosef Ofer, en 1989.

No entanto, a comunidade restrinxiu o contacto directo co manuscrito por quen non era local, especialmente por estudosos nos tempos modernos. Paul E. Kahle, cando revisou o texto da Biblia Hebraica na década de 1920, intentou, mais non conseguiu sacar unha copia fotogáfica. Este feito forzouo a usar o Códice de Leningrado na terceira edición, que foi publicada en 1937.

O único académico que obtivo permisión de comparar o códice cunha edición estándar (impresa) da Biblia hebrea e tomar notas a respecto das diferenzas foi Umberto Cassuto, que o fixo en 1943.[10] Este sixilo tornou imposible corroborar a autenticidade do códice, e, de feito, fixo con que Cassuto dubidase que se trataba do propio códice de Maimonides, aínda que concordase que se trataba dun manuscrito do século X.

Durante os disturbios antixudaicos de 1947 en Alepo, a vetusta sinagoga da comunidade sufriu atentado, sendo queimada por hordas contrarias á creación do Estado de Israel, danificando o códice, polo que, das estimadas 487 páxinas orixinais, soamente 294 lograron subsistir.[ד] Perdeuse moita cousa: case tódala Tora, apenas as últimas dúas páxinas perduraron; tres páxinas do Libro de Reis; tres, de Xeremías; metade de Amos; o comezo de Miqueas; dúas páxinas dos Salmos; e todo de Obadías, Xonás, Eclesiastes, Lamentacións, Ester, Daniel e Esdras e Nehemías. [11][12]

O feito das partes faltantes son obxecto de intensa controversia. Os xudeus de Alepo din que foron queimadas. Con todo, a análise por parte duns pescudadores teñen amosado non haber evidencia de lume atanguendo as follas de pergameo, sendo que as marcas escuras serían decorrentes de fungos. Algúns estudosos afirman que eventualmente persoas da comunidade xudía sacaron as follas para gardaren consigo de modo particular. Dúas follas "perdidas" reapareceron, unha en 1982 e outra en 2007, significando que outras partes poidan ter sobrevivido ós disturbios de 1947.[13] En especial, o libro "The Aleppo Codex", de Matti Friedman, publicado en 2012, chama a atención para o feito de que testemuñas oculares do incendio da Sinagoga Central de Alepo afirmaban teren visto o Códice, despois dese sinistro, aínda completo ou con poucas avarías e, após tales eventos, non hai máis relatos sobre o códice por cerca dunha década ata cando chegou en Israel e ficou so os coidos do Institutos Ben-Zevi; o libro tamén suxire unha gama de posibilidades para a perda das páxinas.[14]

A comunidade xudía de Damasco tiña un duplicado do Códice de Alepo, chamado de "Coroa de Damasco", que tamén foi escrito en Israel, no século X, estando hoxe gardado na Biblioteca Nacional de Israel so o rexisto ms. Heb 5702.[ה]

En Israel[editar | editar a fonte]

Vista de fóra do Santuario do Libro

O escritor israelí Amnon Shamosh wrote fixo un relato sobre como foi o libro levado cara a Israel no súa obra "Ha-Keter: Sippuro shel Keter Aram Tsoba" ('A Coroa: A historia do Códice de Alepo), publicado en 1987. O códice foi confiado ó Instituto Ben-Zvi e á Universidade Hebrea de Xerusalén. As tentativas de recuperación das partes que lle faltan non cesou.[15]

En xaneiro de 1958, o Códice de Aleppo foi contrabandeado para fóra da Siria e enviado cara a Xerusalén para ser colocado ós coidados do rabino xefe dos xudeus de Alepo. Con todo, Presidente de Israel, Itzhak Ben-Zvi, usou da súa influencia para que fose levado en segredo polo goberno. A fins dos anos 1980, o códice foi colocado no Santuario do Libro, do Museo de Israel.[13] Este feito permitiu que os estudosos examinalo e avaliar mellor os asertos que consideran que o manuscrito sexa o mesmo de Maimónides. A obra de Moshe Goshen-Gottstein nas poucas páxinas restantes da porción da Tora do códice parece ratificar tales afirmacións alén de dúbidas razoables. Goshen-Gottstein suxire, na introdución da súa reimpresión facsimile do códice, que non soamente se trata da máis antiga Biblia masoreta nun único volume coñecida, mais que se trata da primeira vez que un exemplar completo do Tanak foi producido por unha ou dúas persoas como un corpo único e nun estilo consistente.

Posteriormente, Mordechai Breuer tivo denegado o seu pedido de acceso ao códice, comezando por si mesmo unha reconstitución do texto masorético con base noutros ben coñecidos manuscritos. O resultado do seu traballo casou case que completamente co texto do Códice de Alepo. Así, hox'en día, a versión de Breuer é usada como paradigma autorizado para a recostitución das partes perdidas do Códice de Alepo. A Coroa de Xerusalén (כתר ירושלים), impresa no ano 2000, é unha versión moderna do Tanak baseada no Códice de Alepo e na obra de Breuer, que usa un novo tipo de impresión creado con inspiración na caligrafía do Códice, sendo aínda arranxado conforme o aspecto das súas páxinas.[16]

O cineasta documental Avi Dabach, neto do Sábio Ezra Dabach — un dos últimos encargados de celar polo Códice cando inda estaba na Siria —, anunciou no decembro de 2015 a produción dunha película que investigaría a historia do Códice e posiblemente dilucidaría o destino das follas perdidas.[17]

Fidelidade textual[editar | editar a fonte]

As consoantes do códice foron copiadas polo escriba Shlomo ben Buya'a en Israel en cerca de 920. O texto, entón, foi verificado, vocalizado e as notas masoréticas foron inseridas por Aaron Ben Moses Ben Asher, o último e máis afamado membro da liñaxe de Ben Asher de gramáticos de Tiberíades, contrincante da escola de Ben Naphtali. A tradición de Ben Asher tornouse máis aceptada na Biblia hebrea.[18] O xeito de vocalización de Ben Asher é serodio e, en moitos aspectos, artificial, cando comparada a outros estilos e tendencias que existían nun tempo máis achegado ó período no que o hebreo bíblico aínda era falado.[19]

O Códice de Leningrado, que data da mesma época aproximadamente, foi imputado por Paul E. Kahle como un trabalho do scriptorium de Ben Aser. Con todo, o colofón do códice di apenas que foi rectificado cos manuscritos da autoría de Ben Asher e, de feito, non hai evidencia de que Ben Asher vírao. O mesmo, no entanto, poder ser dito a respecto do Códice de Alepo, que posiblemente non tivo as marcas de vogais grabadas por Ben Asher, a despeito dun colofón tardío, que foi colocado no manuscrito despois do seu pasamento, atribuír esa vocalización e el.[20]

O Códice de Alepo foi o manuscrito empregado por Maimónides cando enumerou as regras exactas para a feitura dun Sefer Torá, Hilghot Sefer Torá ("as Leis sobre o Rolo da Tora"), na súa obra Mishné Torá.[6] Este regulamento deu ao Códice de Alepo o selo de suprema autoridade textual, aínda que soamente no que toca o tipo de espazo antes das seccións (petuhot e setumot) e para a maneira de escribir as cantigas no Pentateuco.[20] "O códice que usamos nestes traballos é o códice existente no Exipto, abranguendo 24 libros, que estaba en xerusalén," anotou el. David ben Solomon Ibn Abi Zimra afirma que é o mesmo códice que foi levado cara a Alepo.[21]

Contido[editar | editar a fonte]

Cando o Códice de Alepo aínda estaba íntegro, antes de 1947, seguía a tradición textual tiberiana na orde dos seus libros, de modo parecido ó do Códice de Leningrado, o que tamén casa coa tradición posterior dos manuscritos bíblicos sefardí. Os libros da Tora e dos Profetas aparecen na mesma orde atopda na maioría das Biblias hebreas publicadas, pero a orde dos libros de escritos históricos discrepa sensiblemente. No Códice de Alepo, a orde desta última parte é Crónicas, Salmo, Xob, Proverbios, Rut, Cantar dos Cantares (3:11 ata o fin), Eclesiastés, Lamentacións, Ester, Daniel, Esdras e Nehemías.

Edicións modernas[editar | editar a fonte]

Varias edicións completas ou parciais do Tanak baseadas no Códice de Alepo foron publicadas co pasar das últimas tres décadas en Israel, algunhas delas baixos os coidos de expertos das universidades israelíd. Tales edicións incorporan recomposicións das partes perdidas baseadas na metodoloxía de Mordechai Breuer ou en sistemas similares, e tendo en conta tódolos testemuños históricos dispoñibles sobre o contido no códice.[22]

  • Tanak completa (en inglés: Complete Tanakh): Tátase de edicións completas das Escrituras Hebreas, habitualmente nun volume únicou, ou ata en tres. Nestas non se inclúen as notas masoréticas do Códice de Alepo.
    • Edición Mossad Harav Kook, Mordechai Breuer, ed. Tora (1977); Neviim (1979); Ketuvim (1982); Tanak completo nun único (1989). Esta foi a primeira a incluír a reconstitución das letras, vogais e cantilena das partes perdidas.
    • Edición Horev, Xerusalén, 1996–98. Mordechai Breuer, ed. Esta foi a primeira edición a incorporar as novas información descubertas a respecto das divisións das paraxót no Códice de Alepo para Neviim e Ketuvim. O texto do Tanak Horev foi reimpreso de varias formas con varios comentarios polo mesmo editor.[23]
    • Coroa de Xerusalén: A Biblia da Universidade Hebrea de Xerusalén, 2000. Editada conforme o método de Mordechai Breuer so a supervisión de Yosef Ofer, con revisións e refinamentos adicionais na edición Horev.[23]
    • Instituto Simanim de Xerusalén, edición Feldheim, 2004 (publicada en edicións dun e de tres volumes).[23][24]
  • Tanak en liña:
    • Mechon Mamre: proporciona unha edición conectada do Tanak baseada no Códice de Alepo e relacionada ós manuscritos tiberinos. A reconstrución das partes faltantes do texto é baseada nos métodos de Mordechai Breuer. O texto é ofrecido en catro formatos: (a) estilo masoretico, (b) tipo "cheo"  (sen relación coa ortografía masoreta), (c) texto masoretico con vogais (niqqud), e (d) texto masoretico con vogais e cantillation sinais.
    • "Micrá segundo a mesorá" (Wikisource) é unha versión experimental dixital das escrituras hebreas baseada no Códice de Alepo con documentación completa da política editorial e a súa implementación.
  • Edicións parciais:
    • Hebrew University Bible Project (Isaiah, Jeremiah, Ezekiel). Inclúe as notas masoréticas dos Códice de Alepo.
    • Mikraot Gedolot Haketer, Universidade Bar-Ilan (dende 1992). Unha edición crítica en múltiples volumes da Mikraot Gedolot, con dezaseis volumes publicados ata hoxe, a saber: Xénese (2 vols.), Éxodo (2 vols.), Números, Deuteronomio, Xosué e Xuíces (1 vol.), Samuel, Reis, Isaías, Xeremías, Ezequiel, Profetas Menores, Salmo (2 vols.), 5 Megillot (1 vol.). Inclúe as notas masoréticas dos Códice de Alepo e novos comentarios a elas. E difere da edición de Breuer na reconstitución e presentación dalgúns detalles masoréticos.
    • Torat Hayim, de Mossad ha-Rav Kook: amosa a Tora, Proverbios e as cinco Megilot.
    • Chorev Mikraot Gedolot, de Hotzaat Chorev: amosa apenas a Tora.

Notas[editar | editar a fonte]

  1.  A cidade de Alepo é chamada na Biblia de Aram Tsovah ou soamente Tsovah; en lingua galega, "Sobah" (1 Samuel 14:47). A comunidade xudía de Alepo, á época de Maimonides, adoitaba usar o topónimo bíblico, un costume inda seguido por algúns grupo máis tradicionalistas ou relixiosos en Israel.[25][26]
  2.  Durante o século X, a esnoga caraíta do Cairo era afiliada ó xudaísmo rabínico.
  3.  Fotografía feita en 1910 por Joseph Segall e publicada en Travels through Northern Syria (Londres, 1910), p. 99.
  4.  Non hai un número que sexa consenso entre os expertos sobre o total de páxinas do Códice de Alepo: unhas estimativas din 487 páxinas e outras, 380 páxinas.[27]
  5.  Hai dous libros cognominados de "Coroa de Damasco", un deles é un duplicado do Códice de Alepo — o Pentateuco de Damasco[28] —, o outro é un manuscrito español medieval de 1260, da cidade de Burgos[29]
  1. "El Códice Aleppo". El Templo de Salomón (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  2. Nehmad 1933, pp. 1-3.
  3. Pfeffer, Anshel (6 de novembro de 2007). "Fragment of Ancient Parchment From Bible Given to Jerusalem Scholars". Haaretz (en inglés). 
  4. Olszowy-Schlanger, Judith.
  5. Olszowy: pp. 54-55 and footnote #86
  6. 6,0 6,1 6,2 The Vicissitudes of the Aleppo Codex – See 4.4 The Crusades and the Ransoming of Books.
  7. Kedar, Benjamin Z. "The Jerusalem Massacre of July 1099 in the Western Historiography of the Crusades." in The Crusades (Vol. 3). ed.
  8. Goitein, S.D. A Mediterranean Society: The Jewish Communities of the Arab World as Portrayed in the Documents of the Cairo Geniza.
  9. Goitein: pp. 375–376 and footnote #81 on pg. 612
  10. "A Wandering Bible: The Aleppo Codex". The Israel Museum (en inglés). Xerusalén. Consultado o 26 de outubro de 2016. 
  11. Flint 2013, p. 39.
  12. "Instituto de Israel recebe fragmento da Bíblia com mais de 1.000 anos". Globo (en portugués). 9 de novembro de 2007. Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  13. 13,0 13,1 Ronen Bergman (25 de xullo de 2012). "A High Holy Whodunit". The New York Times (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2017. 
  14. Friedman 2013, p. 182.
  15. "Alepo – Uma Glória no Coração" (PDF). Revista Nascente (en portugués) (141): 8. Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  16. Edson de Faria Francisco (abril de 2008). "Manuscritos do Texto Massorético" (PDF). Bíblia Hebraica (en portugués). São Bernardo do Campo. Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  17. Maltz, Judy (23 de decembro de 2015). "My Great-grandfather, the Man Who Held the Key to the Aleppo Codex". Haaretz (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  18. Zeev Ben-Hayyim (2007). "BEN-ASHER, AARON BEN MOSES". Encyclopaedia Judaica (en inglés) 3 (2 ed.). Gale. pp. 319–321. 
  19. P. W. Skehan (2003). "BIBLE (TEXTS)". New Catholic Encyclopedia 2 (2 ed.). Gale. pp. 355–362. 
  20. 20,0 20,1 Aron Dotan (2007). "MASORAH". Encyclopaedia Judaica 13 (2 ed.). Gale. pp. 603–656. 
  21. "A Wandering Bible: The Aleppo Codex" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2017. 
  22. Friedman 2013, p. 209.
  23. 23,0 23,1 23,2 In this edition, the masoretic text and symbols were encoded and graphic layout was enabled by the computer program Taj, developed by Daniel Weissman.
  24. "After consultation... with the greatest Torah scholars and grammarians, the biblical text in this edition was chosen to conform with the Aleppo Codex which as is well known was corrected by Ben-Asher... Where this manuscript is not extant we have relied on the Leningrad Codex... Similarly the open and closed sections that are missing in the Aleppo Codex have been completed according to the biblical list compiled by Rabbi Shalom Shachna Yelin that were published in the Jubilee volume for Rabbi Breuer... (translated from the Hebrew on p. 12 of the introduction).
  25. "1 Samuel, Capítulos 11-15". A Biblia Galega. Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  26. Rosenmüller 1836, p. 223.
  27. "Crown of Aleppo: The Mystery of the Oldest Hebrew Bible Codex" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2017. 
  28. Pentateuco de Damasco
  29. "Otros manuscritos de la Torá en la BNI" (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nehmad, M. (1933). Keter Aram Tzova (PDF) (en hebreo). Alepo. 
  • Rosenmüller, Car (1836). The Biblical Geography of Central Asia (en inglés) 1. Traducido por N. Morren. Edimburgo: Thomas Clark. 
  • Flint, Peter (2013). The Dead Sea Scrolls (en inglés). Nashville: Abingdon. 
  • Friedman, Matti (2013). The Aleppo Codex (en inglés). Chapel Hill: Algonquin. ISBN 978-1-61620-040-4. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]