César Rodríguez González
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
César Rodríguez González | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1894 |
A Coruña | |
Falecemento | 15 de agosto de 1962 |
Cidade de México | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e xornalista |
Nai | Virginia González Polo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
César Rodríguez González, nado na Coruña o 2 de febreiro de 1894 e finado en Cidade de México o 15 de agosto de 1962, foi un xornalista e político socialista e comunista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo da dirixente socialista e comunista Virginia González Polo. Militou nas Juventudes Socialistas de España, onde foi vocal do Comité Nacional entre 1915 e 1919, e vicesecretario en 1920. Tamén militou no PSOE, representando ao Grupo Socialista Español de Marsella (Francia) nos Congresos Extraordinarios do PSOE de 1919 e 1920 e á Federación de Grupos Socialistas españois en Francia no Congreso Extraordinario de 1921. Pertenceu á Comisión Executiva do PSOE entre 1920 e 1921. Traballou no periódico España Nueva.
Partidario da Terceira Internacional, participou na fundación do Partido Comunista Obrero Español en abril de 1921, representándoo no III Congreso da Internacional Comunista celebrado en Moscova en xuño de 1921. En 1922 participou na fundación do Partido Comunista de España, en cuxo II Congreso, celebrado o 8 de xullo de 1923, foi elixido como secretario xeral, sucedendo a Antonio García Quejido. En decembro dese ano ingresou na Prisión Celular de Madrid ata 1925, pola publicación dun artigo inxurioso para o Exército.
Logo da súa saída de prisión, abandonou o PCE e retornou ao PSOE, figurando como redactor do periódico El Socialista.
Ingresou na masonería en 1933. Foi redactor do diario Informaciones desde decembro de 1933, e en 1936 ingresou na Asociación de la Prensa de Madrid.
Durante a Guerra Civil Española formou parte do Comité Directivo do Banco de Crédito Local de Valencia. Ao rematar a guerra exiliouse en México, onde morreu en 1962. Alí traballou como xornalista, ademais de ser conselleiro na Financiera Industrial y Agrícola SA (FIASA).
Predecesor: Antonio García Quejido |
![]() Secretario Xeral do PCE 1923 - 1925 |
Sucesor: José Bullejos |