Saltar ao contido

César Milstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCésar Milstein

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Bahía Blanca Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 2002 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Cambridge Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo molecular, médico, profesor universitario, immunólogo, químico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enInmunoloxía Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoGeorges J. F. Köhler e Gillian Griffiths Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 153162 Find a Grave: 28967539 Editar o valor en Wikidata

César Milstein[1] (nado o 8 de outubro de 1927; finado o 24 de marzo de 2002) foi un bioquímico arxentino nacionalizado británico (mantendo a dobre nacionalidade), que investigou no campo dos anticorpos.[2][3][4][5][6] Milstein recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1984 compartido con Niels Kaj Jerne e Georges J. F. Köhler polo desenvolvemento da técnica dos hibridomas para a produción de anticorpos monoclonais.[7][8][9][10][11][12][13]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Milstein naceu en Bahía Blanca, Arxentina. Os seus pais foron Máxima (Vanarks) e Lázaro Milstein, un inmigrante xudeu ucraíno.[14] Graduouse na Universidade de Buenos Aires e obtivo o seu doutoramento baixo a dirección do Professor Stopani[15] (profesor de Bioquímica). Posteriormente traballou no Laboraatorio de Bioloxía Molecular do Consello de Investigación Médica de Cambridge, Inglaterra; adquiriu a nacionalidade británica e tiña dobre nacionalidade británica e arxentina.[16] En 1956, recibiu un premio da Sociedade Arxentina de Investigación en Bioquímica (SAIB) polo seu traballo sobre cinética encimática co encima aldehido deshidroxenase. En 1958, financiado polo British Council, entrou no Departamento de Bioquímica da Universidade de Cambridge para facer traballos de doutoramento baixo a dirección de Malcolm Dixon sobre o mecanismo da activación por metais do encima fosfoglicomutase.[17] Durante este traballo colaborou con Frederick Sanger, a cuxo grupo se uniu cun nomeamento provisorio do Consello de Investigación Médica (Reino Unido).

A ciencia só cumprirá as súas promesas cando os beneficios sexan igualmene compartidos polos realmente pobres do mundo
César Milstein

A maior parte da carreira de investigación de Milstein estivo dedicada a estudar a estrutura dos anticorpos e o mecanismo polo cal se xera a diversidade dos anticorpos. Como parte destas investigacións, en 1975, traballou con Georges Köhler (un membro posdoutoral do seu laboratorio) para desnvolver a técnica do hibridoma para a produción de anticorpos monoclonais, un descubrimento que lle valeu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1984. Este descubrimento orixinou unha enorme expansión no aproveitamento dos anticorpos en ciencia e medicina. O termo hibridoma foi acuñado por Leonard Herzenberg durante o seu ano sabático no laboratorio de Milstein de 1976 a 1977.[18]

O propio Milstein fixo moitas contribucións na mellora e desenvolvemento da tecnoloxía dos anticorpos monoclonais, especialmente no uso de anticorpos monoclonais para proporcionar marcadores que permitisen distinguir entre diferentes tipos de células. En colaboración con Claudio Cuello, colaborou en establecer os fundamentos do uso dos anticorpos monoclonais como sondas para a investigación das vías patolóxicas en trastornos neurolóxicos, así como moitas outras doenzas.[19] Estes avances en bioloxía e medicina clínica tardarían algúns anos en mostrar o seu gran potencial.[20] O traballo de Milstein e Cuello tamén permitiu o uso de anticorpos monoclonais para mellorar a potencia dos tests de diagnóstico baseados na inmunidade.[21] Ademais, Milstein predixo o valor potencial dos reactivos que se unen a ligandos que poderían resultar de aplicar a tecnoloxía do ADN recombinante aos anticorpos monoclonais e inspirou o desenvolvemento do campo da enxeñaría de anticorpos, que levaría a ter anticorpos monoclonais máis seguros e poderosos para uso terapéutico.

Os traballos iniciais de Milstein sobre anticorpos centráronse na súa diversidade a nivel de aminoácidos e nas pontes disulfuro que os unen. Parte deste traballo fíxoo en colaboración coa súa muller, Celia. O foco das súas investigacións cambiou despois cara aos ARNm que codifican os anticorpos, dos que proporcionou as primeiras probas da existencia dun precursor dos polipéptidos segregados que contiña unha secuencia sinal.[22] O desenvolvemento da tecnoloxía dos hibridomas combinouse cos avances na secuenciación dos ácidos nucleicos, o que permitiu a Milstein representar os cambios que se producen nos anticorpos despois do encontro cun antíxeno. Demostou a importancia da hipermutación somática dos xenes V de inmunoglobulina na maduración de afinidade dos anticorpos. Neste proceso, a mutación localizada nos xenes de inmunoglobulina permite a produción de anticorpos mellorados, que fan unha importante contribución á inmunidade protectora e á memoria inmunolóxica. Gran parte do seu traballo nos últimos anos estivo dedicado a caracterizar este proceso mutacional tratando de comprender o seu mecanismo. Enviou un artigo[23] para a súa publicación sobre este tema unha semana antes de morrer.

Á parte dos seus propios logros, Milstein serviu como guía e inspiración a moitos investigadores no campo dos anticorpos, e dedicouse el mesmo a axudar á ciencia e a científicos nos países menos desenvolvidos. Milstein patentou a produción de anticorpos monoclonais,[24] e tiña outras tres patentes.

Premios e honores

[editar | editar a fonte]

Ademais do premio Nobel que recibiu en 1984, Milstein foi elixido membro da Royal Society (FRS) en 1975,[1] foi membro do Darwin College, Cambridge de 1980 a 2002, gañou o premio Louisa Gross Horwitz da Universidade de Columbia en 1980, galardoárono co Premio Wolf de Medicina en 1980, recibiu a Medalla Copley en 1989, e converteuse en Membro da Orde dos Compañeiros de Honor en 1995. En 1993, a Fundación Konex arxentina outorgoulle o Prmio Konex diamante, un dos premios culturais máis prestixiosos da Arxentina, como o científico máis importante da anterior década dese país.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Milstein casou con Celia Prilleltensky en 1953.

Milstein morreu o 24 de marzo de 2002 en Cambridge, Inglaterra aos 74 anos de idade como resultado dunha doenza cardíaca que levaba moitos anos sufrindo.[25][26][27][28][29] A súa muller morreu en 2020 aos 92 anos.

A película sobre a súa vida Un fueguito, la historia de César Milstein estreouse en 2010. Dirixiuna Ana Fraile e foi premiada como Mellor Documental pola Academia do Cine da Arxentina.[Cómpre referencia]

  1. 1 2 Neuberger, M. S.; Askonas, B. A. (2005). "Cesar Milstein CH. 8 October 1927 – 24 March 2002: Elected F.R.S. 1974". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 51: 267–289. doi:10.1098/rsbm.2005.0017.
  2. ↑ Horenstein, A. L.; Ferrero, E.; Funaro, A.; Crivellin, F.; Said, M. (2002). "César Milstein, scientist (1927–2002)". Journal of Biological Regulators and Homeostatic Agents 16 (1): 91–92. PMID 12425336.
  3. ↑ Springer, Timothy A (xuño de 2002). "César Milstein, the father of modern immunology". Nature Immunology 3 (6): 501–3. PMID 12032559. doi:10.1038/ni0602-501.
  4. ↑ Springer, Timothy A (maio de 2002). "Immunology. Retrospective: César Milstein (1927–2002)". Science 296 (5571): 1253. PMID 12016298. doi:10.1126/science.1073325.
  5. ↑ Neuberger, Michael (abril de 2002). "César Milstein (1927-2002)". Current Biology 12 (9): R308–10. Bibcode:2002CBio...12.R308N. PMID 12007427. doi:10.1016/S0960-9822(02)00823-0.
  6. ↑ Rajewsky, Klaus (abril de 2002). "Obituary: César Milstein (1927-2002)". Nature 416 (6883): 806. Bibcode:2002Natur.416..806R. PMID 11976669. doi:10.1038/416806a.
  7. ↑ Raju, T N (xaneiro de 2000). "The Nobel chronicles. 1984: Niels Kai Jerne, (1911–94); César Milstein (b 1926); and Georges Jean Franz Köhler (1946–95)". The Lancet 355 (9197): 75. PMID 10615922. doi:10.1016/S0140-6736(05)72025-0.
  8. ↑ Bolhuis, R L; Haaijman J J (decembro de 1984). "[Nobel Prizes for immunology 1984 (Niels K. Jerne, Cesar Milstein, George Köhler)]". Nederlands Tijdschrift voor Geneeskunde 128 (52): 2433–5. PMID 6395024.
  9. ↑ Kaartinen, M. (1984). "The 1984 Nobel Prize in medicine (Cesar Milstein, George Köhler, Niels Jerne)". Duodecim; Laaketieteellinen Aikakauskirja 100 (23–24): 1573–1578. PMID 6394268.
  10. ↑ Onneby, M. (1984). "Immunology in theory and practice. Nils K Jerne shares the Nobel prize in medicine with Georges JF Köhler and Cesar Milstein". Nordisk Medicin 99 (11): 300, 304. PMID 6393048.
  11. ↑ Modelo:Nobelprize
  12. ↑ The Story of César Milstein and Monoclonal Antibodies Arquivado 7 de xuño de 2013 en Wayback Machine. on WhatisBiotechnology.org Arquivado 19 de xuño de 2019 en Wayback Machine.
  13. ↑ The Papers of César Milstein Arquivado 5 de novembro de 2021 en Wayback Machine. – Churchill Archives Centre
  14. ↑ "conjoined a Nuestros Cientificos" [Meeting our Scientists] (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2014. Consultado o 9 de decembro de 2015.
  15. ↑ Stopani, A. O. M.; Milstein, C. (1957). "Essential role of thiol groups in aldehyde dehydrogenases". The Biochemical Journal 67 (3): 406–416. PMC 1200171. PMID 13479397. doi:10.1042/bj0670406.
  16. ↑ "César Milstein | Argentine immunologist". Encyclopedia Britannica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 2018-10-17.
  17. ↑ Milstein, C. (1961). "Inhibition of phosphoglucomutase by trace metals". Biochem. J. 79 (3): 591–596. PMC 1205690. PMID 13771002. doi:10.1042/bj0790591.
  18. ↑ Milstein, César (1999-10-11). "The hybridoma revolution: an offshoot of basic research". BioEssays (en inglés) 21 (11): 966–973. PMID 10517870. doi:10.1002/(SICI)1521-1878(199911)21:11<966::AID-BIES9>3.0.CO;2-Z. O termo hibridoma foi proposto por Len Herzenberg durante un ano sabático no meu laboratorio en 1976/1977. Nunha conversación nunha mesa de honor no Cambridge College, a Len díxolle un dos catedráticos que hibridoma era grego confuso. Porén, daquela, o termo estaba facéndose común entre nós, e decidimos seguir con el.
  19. ↑ Cuello, A. C.; Galfre, G.; Milstein, C. (1979). "Detection of substance-P in the central nervous system by a monoclonal antibody". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 76 (7): 3532–3536<<<. Bibcode:1979PNAS...76.3532C. PMC 383862. PMID 386341. doi:10.1073/pnas.76.7.3532.
  20. ↑ Freysd’ottir, J’ona (2000). George, Andrew J. T.; Urch, Catherine E., eds. "Diagnostic and Therapeutic Antibodies". Methods in Molecular Medicine (en inglés). Totowa, NJ: Humana Press. pp. 267–279. ISBN 978-0-89603-798-4. PMID 21337095. doi:10.1385/1-59259-076-4:267. Consultado o 2025-02-01.
  21. ↑ The Story of César Milstein and Monoclonal Antibodies Arquivado 1 de outubro de 2013 en Wayback Machine..
  22. ↑ Milstein, C.; Clegg, J. B.; Jarvis, J. M. (1967). "C-Terminal half of immunoglobulin λ chains". Nature 214 (5085): 270–272. Bibcode:1967Natur.214..270M. PMID 4166495. doi:10.1038/214270a0.
  23. ↑ Rada, C.; Jarvis, J. M.; Milstein, C. (2002). "AID-GFP chimeric protein increases hypermutation of Ig genes with no evidence of nuclear localization". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 99 (10): 7003–7008. Bibcode:2002PNAS...99.7003R. PMC 124518. PMID 12011459. doi:10.1073/pnas.092160999.
  24. ↑ espacenet, patents (n.d.). "production of monoclonal antibodies". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2024. Consultado o 1 de outubro de 2023.
  25. ↑ "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1984". NobelPrize.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2022. Consultado o 2021-12-10.
  26. ↑ "César Milstein | Argentine immunologist | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 2021-12-10.
  27. ↑ "Obituary: César Milstein". the Guardian (en inglés). 2002-03-27. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2022. Consultado o 2021-12-10.
  28. ↑ "Cesar Milstein". www.jewishvirtuallibrary.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2021. Consultado o 2021-12-10.
  29. ↑ "Nobel-Winning Biologist Cesar Milstein Dies at 74". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2024. Consultado o 10 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]