Célula alfa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illotes pancreáticos ou de Langerhans.

As células alfa (células α) do páncreas son células endócrinas que se encontran nos illotes pancreáticos ou de Langerhans. Son un dos cinco tipos de células produtoras de hormonas (células alfa, beta, delta, épsilon e PP) dos illotes pancreáticos. Constitúen o 20% das células dos illotes humanos e segregan a hormona peptídica glicagón, que fai que se eleve o nivel de glicosa no sangue.[1]

Características[editar | editar a fonte]

En roedores, as células alfa están localizadas na periferia dos illotes pancreáticos, pero en humanos, a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e, aínda que predominan na periferia, poden observarse frecuentemente dentro dos illotes tamén.[2] Cando se ollan utilizando un microscopio electrónico, as células alfa poden identificarse pola posesión duns gránulos característicos cunha parte central densa grande e un halo branco pequeno.[2] O citoplasma das células alfa contén algunhas cisternas de retículo endoplasmático e un aparato de Golgi adxacente xustanuclear con gránulos secretorios nacentes.[2]

Función[editar | editar a fonte]

As células alfa segregan a hormona glicagón. Esta hormona, para elevar os niveis de glicosa, únese a receptores situados nos hepatocitos (células hepáticas) e nalgunhas outras células (por exemplo, células renais). Isto activa un encima, a glicóxeno fosforilase, que se encontra dentro do hepatocito para hidrolizar o polisacárido glicóxeno dando glicosa. Este proceso denomínase glicoxenólise.

As células alfa tamén xeran o GLP-1 (péptido similar ao glicagón 1) e poden ter un efecto protector e rexenerador sobre as células beta. Posiblemente poden transdiferenciarse en células beta para substituír as células beta que se perden.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kerr, J B (2000). Atlas of functional histology. Uk: Mosby. p. 309. ISBN 0-7234-3072-1. 
  2. 2,0 2,1 2,2 D. W. Fawcett. Tratado de Histología (11ª ed.). Interamericana-McGraw-Hill. p. 727 e 729. 
  3. Stanojevic, Violeta; Habener, Joel F. (2015-10-08). "Evolving Function and Potential of Pancreatic Alpha Cells". Best Practice & Research. Clinical Endocrinology & Metabolism 29 (6): 859–871. ISSN 1521-690X. PMC 4690008. PMID 26696515. doi:10.1016/j.beem.2015.10.002. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.