Cécile Chaminade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCécile Chaminade

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Cécile Louise Stéphanie Chaminade Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1857 Editar o valor em Wikidata
Batignolles-Monceau, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte13 de abril de 1944 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Monte Carlo, Mónaco Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Passy Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatorio de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista , compositora , flautista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoÓpera e música clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCamille Saint-Saëns, Félix Le Couppey (pt) Traducir, Benjamin Godard, Emmanuel Chabrier (pt) Traducir e Georges Bizet Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm1406211 Spotify: 6yb2PUxafSVe2441W50jbk Musicbrainz: 3c10ff66-b763-411c-b4de-65c2cf710938 Discogs: 918108 IMSLP: Category:Chaminade,_Cécile Allmusic: mn0001236381 Find a Grave: 9589283 Editar o valor em Wikidata

Cécile Louise Stéphanie Chaminade, nada en París o 8 de agosto de 1857 e finada en Montecarlo, Mónaco, o 13 de abril de 1944, foi unha compositora e pianista francesa.

Aproximadamente 400 das súas composicións foron publicadas e tivo unha boa reputación no século XX. Isto é atribuíble por unha parte ao modernismo e ao menosprezo xeral da música francesa romántica tardía, pero tamén ás condicións socioestéticas que afectaban ás mulleres e á súa música.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chaminade recibiu instrucións musicais da súa nai, pianista e solteira. Ás súas primeiras pezas tocadas foron na década do 1860.

Debido á oposición dos seus pais para a súa inscrición no Conservatorio de París, estudou en privado cos membros da súa facultade: Félix Le Couppey, Antoine Marmontel, Sacard e Benjamin Godard.

Chaminade comezou a compoñer en serio, como a obra I trío de piano, composta no ano 1880 e a Suite de l’orchestre op. 20, composta no ano 1881, foron moi ben recibidas.

Ensaiou Ópera conique e La Sévillane, que tivo unha actuación privada o día 23 de febreiro de 1882.

Outras das obras máis importantes da década son The ballet shymphonique Callihöe op. 37, estrenada en Marsella o día 16 de marzo de 1888 ou Les Amazones, unha sinfonía dramática, estrenada ese mesmo día .

Despois do ano 1890, coa notable excepción do Concertino op. 107, encargado polo conservatorio no 1902, e a súa única Piano sonata op. 21 no ano 1895, Chaminade compuxo principalmente pezas de personaxes e de melodías. Aínda que o enfoque principal puido ter sido financeiro, estético, ou debido a razóns discriminatorias, esta música se volveu moi popular, sobre todo en Reino Unido e nos Estados Unidos de América, e Chaminade se promoveu mediante extensas xiras de concertos. A partir de 1892, actuou con regularidade en Inglaterra e se volveu unha convidada da raíña Vitoria, así como doutras persoas.

Mentres tanto, o entusiasmo creceu nos Estados Unidos, sobre todo nos clubs de Chaminade formados sobre 1900, e no outono de 1908 finalmente aceptou viaxar alí. Actuou en 12 cidades, dende Boston a St. Louis, e a xira foi un completo éxito en termos económicos; as críticas, porén, foron variadas.

En agosto de 1901, Chaminade casou con Louis-Mathieu Carbonel, un editor musical de Marsella, no podería ter sido unha unión platónica; morreu en 1907 e ela non volveu casar. Aínda que as súas composicións musicais se viron reducidas debido á Guerra Mundial e á súa saúde deteriorada, Chaminade gravou varias obras, sobre todo de piano, entre 1901 e 1914. A partir de entón foi mantida pola súa sobriña, Antoinette Loirel, que traballou por promover a música de Chaminade ata despois da súa morte.

Chaminade foi moi consciente das dificultades sociais e persoais fronte a unha muller compositora, e ela suxeriu que a perseveranza e as circunstancias especiais son necesarias para superalas (Washington Post, 1 de novembro de 1908). A súa saída é notable entre as mulleres compositoras pola súa cantidade, o seu alto porcentaxe de traballos publicados e polo feito de que unha gran parte -notablemente obras de piano e melodías- foi aparentemente composta expresamente para a publicación e para o seu asistente de vendas (Enoch foi o principal publicador). Chaminade compuxo arredor de 200 obras para piano, a maioría das pezas de personaxes (por exemplo: Scarf Dance, 1888), e máis de 125 melodías (por exemplo: L'anneau d'argent, 1891); estes dous xéneros forman a base da súa popularidade. En canto a estilo, a súa música é melodiosa e accesible, con melodías memorables, texturas limpas e harmonías levemente cromáticas. A súa énfase no enxeño e cor é tipicamente francesa. Moitas obras parecen inspiradas no baile, como por exemplo, Scarf Dance e La Lisonjera. Nas súas extensas obras, o primeiro movemento Concertstück recalca aspectos de Wagner e Liszt, mentres que o terceiro movemento Piano Sonata mostra a formal e expresiva experimentación que foi típica do xénero no tardío século XIX (ver Citron, 1993 para unha análise feminista do primeiro movemento). As melodías son idiomáticas pola voz e moi adecuadas expresivamente e potencialmente para o ambiente do salón ou da sala de recitais, os sitios probables para esas obras. O Concertino mantívose como un básico do repertorio da frauta; mentres que iso é un traballo a grande escala e así representados nunha parte relativamente pequena da súa produción, a peza aínda proporciona unha sensación da elegancia e o atractivo da música de Chaminade.

Obra[editar | editar a fonte]

Obras con número de Opus[editar | editar a fonte]

  • Op. 3, Scherzo-etude
  • Op. 4, Caprice-etude
  • Op. 5, Menuet
  • Op. 6, Berceuse
  • Op. 7, Barcarolle
  • Op. 8, Chaconne (1879)
  • Op. 9, 2 pieces: 1 (G) pièce romantique (1880) 2 Gavotte
  • Op. 10, Scherzando
  • Op. 11, Piano trio #1 (g): 1 allegro; 2 andante; 3 presto leggiero; 4 allegro molto agitato (1881)
  • Op. 12, Pastorale enfantine {arr marcus} (1881)
  • Op. 18, Capriccio for violin and piano (1881)
  • Op. 19, Le sevillane Ouverture
  • Op. 21, Sonata (c): 1 allegro appassionato; 2 andante; 3 allegro (1881)
  • Op. 22, Orientale
  • Op. 23, Minuetto (b) (1881)
  • Op. 24, Libellules (Dragon Flies) (1881)
  • Op. 25, Deux morceaux: 1 duetto; 2 zíngara;
  • Op. 28, Étude symphonique (B–) (1883)
  • Op. 29, Sérénade (D) (1884)
  • Op. 30, Air de ballet (G) (1884)
  • Op. 32, Guitare (1885)
  • Op. 33, Valse caprice (1885)
  • Op. 35, 6 études de concert: 1 (C) scherzo; 2 (D–)automne; 3 fileuse; 4 Appasionato 5 (F) impromptu; 6 (D) tarantelle(1886)
  • Op. 34, Piano trio #2 (a): 1 allegro moderato; 2 lento; 3 allegro enérgico (1887)
  • Op. 36, 2 pieces: 2 pas des cymbales (1887)
  • Op. 37, 5 Airs de Ballet : 1 danse oriental; 2 Pas des amphores; 3 Pas des echarpes; 4 Callirhöe; 5 Danse pastorale(1888)
  • Op. 38, Marine (1887)
  • Op. 39, Toccata (1887)
  • Op. 40, Concertpiece for piano and orchestra
  • Op. 41, Air de ballet. pierrette (E–) (1889)
  • Op. 42, Les Willis, caprice (1889)
  • Op. 43, Gigue (D) (1889)
  • Op. 50, La lisonjera (G–) (1890)
  • Op. 51, La livry, air de ballet (1890?)
  • Op. 52, Capriccio appassionato (1890)
  • Op. 53, Arlequine (F) (1890)
  • Op. 54, Caprice espagnole. lolita (D–) (1890)
  • Op. 55, 6 pièces romantiques: 6 rigaudon (1890)
  • Op. 56, Scaramouche (1890)
  • Op. 57, Havanaise (1891)
  • Op. 58, Mazurk-Suedoise (1891)
  • Op. 60, Les sylvains (1892)
  • Op. 61, Arabesque (1892)
  • Op. 66, Studio (1892)
  • Op. 67, Caprice espagnole. la morena (1892)
  • Op. 73, Valse carnavalesque (1894)
  • Op. 74, Pièce dans le style ancien (1893)
  • Op. 75, Danse ancienne (1893)
  • Op. 76, 6 romances sans paroles: 1 souvenance; 2 (E) élévation; 3 idylle; 4 eglogue; 5 chanson brétonne; 6 méditation (1894)
  • Op. 77, Deuxieme vals(1895)
  • Op. 78, Prelude (1895)
  • Op. 80, Troisieme valse brillante (1898)
  • Op. 81, Terpsichore, sexieme air de ballet (1896)
  • Op. 82, Chanson napolitaine (1896)
  • Op. 83, Ritournelle (1896)
  • Op. 84, Trois prèludes melodiques (1896)
  • Op. 85, Vert-Galant (1896)
  • Op. 86, Romances sans paroles: 1 souvenance; 2 élévation;
  • Op. 87, 6 pièces humoristiques: 1 Réveil; 2 Inquiétude; 3 Sous bois; 4 Autrefois; 5 Consolation; 6 Norwégienne (1897)
  • Op. 88, Rimembranza (1898)
  • Op. 89, Thème varié (A) (1898)
  • Op. 90, Legende (1898)
  • Op. 91, Waltz #4 (D–) (1898)
  • Op. 92, Deuxieme arabesque (1898)
  • Op. 93, Valse humoristique (1906)
  • Op. 94, Havanaise #2 danse créole (1898)
  • Op. 95, Trois dances anciennes: 1 passepied; 2 pavane; 3 courante; (1899)
  • Op. 97, Rondeaux for violin and piano (1899)
  • Op. 98, 6 feuillets d’album: 1 promenade; 2 scherzetto; 3 (D–) élégie; 4 valse arabesque 5 chanson russe; 6 rondo allegre (1900)
  • Op. 101, L’ondine (1900)
  • Op. 103, Moment musical (1900)
  • Op. 104, Tristesse (c+) (1901)
  • Op. 105, Divertissement (1901)
  • Op. 106, Expansion (1901)
  • Op. 107, Concertino for flute et orchestre in ré majeur (1902)
    Concertino opus 107.Interpretado por Alex Murray (frauta) e Martha Goldstein piano). Compositores: Enesco, Gaubert, Taffanel, Chaminade e Faure.
  • Op. 108, Agitato (1902)
  • Op. 109, Cinquieme valse (1903)
  • Op. 110, Novelette (1902)
  • Op. 111, Souvenir lointains (1911)
  • Op. 112, Sixieme valse, valse-ballet (1904)
  • Op. 113, Caprice humoristique (1904)
  • Op. 114, Pastorale (1904)
  • Op. 115, Waltz #7 valse romantique (1905)
  • Op. 116, Sous le masque (1905)
  • Op. 118, Étude mélodique (G–) (1906)
  • Op. 119, Valse tendre (F) (1906)
  • Op. 120, Variations sur un theme original(1906)
  • Op. 122, 3 contes blues: 2 (1906)
  • Op. 123, Album d’enfants: 2 (A–) intermezzo. pas de sylphes; 4 (F) rondeau; 5 (a) gavotte; 9 (e) orientale; 10 (a) tarantelle (1906)
  • Op. 124, Étude pathetique (b) (1906)
  • Op. 126, Album d’enfants: 1 (C) idylle; 2 (E) aubade; 9 (g) patrouille; 10 (A) villanelle (1907)
  • Op. 127, 4 poèmes provençales: 2 solitude; 3 (D–) le passé; 4 pêcheurs de nuit (1908)
  • Op. 130, Passacaille (E) (1909)
  • Op. 134, La retour (1909)
  • Op. 137, Romance (D) (1910)
  • Op. 139, Étude scholastique (1910)
  • Op. 143, Cortège (A) (1911)
  • Op. 148, Scherzo-valse (1913)
  • Op. 155, Au pays dévasté (1919)
  • Op. 158, Danse païenne (1919)
  • Op. 164, Air à danser (1923)
  • Op. 150, Sérénade espagnole (G) (1925)
  • Op. 165, Nocturne (1925)

Obras sen número de Opus[editar | editar a fonte]

  • Les rêves (1876)
  • Te souviens-tu? (1878)
  • Auprès de ma mie (1888)
  • Voisinage (1888)
  • Nice-la-belle (1889)
  • Rosemonde (1890)
  • L’anneau d’argent (E–) {accomp} (1891)
  • Plaintes d’amour (1891)
  • (E–) l’anneau d’argent (1891)
  • Viens, mon bien-aimé! (1892)
  • L’amour captif (1893)
  • Ma première lettre (1893)
  • Malgré nous! (1893)
  • Si j’étais jardinier (1893)
  • (G) l’été (1894)
  • Mignonne (1894)
  • Sombrero (1894)
  • Villanelle (1894)
  • Espoir (1895)
  • Ronde d’amour (1895)
  • Chanson triste (1898)
  • Mots d’amour (1898)
  • Alleluia (1901)
  • Écrin! (1902)
  • Bonne humeur! (1903)
  • Menuet (1904)
  • La lune paresseuse (1905)
  • Je voudrais (1912)
  • Attente. au pays de provence (1914)

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu diferentes premios prestixiosos, culminando na admisión á Légion d’Honneur en 1913 - sendo a primeira compositora feminina en logralo. De todas formas, ese feito foi tardío considerando que fora ignorada en Francia por case 20 anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sadie, Julie Anne; Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers (en inglés). Nova York: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0393034875. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]