Cándido Losada Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCándido Losada Estévez
Biografía
NacementoA Gudiña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMalvavisco Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Cándido Losada Estévez, Malvavisco, nado na Gudiña,[1] foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obreiro do ferrocarril, veciño da Vilavella (A Mezquita). Membro da UGT e afiliado ao PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no asalto ao cuartel da Nueva Puebla en Requeixo de Seabra. Fuxiu a Portugal e pasou a Francia en 1944. Participou na Operación Reconquista de España e foi apresado. Conseguiu fuxir e incorporouse á guerrilla. Foi un dos que se dedicaron a prover armamento á Federación de Guerrillas de León-Galicia. Formou parte do grupo dirixido por Domingo Rodríguez (Inca). En 1952 logrou fuxir de Galicia e exiliarse en Francia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes afírmase que naceu en Castromil (Hermisende)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García Díez, José Antonio (2012). El Malvavisco. Episodios de la Guerra Civil. Salamanca: Araceli Saavedra. p. 91. ISBN 978-84-930637-3-3. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 91. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]