Cándido Gándara González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cándido Gándara González
 Sandiás
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Cándido Gándara González, nado en Sandiás e finado o 10 de agosto de 1936 nas Maus (Vilar de Barrio), foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi elixido concelleiro de Sandiás o 12 de abril de 1931 e membro da Xestora Municipal, ata as eleccións do 31 de maio do mesmo ano. Era directivo da Sociedade Agraria de Sandiás. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto no cuartel da Falanxe de Xinzo. Apareceu asasinado con Cándido Fernández García nas primeiras horas do 10 de agosto de 1936, detrás do muro dunha leira, no km. 4,9 da estrada de Vilar de Barrio ao Santuario dos Milagres, en termos das Maus (Vilar de Barrio).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]