Cándido Cabanelas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 |
Morte | 1 de novembro de 2023 (92/93 anos) |
Alcalde de Boborás | |
1971 – 1991 – Cipriano Caamaño → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Coalición Galega Coalición Progresista Galega |
Cándido Cabanelas Barros, nado en 1930 e finado o día de Santos de 2023,[1] foi un mestre e político galego que foi alcalde de Boborás durante 20 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre e fillo de mestre, destinárono á escola de Cenlle primeiro, e logo de Brués, onde deu clase varias décadas. Alí comezou a facerse un sitio na sociedade local, converténdose primeiro en director da oficina da Caixa Rural e logo en director da Cámara Agraria de Beariz. Foi correspondente de La Región en Boborás.
En 1971 foi designado polo gobernador civil Guillermo Fernández Júlbez como alcalde de Boborás; tomou posesión o 31 de decembro.[2] Ao chegar a democracia uniuse ao partido centrista UCD, e conseguiu a alcaldía nas primeiras eleccións municipais, desta vez pola forza dos votos. A alcaldía foina revalidando, se ben mudou de formación política: trala desfeita da UCD integrou Coalición Galega (eleccións de 1983) e despois a súa continuación a Coalición Progresista Galega (eleccións de 1987). Foi xulgado en 1990 con Laureano Caride Romero e Manuel Cendón Caíña acusados de falsificación de documento público, para facilitar a afiliación ao réxime xeral agrario da Seguridade Social de vecinos de Beariz.[3] En 1991 decidiu non presentarse á reelección e abandonou a alcaldía.
Predecesor: Ramiro Fernández Nogueira |
Alcalde de Boborás 1971 - 1991 |
Sucesor: Cipriano Caamaño |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Na mocidade foi xogador do Spórting Carballiño[4] e da Unión Deportiva Ourensá.[5]
Casou e tivo cinco fillos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adiós a Cándido Cabanelas, maestro de vocación y alcalde de Boborás durante dos décadas". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-11-01. Consultado o 2023-11-02.
- ↑ La Región, 4-1-1972, p, 3.
- ↑ "Dos ex-alcaldes de Beariz y el de Boborás ocupan hoy el banquillo de los acusados", La Voz de Galicia, Ourense, 22-5-1990, p. 28.
- ↑ "Cándido Cabanelas: cada día que pasa estou máis contento de aban dona-la política." (en castelán). La Voz de Galicia. 2023-11-01. citado en Badal Novas. Consultado o 2023-11-02.
- ↑ "Fallece Cándido Cabanelas Barros, alcalde de Boborás durante dos décadas". La Región (en castelán). 2023-11-01. Consultado o 2023-11-02.
- ↑ "Falece D Cándido Cabanelas Barros ex-alcalde de Boborás". BadalNovas. 2023-11-01. Consultado o 2023-11-02.