Saltar ao contido

Shūgiin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cámara dos Representantes (Xapón)»)

Shūgiin


Tipocámara baixa e cámara lexislativa electa Editar o valor en Wikidata
Parte deKokkai e Dieta Imperial Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicapersoa xurídica Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Cargo dirixentespeaker of the House of Representatives of Japan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Entidades
Data
Fundación29 de novembro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
dissolution of the House of Representatives (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísXapón Editar o valor en Wikidata
SedePrédio da Dieta Nacional (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
XurisdiciónXapón Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
Páxina WEBshugiin.go.jp Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: shugiin_saiyou Youtube: UCppg061zUuuEbmyJPGuc_BA Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Casa de Representantes ou Cámara de Representantes (衆議院, Shūgiin) é a cámara baixa da Dieta Nacional de Xapón (Kokkai). A súa composición da Casa é estabelecida polo Artigo 41 e Artigo 42 da Constitución do Xapón.[1]

Composición

[editar | editar a fonte]

Esta cámara está composta por 465 membros, elixidos para un mandato de catro anos. Dos membros, 176 son elixidos en 11 circunscricións electorais plurinominais mediante un sistema de listas de representación proporcional. Os restantes 289 deputados son elixidos en circunscricións unipersoais.

Sistema electoral

[editar | editar a fonte]

Xapón segue un sistema de monarquía parlamentaria e está dividido en 47 prefecturas. As eleccións realízanse a nivel nacional para elixir os representantes tanto da Cámara de Representantes (Shūgiin) como da Cámara de Conselleiros (Sangiin). O sistema electoral permite dous votos por persoa: un para un candidato de distrito e outro para un partido político. O primeiro ministro ten autoridade para disolver a Cámara de Representantes e convocar eleccións antes do mandato regular de catro anos. O Ministerio de Asuntos Internos e Comunicacións xestiona o proceso electoral e para votar é necesario ser cidadán xaponés e ter polo menos 18 anos.[2]

O sistema electoral empregado na Cámara de Representantes é o sistema paralelo, unha forma de representación semi-proporcional.[2]

Neste sistema, os escanos asignados polas listas de representación proporcional non se axustan en base aos resultados obtidos nas circunscricións unipersoais. Isto significa que a distribución total dos escanos na Cámara non corresponde exactamente coa proporción de votos recibidos por cada partido, o que xeralmente beneficia aos partidos máis grandes. En contraste, en sistemas como o do Bundestag de Alemaña ou o Parlamento de Nova Zelandia, os escanos unipersoais e plurinominais están vinculados para asegurar unha representación máis proporcional no parlamento do Estado-nación.

  1. "TOP - Japanese Law Translation". www.japaneselawtranslation.go.jp. Consultado o 2024-10-06. 
  2. 2,0 2,1 "Understanding Japan’s National Election System – Electiopedia" (en inglés). Consultado o 2024-10-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.