Saltar ao contido

Buxato común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buxato común
Buteo buteo
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
B. buteo Editar o valor en Wikidata
 Combinación orixinal
Características
 Esperanza de vida
10 AA Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
34 DD Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
2.8 Editar o valor en Wikidata
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
 Área de distribución
Dimensións
 Masa
790 g peso adulto macho
966.5 g peso adulto femia
60 g peso de nacemento
0.925 kg Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAccipitriformes
FamiliaAccipitridae
XéneroButeo
EspecieB. buteo
Identificadores
Freebase/m/01b_3 Editar o valor en Wikidata
ITIS175383 Editar o valor en Wikidata
OTT119214 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O buxato común[1] (Buteo buteo) é unha ave de presa propia da Eurasia. Recibe tamén os nomes de miñato común, miato,[2] bexato,[3] buxato,[4] lamego[5] ou lamote.[6] O buxato típico acada entre 51 e 57 cm de lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 cm coas ás despregadas, o que o coloca entre as rapaces de tamaño medio. A súa especie espállase pola maior parte de Europa e tamén se estende por Asia. Polo corrente é unha ave que se estaciona todo o ano, excepto nas partes máis frías do hábitat, e máis no caso dalgunhas subespecies. Os buxatos poden chegar a vivir até 20 anos.

Os machos son máis grandes en tamaño e en peso que as femias.

Os buxatos, normalmente, non forman bandos, pero ás veces poden ser vistos xuntos da cando hai movementos migratorios ou nun bo hábitat. O escritor da época vitoriana , William Crossing, estando en Dartmoor, rexistrou que vira, en ocasións, bandos de 15 ou máis buxatos nalgúns sitios.

Esta rapaz de amplas ás, posúe unha boa variedade de plumaxes, de xeito que en Europa pode ser confundido co parecido Buteo lagopus e co invulgar e distantemente emparentado abelleiro europeo (Pernis apivorus), capaz de mimetizar a plumaxe do buxato común para se protexer do azor.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O buxato común constrúe un único niño ben en árbores ou en penas illadas. A femia pón só 2 ou 3 (moi raramente 1 ou 4) ovos no niño, entre marzo e maio. Os ovos son caracteristicamente branco-azulentos con pintas grises ou acastañadas. O chocamento dura, polo normal, 34 días, alternándose, para chocalos, machos e femias. Os peldrachos fican no niño por uns 40 ou 50 días.

Hábitos alimenticios

[editar | editar a fonte]

Cría nos bosques, mais acostuma a cazar en terreo aberto. Aliméntase de pequenos mamíferos, réptiles, batracios, insectos, paxaros, e pode mesmo aceptar a calaza.

Outros nomes en galego

[editar | editar a fonte]

O buxato común, ave abundante na Galiza, coñécese aínda con outros nomes: bexato ou buxato (aínda que bexato é tamén normativo, buxato está quizais máis espallado), queima, tartaraña, ...

Subespecies

[editar | editar a fonte]

As diferentes subespecies de buxatos divídense en varios grupos :

Grupo occidental

[editar | editar a fonte]

O grupo occidental está esencialemente composto de subespecies residentes ou migratorias, mais neste caso só de moi curto radio. Atopamos:

Grupo oriental

[editar | editar a fonte]

Está representado polas subespecies seguintes :

  • B. b. vulpinus : Eurasia. É un migrante de "longa distancia", excepto os inviduos que viven no Himalaia.
  • B. b. japonicus: Xapón.

Grupo africano

[editar | editar a fonte]

As dúas variantes, que viven en illas africanas, poderían pertencer ao primeiro grupo, mais mantéñense como especies distintas logo de ser analizado o seu ADN (Clouet & Wink 2000). Son:

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para miato.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bexato.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para buxato.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lamego.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lamote.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]