Butiral de polivinilo
O butiral de polivinilo, tamén coñecido simplemente como Butiral (PVB), é un composto químico resultado de mesturar alcohol de polivinilo con butiraldehido. O material resultante é un polímero de grande adherencia e durabilidade, utilizado principalmente na industria do vidro, onde ten un papel fundamental na fabricación dos vidros chamados laminares.
O butiral de polivinilo utilízase en forma de lámina que, grazas ás súas propiedades de adherencia e transparencia, é idóneo para a unión de follas de vidro. Permite a transmisión de esforzos entre os vidros, uníndoos nun só, aínda que carecendo o propio material de resistencia mecánica. A lámina de butiral no vidro impide o desprendemento de fragmentos de vidro se se produce unha rotura, polo que se emprega en cristais de vehículos e en lugar onde haxa perigos potenciais para as persoas.
Este material foi desenvolvido pola empresa DuPont en 1938, e dende aquela a súa comercialización atópase en moitas formas: láminas transparentes, coloreadas, opacas, translúcidas, estampadas...