Interkosmos 22

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bulgaria 1300")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Interkosmos 22 / Bulgaria 1300
Iesp.jpg
Réplica dun dos instrumentos a bordo de Interkosmos 22
TipoCientífico
Destino actualFora de servizo.[1]
Data de lanzamento17 de agosto de 1981, 13:35 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVostok 2M[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera e a ionosfera terrestres.[2]
NSSDC ID1981-075A
Masa1500 kg[6]
Datos orbitais
Semieixo maior7208 km[1]
Inclinación81,2º[1]
Apoapse884,7 km[1]
Periapse791,3 km[1]

Interkosmos 22 (Интеркосмос 22 en ruso), tamén denominado Bulgaria 1300, foi un satélite artificial colaboración da Unión Soviética e Bulgaria lanzado o 7 de agosto de 1981 mediante un foguete Vostok 2M desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

Interkosmos 22 foi deseñado e construído en Bulgaria usando un bus Meteor proporcionado pola Unión Soviética no marco do Programa Interkosmos. Estaba adicado ó estudo da magnetosfera e a inosfera terrestres. Estabilizábase nos tres eixos e os seus dous paneis solares proporcionaban ata 2 kW de potencia. A superficie do satélite, incluídos os paneis solares, estaba recuberta dun material condutor para medir de maneira adecuada os campos eléctricos e o plasma de baixa enerxía. Os datos almacenábanse a bordo en dúas grabadoras de cinta de 60 Mbit de capacidade cada unha.[2][5][6]

Interkosmos 22 levaba os seguintes instrumentos a bordo:[2][5][6]

  • Un analizador de potencial retardado e un medidor de ións.
  • Unha trampa iónica electrostática esférica.
  • Unha sonda Langmuir cilíndrica.
  • Dúas sondas esféricas para medir a temperatura de electróns.
  • Un analizador electrostático para electróns e [[protón]s de baixa enerxía nas tres direccións ortogonais.
  • Analizadores de enerxía e composición de ións.
  • Un fotómetro ultravioleta.
  • Un telescopio de protóns de estado sólido.
  • Fotómetros para medir o resplandor atmosférico en lonxitudes de onda do rango visible.
  • Sondas vectoriais para medir o campo eléctrico nos tres eixos.
  • Un magnetómetro triaxial de porta de fluxo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "INTERCOSMOS 22" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2020). "IK Bulgaria 1300" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  3. "Note verbale dated 24 February 1982 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (82-06283). 16 de marzo de 1982: 2. Consultado o 22 de maio de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Interkosmos-Bulgaria 1300 (Interkosmos 22)" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 22 (Bulgaria 1300, 11F65)" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2020). "IK-B-1300" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]