Bujar Nishani
Bujar Nishani | |
---|---|
![]() | |
Presidente de Albania | |
Período | 24 de xullo de 2012 - 24 de xullo de 2017 |
Antecesor | Bamir Topi |
Sucesor | Ilir Meta |
Datos persoais | |
Nacemento | 29 de setembro de 1966 |
Durrës | |
Falecemento | 28 de maio de 2022 |
Berlín | |
Organización | Partia Demokratike e Shqipërisë, PD |
Cónxuxe | Odeta Ali Nishani |
Alma máter | Skanderbeg Military University, Universidade de Tirana e Naval Postgraduate School |
Profesión | militar e político |
Relixión | Islam |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bujar Faik Nishani, nado en Durrës o 29 de setembro de 1966 e finado en Berlín o 28 de maio de 2022,[1][2] foi un político albanés militante do Partido Democrático de Albania, Presidente de Albania desde o seu nomeamento como novo presidente o día 24 de xullo de 2012 ata 2017. Como resultado da súa vitoria Bujar Nishani foi elixido no Parlamento albanés cunha maioría simple de 73 votos dun total de 140, sen o consenso da oposición, substituíndo a Bamir Topi.
Anteriormente, Bujar Nishani ocupou diversos cargos políticos no Goberno de Albania durante os gobernos de Alfred Moisiu e Bamir Topi, en primeiro lugar sendo xefe de relacións exteriores no Ministerio de Defensa e como xefe da oficina da OTAN nas relacións no Ministerio de Relacións Exteriores, tamén foi Ministro de Interior consecutivamente desde os anos 2007-2009 e 2011-2012, e Ministro de Xustiza entre os anos 2009 e 2011.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Xhajanka, Etleva (28 de maio de 2022). "Ndahet nga jeta ish-Presidenti Bujar Nishani" (en Albanian). Agjencia Telegrafike Shqiptare. Consultado o 28 de maio de 2022.
- ↑ "Former President of Albania Bujar Nishani Dead at 58". Exit - Explaining Albania (en inglés). 2022-05-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-28.